HORARIOS DOS PARTIDOS DESTA FIN DE SEMANA DO BALONCESTO

Publicado por fru en

Este sábado día 20 o Extrugasa Rio Ulla senior vai xogar o seu primeiro partido de liga na casa, diante do Liceo de Vilagarcía. A hora do mesmo é ás 19.45 no polideportivo cesureño.

O Extrugasa intentará resarcirse da derrota da 1ª xornada en Cambados, ante un rival do que hai poucos datos, tan só que é un equipo cunha media de edade moi xoven. Ademais, o equipo cesureño vai contar co problema de ter varias baixas de novo: Pino de viaxe; Felipe e Pedrito lesionados, e Peñaño ausente por «motivos persoais», polo que só van ser 8 os xogadores dispoñibles. Na vindeira semana deberíamos de recuperar efectivos para empezar a ser mais competitivos. Bo partido para que os novos veteranos den a talla (eh, Pepi), e os xuvenís Juanjo e Victor xoguen minutos e aporten positivamente ó equipo.

Ademais este sábado empezan a disputar partidos amistosos de pretemporada os equipos de categorias inferiores do club. En concreto, ó sábado pola mañá as 10.30 h. o fará o equipo cadete masculino, e  a continuación o equipo alevín mixto de minibasket, sobre as 12.30 h. Ambos partidos van ser contra os integrantes do C. B. Grove, que se desprazan ata Pontecesures, tendo previsto devolverlles a visita na vindeira semana.

 As ligas das categorias inferiores empezan a principios de novembro, e o club Rio Ulla conta con 5 equipos: cadete masculino, infantil masculino, infantil femenino, alevín mixto e benxamín mixto. (Os 2 equipos infantís van xogar no polideportivo de Valga, ó estar formados por nenos e nenas dese concello xunto con nenos cesureños).


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.