O mércores día 26 de decembro, acto de clausura do obradoiro de emprego con entrega de diplomas ós alumnos/as.

O mércores día 26 de decembro, ás 9,30 horas da mañá, no Salón de Sesións do Concello, terá lugar a entrega de diplomas ós 36 alumnos/as traballadores/as do obradoiro de emprego de Pontecesures que comezou a finais de decembro de 2006.

O acto de clausura e de entrega de diplomas, será presidido polo Delegado Provincial da Consellería de Traballo, Pedro Borrajo, e están convidados ós voceiros dos grupos políticos da Corporación.

Nun prazo de dous meses será instalado o piso de caucho no paso a nivel de Porto.

O Xefe de Mantemento e Conservación de Infraestruturas de ADIF en Ourense ven de confirmar esta boa nova relacionada co paso a nivel de ferrocaril da praza dos Valeiros de Porto. O caucho xa foi subministrado pola Dirección de Pasos a Nivel de ADIF en Madrid á Xefatura citada de Ourense, e agora tan só está pendente a adxudicación, por parte deste último organismo, do contrato da obra específica de colocación do pavimento no paso a nivel, unha vez rematado o correspondente procedemento licitatorio.

(más…)

XX Festival de Panxoliñas e Polifonía en Padrón.

Hoxe día 22 de decembro, ás 20 horas, terá lugar no Auditorio Municipal de Padrón este festival coa participación das seguintes corais:

# Coral Polifónica Novos Aires de Nigrán.
# Coral Polifónica de Noia.
# Coral Polifónica Padronesa.

Organiza o festival a Coral Polifónica Padronesa que agradece a todas as empresas e casa comerciais que coa súa axuda fan posible a celebración do festival.

Colaboran:

# Concellería de Cultura do Concello de Padrón.
# Xacobeo.
# Delegación Provincial de Cultura e Deportes.
# Fundación Rosalía de Castro.
# Fundación Camilo José Cela.
# La Caixa.
# Radio Valga.

El BNG pide en el Congreso que Fomento escuche las demandas de la población sobre el tren de cercanías.

La diputada del BNG en el Congreso, Olaia Fernández Davila, presentó en la Cámara Baja una iniciativa en la que pide al Ministerio de Fomento que escuche las demandas de la población de Portas y de otras zonas próximas, preocupadas «pola desaparición da actividade ferroviaria nas súas estacións de tren unha vez que se poña en marcha o AVE». Davila pregunta a los responsables del Ministerio si se va a mantener el servicio de los trenes regionales y de cercanías en el trayecto entre Pontevedra y Vilagarcía y también en el que discurre entre la capital arousana y Santiago y considera que la situación actual ofrece «unha excelente oportunidade para converter os trens rexionais nunha auténtica rede de cercanías como teñen outras comunidades autónomas con menor poboación» que Galicia. La parlamentaria del BNG quiere saber si Fomento mantuvo o va a mantener alguna reunión con los concellos afectados por la futura desaparición de los servicios ferroviarios en estaciones como la de Portas y pregunta cuales son las previsiones al respecto de esta estación en concreto.

DIARIO DE AROUSA, 22/12/07