A ruta das tapas de anguía de Valga contará con dez participantes.

A clientela poderá votar a receita que máis lle guste durante os días 24 e 25 de agosto.

A sexta edición da ruta-concurso «Tapa á Anguía» de Valga contará coa participación de dez establecementos de hostalería do municipio. Os bares e restaurantes inscritos e as tapas que ofrecerán son: café-bar Couceiro con «Anguía á brasa con salsa verde»; bar Juan coa tradicional «Empanada de anguía», café-ba Potel con «Anguía ao estilo Potel», cafetería Auditorio con «Ópera anguía», pastelería Caprichos con «Anguía na tella», bar Maneiro e a súa «Anguía ao estilo Maneiro», bar Alba cun «Rolo de anguía», café-bar Pontellón coa «Anguía ao estilo Pontellón», bar Pardal con «Tapa Pardal» e Corona de Galicia e a súa «Anguía La Fabulosa».

Os establecementos servirán as tapas aos seus clientes de xeito gratuíto coas consumicións os días 24 e 25 de agosto durante os que se desenvolverá o concurso, e tamén o 31 de agosto, a modo de degustación con motivo da xornada grande da XXIX Festa da Anguía e Mostra da Caña do País. Será o Concello o que lles facilite a anguía xa limpa para que os cociñeiros poidan preparar as receitas.

Entre as persoas que acudan a degustar as tapas e participen na elección da mellor sortearanse dez vales de compra de 30 euros para gastar no comercio local.

A votación popular terá un peso do 50 % na elección da tapa gañadora, mentras que o outro 50 % recaerá sobre un xurado designado pola concellería de Cultura. O bar que elabore a mellor receita recibirá o Mandil de Ouro e o segundo e terceiro clasificados, os mandís de prata e bronce.

La Voz de Galicia

OFERTA DE EMPREGO: PERSOAL DE AXUDA NO FOGAR PARA A ZONA DE TEO.

DESCRIPCIÓN DA OFERTA

ATENDO CALIDADE S.L solicita 6 postos de traballo dentro do AREA SOCIOSANITARIA, para traballar con persoas en situación de dependencia.

3 postos durante o período de vacacións (do 02 o 16 de Setembro), no seguinte horario, de 18:00 a 21:30 de Luns a Venres; e Domingos de 08:00 a 13:00 e de 18:00 a 21:00.

3 postos máis, tamén durante o período de vacacións (do 02 o 16 de Setembro), no seguinte horario, de 08:30 a 13:30 e de 18 a 21 de Luns a Venres.

O noso servicio atende a personas con diferentes tipos de patoloxías e grados de dependencia, polo tanto buscamos a profesionaies sociosanitarios con unha alta vocación de servizo.

O servizo prestarase nos domicilios dos usuarios, na zona de TEO.


Formación: (1 das seguintes opcións)


– Auxiliar de axuda a domicilio
– Técnico Sociosanitario

– Auxiliar de enfermería

– Auxiliar de clínica
– Certificado de Profesionalidade (a domicilio/en institucións).

– Título similar ou cursando algunha das anteriores formacións

Carné de Conducir e Vehículo Propio, Incorporación inmediata

Categoría:

Auxiliar de axuda no fogar

Salario:

Según convenio

Contacto:

ATENDO CALIDADE S.L.

CONCELLO DE TEO

tsteo@atendo.es

671 05 67 73

RUTA DE SENDEIRISMO EN PONTECESURES: “OLLANDO O ULLÁN” DO PROGRAMA GOZA DO ULLA 2019 O DOMINGO 1 DE SETEMBRO.

O Programa GOZA DO ULLA desenvolvese dende maio a outubro nos concellos bañados polo río Ulla, dende prácticamente o seu nacemento ata a desembocadura na ría de Arousa, en cada concello realizase unha ruta que dalgún xeito está relalcionada co río, ben porque a ruta discorre a carón do mesmo ou porque dende a ruta se pode observar o trazado do río;  como é o caso de Pontecesures. En Pontecesures levarase a cabo a ruta denominada OLLANDO O ULLÁN o vindeiro domingo 1 de setembro.

Esta ruta ten un percorrido aproximado de 15-16 km e realizase en 4 horas aproximadamente. Súbese a ladeira do Monte Castrovalente e á cima do Monte Salgueiras para rematar baixando polo mirador da Galiñeira, pasando polos Petroglifos da Pedra da Serpe. É un percorrido de dificultade media que nos permite ver en toda a súa extensión o Val do  Ullán e o trazado que fai no seu centro o río Ulla.

Inscrición previa na oficina de xuventude do Concello de Pontecesures no teléfono 986 564 410 ou no mail xuventude@pontecesures.org , tan so hai indicar nome e apelidos, concello de procedencia e número de teléfono. Saída DOMINGO 1 DE SETEMBRO ÁS 9.00 HORAS NA PLAZUELA DE PONTECESURES.

Dende o Concello de Pontecesures animase tanto aos veciños como á xente de fora do pobo a participar nesta actividade. A ruta estará guiada por unha persoa posta polo concello, disporemos en tres ou catro puntos da ruta con servizo de avituallamento, que ofrecerá bebidas e frutas aos camiñantes.      

Enlace coa ruta na app. wikiloc:

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-ollando-o-ullan-programa-goza-do-ulla-pontecesures-34560238#wp-34560244