Será a partir das 11 da noite no programa Pleno Aberto. A entrevista será realizada pola xornalista Teté Rocamonde e tratará sobre a situación política no concello.
Política
El BNG cesureño pide al PSOE que se abstenga para facilitar el gobierno.
El BNG de Pontecesures ha pedido al PSOE que se abstenga en la votación de investidura para facilitar el nombramiento de Luis Alvarez Angueira como alcalde en el Pleno del próximo sábado.
Concello
Os nacionalistas de Cesures piden a Sabariz que non sexa obstáculo para a investidura de Angueira
O Bloque Nacionalista Galego de Pontecesures quere salvar, antes de nada, a investidura de Álvarez Angueira como alcalde. Por elo na reunión mantida co PSOE o pasado luns nin sequera se plantexou a posibilidade de negociar unha coalición de goberno.
(más…)
Sociedade
Accidente espectacular con caída dun automóbil ao río Ulla.
Sobre as 19,15 horas da tarde de hoxe un Renault 11 guiado polo veciño de Campaña, Rafael Campos Baltar (tivo unha tenda de electrodomésticos hai anos na rúa San Lois) precipitouse ao río Ulla pola ponte interprovincial derrubando uns tres metros de varanda. Este automóbil instantes antes saía da rúa do peirao de Pontecesures (Eugenio Escuredo) no STOP en dirección Padrón, e colisionou cun Ford Orión bermello PO-1551-AC que viña pola estrada nacional con dirección tamén a Padrón.
A caída foi polo comezo da ponte no marxe esquerdo, dirección Pontecesures-Padrón, e con baixamar (só cuns 70 cms. de auga). O coche quedou de lado e o Sr. Campos Baltar foi evacuado a un centro médico. Segundo varias testemuñas estaba consciente e orientado.
Houbo, por causa do accidente, un atasco considerable na estrada nacional tendo que intervir varios axentes da Garda Civil e da Policia Local.
Política
Documento- Pacto de goberno nos concellos
Galicia Confidencial publica o acordo entre o PSdeG e o BNG para a gobernación dos concellos que hoxe rubricaron o presidente galego, Emilio Pérez Touriño, e o vicepresidente, Anxo Quintana. Tamén engade o pacto firmado en 2003.
ACORDO ENTRE O PSdeG-PSOE E O BNG PARA A GOBERNACI?N DOS CONCELLOS (2007)