RECEPCIÓN DE PAPÁ NOEL NA PLAZUELA DE PONTECESURES.

O luns 24 de decembro Papá Noel percorrerá Pontecesures. Saída da nave de de obras municipal ás 11.00 co seguinte percorrido:

  • Grobas-Fenteira.
  • A Toxa-Carreiras-Condide.
  • Redondo-Praza de Pontevedra.
  • Avenida de Arousa-Avenida dos Namorados.
  • Praza dos Valeiros-Porto.
  • Rúas do centro urbán.
  • Final na Plazuela aproximadamente ás 13.00 horas.

Papa Noel recollerá as cartas de tódol@s nen@as na Plazuela a partir das 13.00 horas.

 

XIX CARREIRA POPULAR DE PONTECESURES.

O Concello de Pontecesures organiza a XIX edición da súa carreira popular o sábado 29 de decembro de 2018 a partir das 16:15 hras.

A proba absoluta terá un percorrido de 9.000 metros.

Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación conxunta. O control técnico das carreiras estará a cargo do Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo.

A saída e chegada de tódalas probas será na Praza do Coche de Pedra, no centro urbán de Pontecesures.

A inscrición deberá realizarse nas webs www.carreirasgalegas.com e www.atletismo.gal con data límite o xoves 27 de decembro ás 23.59 horas.

Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da proba.

Teléfonos de información xeral da proba:

986 564 410 / 986 564 403 (Concello de Pontecesures)

Camiseta para os 400 PRIMEIROS atletas chegados a meta na proba absoluta. Repartiranse tamén camisetas de regalo para os atletas das categorías escolares.

Trofeos ós 3 primeiros/as clasificados/as da proba absoluta (9 km aprox.) (premios NON acumulativos).

Medallas ós/ás 3 primeiros/as de cada categoría establecida no regulamento da proba, agás na categoría biberóns onde non haberá clasificación (entregarase medalla a tódolos participantes).

Trofeo o/a participante máis veterano/a que logre concluir a proba.

Como novidade, este ano haberá premios para os clubes na proba absoluta (9 km):

PREMIOS A CLUBES FEDERADOS

POSTO IMPORTE
1º CLUBE FEDERADO CLASIFICADO 300,00 €
2º CLUBE FEDERADO CLASIFICADO 200,00 €
3º CLUBE FEDERADO CLASIFICADO 100,00 €

 

A clasificación de clubes establecerase a través dos 8 primeirosclasificados do mesmo pola suma dos seus postos na clasificación xeral da proba absoluta. Os clubes federados deberán estar compostos alo menos por 8 compoñentes,  sexan homes ou mulleres, con licencia federativa en vigor que logren cruzar a liña de meta.

A entrega de dorsais terá como tempo límite 30 minutos antes de cada proba e realizarase no Centro Social de Pontecesures  [no día da proba –xoves 27 de decembro de 2017–  de 15.00 a 16.15 horas], a carón da saída das probas.

A entrega de premios será na Praza do Coche de Pedra ou, en caso de mal tempo, no Centro Social.

ENLACE DIRECTO PARA INSCRICIÓN.

ENLACE RUTA DA PROBA ABSOLUTA (9KM) NA APP. WIKILOC

 CARTEL XIX CARREIRA POPULAR PONTECESURES.
 REGULAMENTO XIX CARREIRA POPULAR PONTECESURES.
 Trazado proba absoluta 9km (arquivo kmz -google earth-).
 Trazado proba absoluta 9km (arquivo kml -google earth-).

REMATE DA OBRA DE MELLORA DO CAMIÑO TOXA – CARREIRAS

A obra foi executada pola empresa C”analizaciones y Construcciones Salnes SL” por un importe de 32.782,13€ dos que 30.033,55€ foron aportados pola Deputación de Pontevedra con cargo ás baixas de dúas obras do Plan Concellos (P.O.S.) 2016 e 2.748,58€ con cargo a fondos propios do Concello de Pontecesures.

A actuación consistiu en demoler o anterior pavimento de asfalto, para dispoñer un novo pavimento de formigón armado, nun cor ocre e cun acabado superficial raiado.

O novo pavimento foi confinado con bordos transversais de formigón envellecido, separados entre sí unha distancia media de 6,5 metros.

Tamén foi preciso facer novas arquetas para as acometidas da rede de abastecemento de auga. Estas arquetas contaron con tapas pavimentables, rematadas co mesmo formigón.

O Concello de Pontecesures perde unha subvención de 40.000 €

O grupo municipal socialista confirmou no pleno do pasado luns, que o Concello dirixido polo conservador Vidal Seage perdeu unha subvención de casi 40.000 €.

Os socialistas explican que ao abeiro da resolución do 18 de maio de 2017 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), o concello de Pontecesures pideu, e lle foi concedida, unha subvención por un total de 37.628,64 € do Plan de Mellora de Camños municipais 2017-2018, que se destinaron a obras de mellora do camiño Toxa-Carreiras.

A subvención obrigaba a presentar a xustificación e execución da inversión o día 1 de setembro de 2018, circunstancia que non se cumpleu, polo que o propio alcalde renunciou a subvención o día 10 de setembro.

A perda desta subvención é un exemplo máis da pasividade e mala xestión do alcalde e do seu equipo de goberno , que leva ao Concello a ter que afrontar con fondos propios as obras realizadas, nun exemplo máis de ineficacia.

A inoperancia e irresponsabilidade do alcalde e do seu equipo de goberno ainda é maior, xa que para afrontar o pago vanse empregar 20.000 € dunha baixa dunha obra do Plan Concellos da Deputación, que ben se poderían invertir noutros lugares da nosa vila.