Los mejores palistas del año 2019 serán premiados en la Gala del
Piragüismo Gallego organizada por el ente federativo autonómico el
próximo 21 de diciembre. Será el broche de oro a una temporada
histórica, con más de 70 internacionalidades y una copiosa cosecha de
medallas por todo el globo.
El
galardón al mejor deportista sénior masculino recaerá en Carlos Arévalo
y Tono Campos, mientras que el femenino también será compartido: por
segundo año consecutivo lo recogerán Tania Álvarez y Tania Fernández.
El amiense Gabriel Martínez Pachón, del Ribeiras do Tambre, será
distinguido como mejor juvenil masculino, con Carla Frieiro en el
apartado femenino. En sub-23 los ganadores son Luis Fernández, Pablo
Graña y Ainhoa Lameiro.
También se premiará a los clubes más destacados de la temporada. Entre ellos, el Club Náutico Pontecesures por su labor con la base o el Kayak Tudense. En el apartado de comunicación la Federación reconoce a tres profesionales de la Radio Galega: Alfonso Pardo, Roberto Carlos Carballo y Carlos Alonso. Además, Teresa Portela recibirá una mención especial por su trayectoria.
O 25 de novembro celébrase o Día Internacional Contra a Violencia de
Xénero. Por este motivo, o Concello de Pontecesures ven de organizar ao
longo desta semana diferentes xornadas de concienciación e sensibilización
dirixidas a todo o alumnado do CPI de Pontecesures a fin de espertar o espírito
crítico dos máis novos e novas contra a violencia machista.
Ademáis,
convidamos a toda a veciñanza de todas as idades a tomar parte no acto que se
vai celebrar o próximo sábado día 23 de
novembro na Plazuela no que se lerá un manifesto en sinal de repulsa por
esta lacra social e se procederá a unha “solta” de globos moi especiais para
recordar ás victimas deste mal que atenta contra os dereitos máis fundamentais
das mulleres.
Este
acto contará tamén con acompañamento músical.
¡¡¡Animádevos e traede tamén aos máis pequech@s!!!
A Xunta de Goberno Local ven de adxudicar as seguintes
obras:
“Fresado e Reasfaltado dun tramo da Rúa Carlos Maside”.
Consistente no fresado de 925 m2 para a posterior aplicación
dunha capa de 6 cm de asfalto en quente.
A obra foi adxudicada á empresa Nemesio Ordóñez SA por un importe de 19.344,60€ (15.987,27€ máis 3.357,33€ de IVE) financiados na súa totalidade pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2019
“Reurbanización dun tramo da Rúa Porto de Arriba”.
Consistente en:
Porto de arriba.- Saneo dun tramo de 35 m e a execución dun muro de
contención, realización dun foxo de 59 m para a instalación de tubería de PVC
para saneamento con reposición das acometidas existentes e a realización dun
foxo de 75 m para a instalación de tubería de PE para abastecemento e unha nova
capa de rodadura en todo o ancho da rúa.
Caldeirón de arriba.- construcción dun foxo de 95 m para tubería de PE de
abastecemento con reposición de acometidas existentes e o extendido dunha capa
de 5 cm de aglomerado en quente en todo o ancho da rúa.
A obra foi adxudicada á empresa Nemesio Ordóñez SA por un importe de 24.969,60€ (20.636,03€ máis 4.333,57€ de IVE) financiados na súa totalidade pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2019
“Reforma e Renovación de Pista Deportiva”.
Consistente na limpeza mecánica da soleira, realización dunha nova
pavimentación, marcaxe das pistas previstas e a construcción dunha pista de
padel na pista Polideportiva da zona do peirado.
A obra foi adxudicada á empresa Zona de Obra O Rosal SL por un importe de 34.461,73€ (28.480,77€ máis 5.980,96€ de IVE) financiados na súa totalidade pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2018.
“Acondicionamento dun parque infantil en Grobas”.
Consistente na adecuación
duns terreos para o seu uso como parque infantil realizando unha limpeza da
zona de maleza e terra vexetal, retirada de mallas e restos de muros e xogos
existentes e a realización dun novo peche, coa pavimentación da zona e a
colocación duns xogos.
A obra foi adxudicada á empresa Actividades de Construcción, Edificación y Viales SL por un importe de 12.816,32€ (10.592,00€ máis 2.224,32€ de IVE) financiados na súa totalidade pola Deputación de Pontevedra a través das baixas das obras do Plan Concellos 2017.