HORARIOS DOS PARTIDOS DESTA FIN DE SEMANA DO BALONCESTO

Este sábado día 20 o Extrugasa Rio Ulla senior vai xogar o seu primeiro partido de liga na casa, diante do Liceo de Vilagarcía. A hora do mesmo é ás 19.45 no polideportivo cesureño.

O Extrugasa intentará resarcirse da derrota da 1ª xornada en Cambados, ante un rival do que hai poucos datos, tan só que é un equipo cunha media de edade moi xoven. Ademais, o equipo cesureño vai contar co problema de ter varias baixas de novo: Pino de viaxe; Felipe e Pedrito lesionados, e Peñaño ausente por «motivos persoais», polo que só van ser 8 os xogadores dispoñibles. Na vindeira semana deberíamos de recuperar efectivos para empezar a ser mais competitivos. Bo partido para que os novos veteranos den a talla (eh, Pepi), e os xuvenís Juanjo e Victor xoguen minutos e aporten positivamente ó equipo.

Ademais este sábado empezan a disputar partidos amistosos de pretemporada os equipos de categorias inferiores do club. En concreto, ó sábado pola mañá as 10.30 h. o fará o equipo cadete masculino, e  a continuación o equipo alevín mixto de minibasket, sobre as 12.30 h. Ambos partidos van ser contra os integrantes do C. B. Grove, que se desprazan ata Pontecesures, tendo previsto devolverlles a visita na vindeira semana.

 As ligas das categorias inferiores empezan a principios de novembro, e o club Rio Ulla conta con 5 equipos: cadete masculino, infantil masculino, infantil femenino, alevín mixto e benxamín mixto. (Os 2 equipos infantís van xogar no polideportivo de Valga, ó estar formados por nenos e nenas dese concello xunto con nenos cesureños).

O BASKET ESTÁ DE MODA

Proba del foi que, coincidindo cos campeonatos europeos de seleccións absolutas, pódese ver decorado coma se fose unha cancha de baloncesto, dende hai algunhas semanas, o escaparate dunha conocida tenda de electrodomésticos cesureña, ELECTRODOMESTICOS FROIS, canasta, balón e camiseta de Jordan incluidas.

100_7549-web.JPG

O noso club de baloncesto colaborou con esta casa comercial cedéndolle por estas semanas a canasta de iniciación don rapaces, e coma se pode apreciar, quedou moi curioso e orixinaleste escaparate obra de Marián.

100_7551-web.JPG

Indicar tamén que os homes da selección foron prata (nunca un 2º posto soubo a tan pouco), e que estes días son as mulleres da selección española as que están xogando o seu europeo. España está clasificada para cuartos, e chega o momento culminante para as chicas, podendo optar a ser campeonas de Europa.

Se é que os do basket…

100_7550-web.JPG

Accidente de circulación dun dos adestradores do CB. Pontecesures

O venres 28 de setembro sobre as 22,45 horas cando circulaba o vehículo de Alberto Solla Barreiro pola estrada nacional N-550 en dirección Valga-Pontecesures, colisionou con outro que saía da estación de servicio de Redondo. O impacto foi espectacular e o vehículo de Alberto Solla volcou quedando coas catro rodas para arriba.

No hospital ??La Rosaleda? de Santiago permanece Alberto dende o venres con danos na zona das cervicais (non parecen de gravidade), mentres o outro conductor resultou ileso.

Desexamos un pronto restablecemento de Alberto Solla, que é adestrador de categorías inferiores do equipo de baloncesto de Pontecesures.

Actividades extraescolares da ANPA do CPI Pontecesures para o curso 2007-2008

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2007-2008

* PINTURA: Os luns a partires das 17:00 horas no Club Xuvenil.
* PUNTO DE CRUZ: Os luns a partires das 17:00 horas nun aula do CPI.
* DANZA CLÁSICA E MODERNA: Os martes a partires das 17:00 horas no Club Xuvenil.
* TEATRO: Os mércores a partires das 17:00 horas no Centro Social.
* BAILE GALEGO: Os mércores a partires das 17:30 horas no pavillón.
* PANDEIRETA: Os mércores a partires das 19:30 horas nun aula do CPI.
* NATACI?N NA PISCINA DE PADR?N: Os xoves a partires das 17:45 horas.
* INGL?S: Os venres a partires das 17:00 horas nun aula do CPI.
* GAITA GALEGA: Os venres a partires das 18:30 horas nun aula do CPI.
* AEROMODELISMO: Haberá unha demostración ó mércores día 3 de outubro, ás 18:20 horas, no patio do CPI. * Posteriormente se formará o grupo, se hai participantes, e fixarase o día das clases.

Tódalas clases comezan en outubro.

Ademais hai outras actividades organizadas e financiadas polo Concello, que son as seguintes:

* F?TBOL SALA: Os luns de 16:30 a 20:00 horas e os mércores de 16:30 a 17:30 horas.
* BALONCESTO: Os martes e os xoves de 17:00 a 18:30 horas (alevíns), e de 18:30 a 20:00 horas (cadete).

Os venres, de 17:00 a 18:00 horas, ESCOLA DE BALONCESTO e a partires das 18:00 horas, entrenos de cadetes.

En Pontecesures, a 28 de setembro de 2007.
O PRESIDENTE DA ANPA,