Incidencia desbocada de contagiados en Pontecesures y Valga.

Vilagarcía registraba ayer 129 positivos, su máximo histórico de la pandemia, por lo menos desde que se ofrecen casos por concellos. La última vez que estuvo tan cerca fue el 20 de diciembre, con 128, pero había ido mejorando, siendo 87 casos su mejor dato hasta que el 11 de enero la curva volvió a dispararse. Esta y otras cuestiones valoradas por el comité clínico de la Xunta la mantienen bajo las más severas restricciones desde hace tiempo, aunque más preocupante es la incidencia acumulada a 14 días que están registrando los concellos del Ulla-Umia. En algunos está desbocada y solo Portas va por buen camino, con menos de 9 nuevos positivos en ese periodo de tiempo.  

Pontecesures presenta la peor situación pues multiplica por ocho la clasificación más grave, es decir, haber registrado más de 250 positivos por cada 100.000 habitantes. En su caso, ese indicador está en los 2.228 casos de una hipotética población de ese tamaño, pues la villa bañada por el Ulla tiene poco más de 3.000 habitantes. El segundo puesto de este desafortunado ranking lo ocupa Valga, que sextuplica el marcador con 92 nuevos casos en los últimos 14 días, y el tercero es para Cuntis y Catoira, que casi cuadriplican este tope.

Diario de Arousa

La Xunta destina 270.000 euros al GDR de O Salnés y Ulla Umia para apoyar sus acciones en el rural.

La Xunta destina 270.000 euros al GDR de O Salnés y Ulla Umia para apoyar sus acciones en el rural

El Grupo de Desenvolvemento Rural GDR de O Salnés y Ulla-Umia recibirá una aportación de 270.000 euros de la Xunta hasta el año 2022, a través de la Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), para apoyar la labor de dinamización que lleva a cabo en su área de influencia.

La directora xeral de la Agader, Inés Santé se reunió esta semana con representantes del GDR para tratar las posibilidades que ofrecen los instrumentos de movilización contemplados en la futura Lei de recuperación da terra agraria, recientemente registrada en el Parlamento gallego, para el desarrollo rural y la dinamización territorial, a través del fortalecimiento del sector agrario. Así, les desgranó a los representantes del GDR de O Salnés y Ulla-Umia los detalles de los polígonos agroforestales, de las áreas cortafuegos o de las aldeas modelo, con la idea de buscar encajar alguna de estas figuras en la zona.

En total, el Gobierno gallego distribuirá 7,3 millones de euros entre los 24  GDR gallegos, para garantizar el desarrollo de proyectos en el rural en los próximos dos años para que puedan continuar implementando sus respectivas estrategias con nuevas iniciativas que contribuyan a alcanzar un mayor grado de desarrollo de las áreas rurales, dentro de la medida Leader. A mayores, mediante estas aportaciones se da cumplimiento a lo establecido por el Plan de Reactivación diseñado por la Consellería de Medio Rural, implicando estos grupos en el impulso de acciones dirigidas a sectores como el agroalimentario, el ganadero, el forestal, el turístico, el ambiental o el del pequeño comercio.Súmate al Eco Drive de OpelRenueva tu vehículo y te damos 5.000€ de descuento*

El  GDR de O Salnés y Ulla-Umia se encarga de la planificación de los proyectos que se llevan a cabo en los municipios pontevedreses de Caldas de Reis, Cambados, Catoira, Cuntis, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Moraña, Pontecesures, Portas, Ribadumia, Sanxenxo, Valga, Vilagarcía y Vilanova.

Diario de Arousa

Valga entrega os premios aos catro rapaces gañadores do concurso de Beléns deste ano .

Os concelleiros de Cultura e Turismo de Valga, Pedro Calvo e Malena Isorna, entregaron os premios do XIX Concurso de Beléns ao grupo de amigos que se fixeron co primeiro posto nesta edición. Foron Julián Cerneira, Andrea Torres, Alfonso Álvarez e Álex Cortés os gañadores ao presentar un nacemento duns  oito metros cadrados de superficie e 302 figuras (124 persoas, 103 animais, 46 construcións e 29 árbores). As construcións foron feitas artesanalmente polos propios mozos que, ademais, dotaron aos beléns de mecanismos e automatismos. O premio que recibiron foi o dun vale de 100 euros para canxear no comercio local, unha rosca e un diploma acreditativo.

O segundo posto no certame foi para os irmáns Fran e Juan Otero Lobato cunha montaxe de 12 metros cadrados e arredor de 200 figuras. Varias escenas do nacemento estaban dotadas de movemento e luz e as construcións, feitas con corcho, ladrillo, cartón e outros materiais. Recibiron como gratificación un vale de compra de 75 euros, ademais da rosca e do diploma.

Por último o terceiro premio  foi para as mozas Clara Troncoso e Saray e Jessica Vilas, cun nacemento dunhas 60 pezas dispostas nunha superficie de 200 metros cadrados, figuras de barro e construcións de corcho. también recibiron unha rosca e un diploma, ademais dun vale de 50 euros. O xurado valorou a orixinalidade, o número de pezas e o tamaño entre outros aspectos.

Diario de Arousa

La incidencia continúa disparada en las localidades del Baixo Ulla.

Entre Cesures, Catoira y Valga se diagnosticaron 176 casos en las dos últimas semanas.

La zona norte de la provincia de Pontevedra, y en concreto las localidades del Baixo Ulla, es donde se sitúa en estos momentos la gran incidencia del covid en las localidades arousanas. Entre Valga, Catoira y Pontecesures se han diagnosticado 176 casos en las dos últimas semanas, en una dinámica que por el momento no parece tener fin y que ha llevado a que en los tes municipios los datos se hayan disparado.

Donde más han crecido los casos en las últimas semanas es en Valga, donde se han diagnosticado 88 en los últimos catorce días y donde la incidencia está ya en 1.500 casos por cien mil habitantes. En Pontecesures también está disparada y se sitúa ahora en 1.933 puntos y Catoira está llegando también a sus peores datos, con 870 positivos por cien mil habitantes.

La Voz de Galicia

LUCÍA SANTIAGO, GAÑADORA DO PREMIO FERRO COUSELO: “QUERO ESTUDAR AS IMPLICACIÓNS SOCIAIS E CULTURAIS EN TORNO AO ALAMBIQUE E AO CONSUMO DA CAÑA”

Neta e filla de cañeiros, a valguesa Lucía Santiago Sanmiguel, veciña de Senín, foi a gañadora da segunda modalidade do XXI Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo co traballo “A voltas coa alambique”, que lle valeu unha bolsa de estudos dotada con 3.000 euros.

LucíaSantiago

Esta modalidade do certame, co que o Concello lembra cada ano a figura do seu Fillo Predilecto, Xesús Ferro Couselo, está dirixida a proxectos centrados en estudos históricos, etnográficos ou sobre persoeiros de Valga. No caso de «A voltas co alambique», o obxectivo é o desenvolvemento dunha investigación etnográfica sobre as prácticas sociais e culturais en torno á elaboración da caña.

-Que te animou a presentar este traballo ao Premio Ferro Couselo?

– É a primeira vez que me presento e decidinme porque xa conto con máis experiencia no ámbito do patrimonio e teño feito e participado noutros proxectos. Por exemplo, agora mesmo estou con obaixoulla.gal, un proxecto desenvolvido pola asociación Os Penoucos. Este (a augardente) é un tema que me importa, porque me toca dende pequena, e coa pandemia estaba sen traballo, polo que me parecía que era o momento.

O teu proxecto de investigación céntrase na caña, un dos produtos por execelencia de Valga, e co que a súa familia ten unha relación moi estreita dende hai varias xeracións.

– O meu avó, meu tío avó, meu pai e miña nai foron ou son cañeiros. Agora non é coma antes, non se adican a iso especialmente. Teñen o seu traballo pero manteñen viva esa tradición e, de feito, preséntanse todos os anos ao Concurso da Caña do País. É unha maneira de manter vivo este oficio. En Valga hai moita tradición recente e outra xente que podería contar moitas cousas sobre o tema, por exemplo Fermín Rodríguez.

Que tipo de investigación queres realizar coa bolsa de estudios que acabas de gañar?

– Vou levar a cabo unha investigación etnográfica para achegarme ao acto social que xira arredor do alambique e do consumo do produto que resulta do destilado. Non me quero centrar nas calidades da uva ou da augardente, senón analizar as súas implicación sociais e culturais. Como cando un está na cociña, que arredor da pota xiran moitas cousas. Tamén quero analizar o papel da muller, que é algo do que nunca se fala. As persoas que facían a caña maioritariamente eran homes, pero na casa tamén había unha muller que facía tanto ou máis. E, por outra parte, tratarei de achegarme aos distintos usos que ten a augardente, ao marxe dos gastronómicos.

Grazas a esa tradición familiar moitas destas implicacións xa serán coñecidas para ti.

– Algo coñezo, pero non todo. Son nova e, ademais, dende os 18 anos estiven fóra e volvín para Valga hai uns meses. Si teño moitas lembranzas de cando era pequena: como ao chegar a época do inverno se facía a caña e os veciños de todas as casas, sobre todo xente maior, ían sentarse arredor da pota. Alí pasaban horas e horas contando os seus contos. O que quero é descubrir todo o que alí se cocía.

Que fontes empregarás para obter toda esta información?

– Vou facer unha pesquisa bibliográfica con autores clásicos da antropoloxía gastronómica como poden ser Jesús Contreras a nivel estatal ou, en Galicia, Xavier Castro, que tamén foi gañador do Premio Xesús Ferro Couselo. Tamén quero facer consultas no arquivo municipal, no de Pontevedra e incluso no do Reino de Galicia e no Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) do Museo do Pobo Galego.

O traballo tamén se vai a basear na oralidade, con entrevistas a persoas das distintas parroquias que estean dispostas a participar e a contar as súas lembranzas para, a partir de aí, desenvolver unha historia.

A última fase será escribir un ensaio no que conxugue todos os coñecementos teóricos que adquirín a través das lecturas bibliográficas e co que me conten os veciños. Intentarei que non sexa moi técnico ou de ámbito académico, senón adaptado a todo o mundo.

Que prazo de tempo te marcas para rematar todo este traballo?

– O cronograma que manexo é de cinco meses, pero todo dependerá de como evolucione a pandemia. Entendo que, á vista da situación, a xente teña medo e non queira xuntarse para falar, por iso as entrevistas deixareinas para o final do inverno ou a primavera. Daquela, esperemos que a situación sexa mellor.