Os socialistas de Pontecesures critican o mal coidado do Camiño Portugués.

Sin poñer en dúbida a importancia económica e cultural do Camiño Portugués e da Variante Espiritual, ben estaría que as fotos que acompañan a publirreportaxe sobre o 25 aniversario do primeiro Xacobeo, foran máis fidedignas, e recolleran a realidade: beiras do Camiño sen limpar, fontes que non botan auga, un albergue cun entorno degradado (como ben recoñeceu no seu momento o propio alcalde), unha suposta sinalización mal plantexada e con peor información.

Socialistas de Pontecesures

O CPI Pontecesures un ano máis no Correlingua.

A lingua non para. Baixo este lema máis de mil rapaces dos colexios e institutos da comarca de Pontevedra encheron onte as rúas da cidade nunha nova edición do Correlingua. Máis de vinte centros educativos de Pontevedra, Soutomaior, Pontecesures, Ponte Caldelas, Cambados e Marín, sumáronse a esta carreira pola lingua que tivo como epicentro a praza da Ferrería. Alí celebráronse, tras a carreira, diferentes actividades lúdicas e a entrega de agasallos aos participantes, que puideron gozar da actuación musical dun dos grupos gañadores do Cantalingua.

Nesta edición do Correlingua 2018 colaboraron varias librerías e editoriais pontevedresas, cedendo lotes de libros que se repartiron entre os centros de ensino. O acto despediuse cunha solta de globos.

La Voz de Galicia

LISTADO PROVISIONAL DOS ALUMNOS/AS ADMITIDOS E EXCLUIDOS NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL NO CURSO 2018/19

Pinchando no enlace de abaixo accedese ó listado provisional.

Agora hai un  prazo de 10 días hábiles para presentar alegacións ou enmendar os defectos que motivaran a exclusión provisional. Dito prazo termina o 22 de maio.

A partir desa data publicarase a listaxe definitiva, para que as solicitudes que foron admitidas realicen a corresspondente matrícula no período que vai do 1 ó 15 de xuño (ambos inclusible).

LISTA PROVISIONAL ADMITIDOS EIM 2018-19

O ALCALDE DE PONTECESURES NO CAMI?O PORTUGU?S.

Este pasado sábado -5 de maio- o Alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage, recibeu unha delegación dos Amigos e Amigas do Camiño Portugués a Santiago que conmemoraba o 25 aniversario dende o primeiro Xabobeo 1993 ata a actualidade.

O rexedor acompañounos durante todo o tramo de Camiño Portugués que trascorre polo concello de Pontecesures acompañados por membros de Protección Civil de Pontecesures que foron os encargados tamén de sellar as credenciais peregrinas que portaba a comitiva.

 

O límite de concellos foi o punto onde o rexedor de Valga fixo entrega a Vidal Seage do bastón e a cuncha peregrina e o presidente da Asociación de Amigos e Amigas do Camiño Portugués a Santiago , Celestino Lores, impúxolle a insignia que conmemora o 25 aniversario de esta primeira peregrinaxe.

Durante o percorrido polo concello de Pontecesures, Vidal Seage veu a manifestar o pulo que está a experimentar esta variante do camino ó paso polo noso concello, onde se está a levar a cabo unha mellora da sinalización a fin de que os peregrinos que o desexen poidan escoller un desvio alternativo e disfrutar dos servicios e comercios do pobo. Cabe recordar que esta ruta do Camiño Portugués achega ó noso concello case 60.000 peregrinos ó ano, que sumados ós 7.000 da Variante Espiritual que sube ata Pontecesures polo río Ulla fai que este tipo de peregrinacións supoñan un importante impulso cultural e económico para Pontecesures.

Igualmente no monumento que conmemora ditas peregrinaxes , Fito Xacobeo, que se encontra no centro do casco urbán, como no Mirador do Pino Manso inmortalizaronse os membros da Asociación ante de camiñar cruzando a ponte interprovincial cara o veciño concello de Padrón onde Vidal Seage cedeu o bastón peregrino ó rexedor padrones Antonio Fernandez Angueira .