O pleno de maio

Valoración do BNG sobre o acontecido no pleno ordinario do luns 25 de maio de 2009.

O BNG de Pontecesures fai as seguintes valoracións:

1ª En relación coas mocións apresentadas polo BNG. sinalar que, unha e outra vez que o BNG apresenta mocións para a súa aprobación , ás cales o equipo de desgoberno ve moi difícil votar en contra, este usa a estratexia de apresentar mocións alternativas ou enmendas á totalidade, como nesta ocasión, variando un pouco as peticións do BNG e só para non dar por boa a inciativa do noso grupo intentado ocultar así a súa falla de inciativa en temas como os tratados.. O BNG lamenta esta actitude pero aínda así e pese a elo, o noso grupo municipal votou afirmativamente aos cambios introducidos, pois o que se pretendía era por un lado a retirada por parte da Igrexa dos símbolos franquistas e relacionados coa guerra civil que figuran na fachada da igrexa parroquial de Pontecesures, e por outro deixar plasmada a actitude de Pontecesures en contra da producción de cultivos tranxénicos.

2ª. En relación coa proposta do tripartito acerca da modificación feita no IBI, o BNG mostrouse a favor de subirlle o IBI á autopista ao tipo máximo que permite a lei, pero manifestou que lle sorprendía o silencio mostrado unha vez máis polo PP do Sr. Randulfe, que intenta pasar desapercibido sobre as cuestións de impostos, cando hai dous anos a súa principal promesa electoral foi a baixada de impostos para os veciños e veciñas, e o único que fixo foi, pola contra crear impostos novos ??apretando? máis aos cesureños.

No apartado de rogos e preguntas, estas xiraron fundamentalmente sobre cinco asuntos, como forn a festa da lamprea, a feira do automóbil,o alumeado público, a tala de árbores do centro do pobo e a organización do entroido, amén de outras preguntas sobre arranxos e propostas de obras.

Festa da lamprea: O BNG lamenta a actitude deste ??desgoberno? en relación coa compra das lampreas e cos ??Valeiros? pois encargóulle esta únicamente a dúas persoas sen ofertarlle a posibilidade ao conxunto dos valeiros e máximo cando este ano foi un ano de lampreas..

Os mesmos integrantes do equipo de goberno do PP e Sabariz puxeron en dúbida a procedencia das lampreas desta edición, mentras polo PP se decía que todas as lampreas procedían do Ulla, o tránsfuga afirmaba que él non sabía de onde eran as lampreas. A acaldesa nin sabe nin responde e é de coñecemento de todo o pobo que as lampreas non eran siquera galegas.

Así o tripartito admitíu que non se falou cos valeiros, que tiñan que ser estos os que foran a ofrecerllas si querían, e o que é peor, desprezaron públicamente a este colectivo do noso pobo, sinalando que non lle importaba esta festa, que non colaboraban con ela e que preferían ??quedar na cama ese dia?, en palabras do tránsfuga Sabariz. Esta actitude do tripartito contra os valeiros parécenos totalmente inadmisible.

Feira do automóbil: No pleno quedou constatada a nula implicación do desgoberno municipal coa feira de automóbil Fegaclasic. Non só coas respostas dadas aos concelleiros do BNG no turno de preguntas senón no propio informe que leu a alcaldesa das actuacions desta para coa asociación cultural ??Mirándolle os dentes? dende o mes de xaneiro ata a propia feira, informe que no seu conxunto mostra con rotunda claridade a cantidade de obstáculos e trabas burocráticas que se lle impuxeron á organización cultural formada por veciños de Pontecesures. O seu desexo foi claramente que a feira fracasara.

Non contestaron, razoadamente nin cun mínimo de seriedade, porque dende o concello non se fixo aportación económica algunha á feira, só se lles ocorreu dicir que xa puxeron os municipais a traballar esos días e eso custou cartos en horas extraordinarias (como si non tiveran aos municipais a traballar esos días nos actos que celebraron na prazuela o sábado e o domingo con motivo das letras galegas). A alcaldesa minteu ao afirmar que todos os anos se celebraban actos das letras galegas o sábado e mailo domingo, cando é a primeira vez que no domingo se celebra algún acto, curiosamente para ter desculpas para que os organizadores da feira non poideran usar a prazuela. Todo foron obstáculos e trabas boicoteando a feira: baños, cortes de tráfico, etc

A mesma Maribel Castro, nun acto de cinismo e mala educación comeza o seu informe de presidencia felicitando aos grupos que participaron no festival das letras galegas e nin unha soa mención á asociación cultural ??Mirándolle os dentes?. Ante a pregunta, de porque non actuou nesta ocasión coa representación institucional que obstenta asistindo a algún dos actos da Feira, é á que foi invitada formalmente, resposta que ??non sabía que tiña que facer alí e que tiña cousas máis importantes que facer e que non ten porque dicilas aquíí e que xa mandou a un concelleiro que fora por alí?, mostrando deste xeito un aboluto desprezo á asociación, aos veciños que a compoñen, á feira e ao que supón de prestixio para Pontecesures e a todos os veciños en xeral.

O Grupo Municipal do BNG manifestou a vergoña axena que supoñen estas actitudes de todo o equipo (do PP de Randulfe, do tránsfuga e máis da alcaldesa Maribel Castro) para cun evento tan importante para este pobo como xa é Fegaclasic. Tremendamente lamentable antepoñendo intereses propios e ánimos revanchistas co interés de todo o pobo.

Alumeado público.
Voltouse a preguntar polos permisos aos veciños para colocar o alumeado público nas rúas centrais do pobo, contestando o Sr. Randulfe (prácticamente non tiña intervido em todo o pleno e para como o fixo mellor que seguira calado) que si se lle habían pedido permiso aos propietarios de todas as vivendas onde se instalaron as catenarias, citando o grupo municipal do BNG toda unha serie de edifícios onde con total seguridade se colocaron tales sen a mínima consideración de falar cos seus propietarios, deixando ao concelleiro do PP como um ??mentireiro? unha vez mais. A xuízo do BNG este tipo de alumeado non é o idóneo para este pobo, non só estéticamente (poden considerarse auténticas ??bacenillas colgantes?) que cun pouco de vento non farán outra cousa que meter ruido, senón que mais cableado polas paredes e atravesando a rua de parte a parte amosan unha imaxe do pobo que non nos gusta em absoluto.
Dende o BNG pedimos que se proceda ao soterrado do cableado (telefônica, electricidade, etc) pois é o que se está a facer em todas partes.

Organización do entroido
Despois da deficiente e nefasta organización do entroido neste ano, na que a Sra. Alcaldesa se repartiu os premios para si misma, e de diferentes categorias, o BNG preguntou porque se estaba a ??marear? aos pais dunha parella que resultando cun premio no concurso de disfraces, a dia de hoxe ainda non se lle dou este. ¿Como é posible que lle outorguen um premio e logo non se lle entregue porque según o ??desgoberno municipal? o premio xa llo deron a outros e agora non saben a quen foi?. A que altura de esperpento chega a actuación da Sra. Alcaldesa e dos seus socios, que fan ir polo concello aos pais dos afectados xa em tres ocasións e inda hoxe non recibiron tal premio, figurando como merecedor del na páxina web ofical do concello de Pontecesures. A resposta, ante a evidencia dos feitos, non foi outra que se intentará facer mellor para a próxima e xá está.

Tala de árbores xunto ao monumento ao Coche de Pedra. O BNG preguntou porque se habían talado as árbores nesa zona, se a política deste desgoberno era talar árbores e sustituir por cemento. Previamente, nos informes de presidencia, por primeira vez, a Sra. alcaldesa delegou este tema no tránsfuga (debe ser que ela non tiña estudiado o asunto) e este leu um amplísimo dossier, que o único interesante que viña a decir era que as árbores estaban em fase de senescencia, é dicir que ian indo para vellas, e que aconsellaban cortalos e comprar outros.

Dende o noso grupo municipal manifestámonos totalmente en contra desta decisión e poñemos en tela de xuízo tal informe, pois quixemos contar coa opinión dunha experta na materia, que se personou no lugar e da análise dos restos, asegurou que estas non tiñan enfermidade algunha e que ao seu xuízo gozaban de perfecta vitalidade, atendendo ao estudo das raíces, resina e outros elementos.

O tránsfuga manifestou que non coñecía nin oira a nadie do pobo, salvo aos ??nacionalístas? que estivera disconformes coa tala destas árbores. A resposta do BNG foi: ??vostede non oe o que non lle convén?

«En Valga sa dicían que eu ía ser o substituo do Duque en Sin tetas no hay paraíso.

Víctor Valga, durante una sesión de fotos para un catálogo de moda.

Xa pasou máis dun ano dende que Víctor Valga se dera a coñecer ao gran público coa súa participación no certame Míster España. As cousas non lle foron nada mal. Conseguiu engaiolar ao xurado e aos telespectadores e a piques estivo de ser nomeado ??guapo oficial?. Dezaseis meses despois, Víctor Valga tomou unha curva na súa carreira profesional, alonxouse un pouco da faceta de modelo e aposta agora por desenvolver a súa vea de actor. Cursa estudos de interpretación na escola de Cristina Rota, en Madrid, pero tampouco pecha portas a compatibilizala con proxectos laborais. Xa gravou dúas curtametraxes e agora ábrese a posibilidade de incorporarse a un novo proxecto da Televisión de Galicia.

Al Pacino é un dos seus ídolos e, con ese referente, Víctor Valga estivo totalmente volcado no último ano nos seus estudos de interpretación na afamada escola madrileña de Cristina Rota. Con arredor de tres décadas de historia, por este centro pasaron nomes recoñecidos do mundo do espectáculo en España, como Fernando Tejero, Goya Toledo, Alberto San Juan, Willy Toledo ou Dani Martín, e Víctor quere seguir os seus pasos cara o recoñecemento profesional.
Para iso réstanlle tres anos de carreira, aínda que, de cando en vez, xa se deixa ver por algún cásting. Aspirou a ser o novo Duque en ??Sin tetas no hay paraíso?, e algúns dos seus paisanos valgueses xa o daban por feito. Non lles chegaba a hora de prender o televisor para ver ao seu Víctor, de Os Martores, compartindo escenas con Amaya Salamanca ou María Castro. Finalmente foi unha falsa alarma, unha broma que lanzou un deses tantos amigos que aínda mantén na súa terra.

De feito a pasada semana deixouse ver por Valga, aproveintado unha viaxe con motivo dunha entrevista de traballo na TVG. Quere abrirse camiño tamén en Galicia, despois de rodar en Madrid dúas curtametraxes que lle serviron como introdución ao mundo do cine. Tampouco pecha as portas ao teatro. ??No último ano levo lidas unhas corenta obras? e cada fin de semana sube ao escenario cos seus compañeiros da escola de Cristina Rota para ir collendo táboas.

A que ten bastante aparcada, de momento, é a súa faceta de modelo.¡Que lonxe parece quedar aquel día no que a piques estivo de coroarse Míster España!

­ ¿Como é que se decidiu pola interpretación?

­ Hai tempo xa traballei na Televisión de Galicia. Participei, como personaxe de reparto, nun episodio do programa ??Efectos Secundarios? e tamén estiven tres tempadas en ??Arre Demo?, onde facía cámaras ocultas, porque quería aproveitar calquera oportunidade. No ano 2002 xa fora a Madrid a ver varias escolas de interpretación e tentara quedar, pero non puido ser por motivos laborais e económicos.

­E agora conseguiuno, despois de darse a ver no certame de Míster España?

­O concurso foi o pasaporte, un trampolín para ir a Madrid. Non son famoso, pero a miña participación no certame sérveme de referencia porque existe moito documento gráfico co que a xente pode ver quen son eu. Esa experiencia axudoume moito para chegar a Madrid e facelo con máis confianza.

­ ¿Está a colmar as súas expectativas a escola de Cristina Rota?

­ ? a única escola que me dá a oportunidade de traballar á vez que estudo. Estar nunha compañía e estudiar ao mesmo tempo é incompatible, porque non chegan as horas para todo. Con esta escola facemos tódolos fins de semana un espectáculo, o máis lonxevo de Madrid, que se chama ??Catarsis del tomatazo?. O nome ten unha razón: no descanso, os alumnos podemos saír a facer números propios e o público pode decidir se aplaude ou lanza tomates.

­ ¿Algunha vez lle caiu un?

­ Algún sempre cae. Non levar ningún tomatazo tamen é malo porque significaría que a xente non ten criterio. Ademais, eu arríscome moito e por iso algúns números saen mellor e outros peor.

­ ¿Neste tempo que leva volcado coa interpretación non lle saiu aínda ningunha oportunidade no cine ou na televisión?

­ Fixen o cásting para ??La Roca?, o personaxe que substituirá ao Duque en ??Sin tetas no hay paraíso?. Por Valga algúns xa dicían que eu ía ser o novo Duque, pero non, foi todo unha broma dun amigo. No cásting había trescentas ou catrocentas persoas e foi moi duro. Pero resultou todo un reto facelo, ademais o Duque e máis eu temos un certo paralelismo, porque Miguel Ángel Silvestre tamén foi míster.

­ Pero algún proxecto tamén callaría, ¿ou non?

­ Fixen dúas curtametraxes, dúas películas semiprofesionais. Unha, de un minuto de duración, chámase ??La Fosa? e interpretei a un director de cásting, mentras que no outro, titulado ??16 milímetros?, eu era o malo da película, un sicario gardián dun refuxio de explosivos. Neste tipo de traballos non requiren que un se meta moito nos personaxes, que é o que estou a estudar agora na escola, e a verdade é que a carreira é dura.

­ ¿Pensa que se lle está a dar ben?

­ Estou a traballar co método ??Gestalt?, que é o que me axuda a poñerme en situación para interpretar a un determinado personaxe. Por exemplo, revivir unha mala experiencia da miña vida para escenificar un drama.

­ ¿Que pasou coa moda, tena aparcada de momento?

­ Deixeina un pouco a un lado. Sigo cunha axencia e de vez en cando fago algo de publicidade ou algún catálogo. Se fixera cástings tería que estar todo o día centrado neles porque necesitan moita preparación, e a escola cómeme moito tempo.

­ A pesar de ter case os dous pés en Madrid, parece que segue moi vinculado á súa terra, ¿a que se debe esta visita ao municipio de Valga?

­ Tódolos meses veño a Valga e non me sinto para nada desvinculado de aquí. Agora estou un pouco máis de tempo en Madrid, que me empeza a gustar e iso xa me dá un pouco de medo?

­ Pódese dicir, entón, que a capital non o defraudou?

­ En Madrid hai un campo enorme de oportunidades, o importante é saber elixir e ter os ollos ben abertos.

­ ¿E non lle gustaría traballar un pouco en Galicia?

­ Pois si, precisamente vin facer unha entrevista para un proxecto novo na Televisión de Galicia, pero non quero adiantar moito?Quero empezar a probar sorte aquí. Este foi un ano moi duro na escola e agora apetéceme compatibilizar os estudos co traballo.

DIARIO DE AROUSA, 27/05/09

Una vecina de Cee gana el concurso literario y artístico «Xosé Lois Miguéns».

El concurso literario y artístico ??Xosé Lois Miguéns?, que organiza el colectivo cultural ??Os Penoucos?, de Valga, tuvo como ganadora en su cuarta edición a Rocío Leira Castro, una vecina del municipio coruñés de Cee, que presentó el trabajo ??Aturuxos da Nostalxia? bajo el lema de Arume.
El jurado encargado de valorar todas las obras que se presentaron se reunió el pasado sábado, 16 de mayo, y decidió otorgar el máximo galardón a Rocío Leira. Su trabajo es un relato de carácter intimista y personal, con una carga sentimental muy fuerte y con un estilo preciosista repleto de recurso estilísticos. Esto provoca que la lectura de ??Aturuxos da Nostalxia? sea ??un pracer para os sentidos?, indican los organizadores del certamen literario, que además agraden su esfuerzo a todas las personas que elaboraron obras para participar en el concurso.

La entrega del premio a la ganadora, que inicialmente estaba prevista para el pasado domingo, se pospuso ante la imposibilidad de que la autora del relato ganador acudiese al acto. La nueva fecha está todavía pendiente de confirmar por parte de la directiva de la asociación ??Os Penoucos?.

DIARIO DE AROUSA, 20/05/09

Contratación dun técnico en Pontecesures. Ata o momento hai 6 solicitudes. O prazo para as solicitudes remata o sábado 23.

BASES SELECTIVAS PARA A CONTRATACI?N LABORAL TEMPORAL DUN/HA T?CNICO/A PARA A APLICACI?N DAS NORMAS DO HÁBITAT GALEGO.

BASES XERAIS

Primeira.- Obxecto.-
Esta convocatoria ten por obxecto a selección e contratación laboral temporal dun/dunha arquitecto/a; ao abeiro da Orde do 16 de xaneiro de 2009 da Consellería de Vivenda e Solo, pola que se aproban as bases reguladoras polas que se conceden axudas aos concellos de Galicia para a contratación de persoal técnico para a aplicación das normas do hábitat e demais cometidos propios dun técnico municipal.

A modalidade contractual será dun contrato laboral de duración determinada a tempo parcial, (media xornada, 18,75 horas, distribuídas en 3 días/semana), por obra ou servizo determinado, consonte co disposto no artigo 15 de Estatuto dos Traballadores e demais normas concordantes de aplicación.

Segunda.- Duración do contrato.-
O contrato será por obra ou servizo determinado polo período do 1 de xuño a 31 de decembro de 2009.

Terceira.- Retribucións.-
1.300,00 ? brutos mensuais, incluída a parte proporcional das pagas extras.

Cuarta.- Requisitos dos aspirantes/incompatibilidades.-
Os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos á data en que remate o prazo de presentación de solicitudes:

a) Ser español, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
b) Ter cumpridos 16 anos de idade e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
c) Estar en posesión do título de Arquitecto. No caso de titulacións obtidas en países estranxeiros acreditarase a correspondente homologación do Ministerio de Educación e Ciencia.
d) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das funcións do posto.
e) Non estar separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera administración pública ou en calquera dos supostos que contempla o artigo 56 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do empregado público.
f) Non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade específica previstas na lexislación vixente.

Incompatibilidades: O desempeño deste traballo será incompatible co desenvolvemento profesional privado no ámbito territorial do Concello de Pontecesures, quedando sometida a persoa seleccionada ó réxime de incompatibilidades establecido pola Lei 53/84 e demais disposicións ó efecto..

Quinta.- Presentación de instancias.-
1.- As solicitudes para tomar parte no proceso selectivo dirixiranse á Sra. Alcaldesa Presidenta, manifestando que se reúnen os requisitos esixidos na convocatoria.
2.- O prazo de presentación de instancias é de oito (8) días naturais, contados a partir do seguinte o da publicación do anuncio desta convocatoria nun xornal dos de maior difusión da provincia, se anunciará dita publicación e as presentes bases na paxina web do concello. www.pontecesures.org.
3.- As instancias presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Pontecesures en horas de oficina, ou en calquera das formas admitidas en procedemento administrativo.

A solicitude irá acompañada da seguinte documentación:

* Fotocopia do Documento Nacional de Identidade ou pasaporte, debidamente compulsada
* Fotocopia compulsada da titulación esixida.
* Declaración xurada de non estar separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera administración pública ou en calquera dos supostos que contempla o artigo 55 da Lei 7/2007, de 12 de abril.
* Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais do posto ó que aspira.
* Compromiso de incompatibilidade.
* Curriculum vitae e os documentos, orixinais ou fotocopias cotexadas, que acrediten os méritos que aleguen e teñan que ser valorados segundo o correspondente baremo.

Sexta.- Admisión de aspirantes.-
Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, o Concello exporá a lista provisional de candidatos admitidos e excluídos no taboleiro de anuncios do Concello e na web www.pontecesures.org, dando o prazo de tres días para emendar as posibles deficiencias apreciadas polos participantes no proceso, tras o cal se exporá, polo mesmo medio, a lista definitiva de candidatos admitidos e excluídos, fixando o día e hora da reunión da Comisión de Valoración para valoración de méritos e realización da entrevista.

Sétima.- Comisión de Valoración.-
En ningún caso poderá declarar que superaron as probas selectivas un número superior de aspirantes ó das prazas convocadas, estará integrado por:

Presidente: Arquitecto en exercicio na Administración Local
1º vocal: Arquitecto nomeado polo colexio de arquitectos.
2º vocal: Arquitecto nomeado polo colexio de arquitectos.
Secretario: Funcionario ou persoal laboral do Concello, con voz e sen voto.

Oitava.- Procedementos de selección.
Establécese o sistema de concurso de méritos e entrevista en atención á natureza específica do posto de traballo convocado.

A) FASE CONCURSO.- A puntuación máxima na fase de concurso será de 6,00 puntos en base ó seguinte baremo:

1. Antigüidade: Por cada mes enteiro realizado na Administración Pública, funcións similares ó obxecto do posto de traballo: 0,20 puntos por mes traballado, cun máximo de 2,00 puntos.

2. Por cursos relacionados coa actividade a desenvolver impartidos pola Administración Pública ou homologados ata un máximo de 2,00 puntos:

*. De máis de 200 horas: 1,00 puntos
*. De máis de 100 horas: 0,75 puntos.
*. De 70 a 100 horas: 0,50 puntos.
*. De 40 a 70 horas: 0,35 puntos.
*. De 15 a 40 horas: 0,20 puntos.
*. De menos de 15 horas: 0,10 puntos.

3. Cursos de iniciación ou perfeccionamento de galego:
Iniciación 0,50 puntos; perfeccionamento 1,00 punto. (No suposto de contar cos dous só se valorará o de perfeccionamento)

4 Outros documentos ou méritos de interese para o posto a de traballo.- ata un máximo de 1,00 punto.

* Estes méritos deberán acreditarse mediante orixinal ou fotocopia debidamente compulsada do Diploma ou Certificación onde conste a denominación do curso e o número de horas deste.

B) FASE DE ENTREVISTA .- A puntuación máxima na fase será cualificada de 0 a 4 puntos.
A criterio da Comisión de Valoración poderase realizar unha entrevista persoal aos candidatos que na fase de concurso acadaran unha puntuación mínima de catro (4) puntos, e consistirá na realización dunha entrevista-proba, na que o tribunal poderá preguntar sobre aspectos das materias do currículo así como de temas prácticos e teóricos relativos as funcións a desempeñar. Poderase mandar a realización dun suposto práctico, no período de tempo que determine o Tribunal.

Novena.- Puntuación final e relación de aprobados.-
A puntuación final será a suma das puntuacións obtidas na fase de concurso e entrevista, de acordo co baremo establecido nas bases. A Comisión de valoracións relacionará os aspirantes por orde decrecente da puntuación final obtida e propoñerá á Sra. Alcaldesa a contratación do aspirante que acade a maior puntuación final.

A Comisión de Valoración elaborará unha lista de espera por orde de puntuación, co resto dos candidatos, para que, no seu caso, en defecto do adxudicatario ou adxudicatarios da praza, sexan chamados por dito orden.

Décima.- Período de proba.
Establécese un período de proba dun mes.

Décimo Primeira.- Caracter vinculante das bases. Incidencias.
As Bases desta convocatoria vinculan ó Concello, á Comisión de Valoración e os aspirantes que participen no proceso selectivo convocado.

A Comisión de Valoración queda facultada para interpretar as bases da convocatoria, así como resolver cantas dúbidas e incidencias presente a súa aplicación e poderán adoptar os acordos necesarios procurando a boa orde e desenvolvemento do proceso selectivo.

Décimo Segunda.- Disposición final.
As bases da convocatoria e cantos actos administrativos deriven delas e das actuacións da Comisión de Valoración poderán ser impugnadas nos casos e na forma establecidos pola Lei 30/92, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/99, do 13 de xaneiro.

Premio para as promesas da literatura.

Unhas das premiadas reciben un diploma de mans do alcalde, José María Bello Maneiro.

As APAs dos colexios Xesús Ferro Couselo e de Baño, do concello de Valga, Infesta, de Pontecesures, e Progreso, de Catoira, celebraron a tradicional entrega de premios do concurso literario organizado conxuntamete polas tres asociacións.
A xornada de celebración comezou coa inauguración da exposición de pintura coas obras que fixeron os cativos dos dous centros valgueses, e que se poderá visitar no Auditorio durante uns días.

A continuación, e logo de ver como as cativas do Ferro Couselo, o centro organizador desta edición, se movían ao son de batuka, todos os asistentes tiveron a ocasión de gozar cun dos contacontos máis afamados de toda Galicia: Cándido Pazó, moi coñecido polas súas aparicións televisivas en diferentes producións audiovisuais.

Entrega de premios > Logo dunha hora de risas a esgalla, chegou o momento de coñecer aos gañadores do XII Premio Literario Interescolar, que organizan conxuntamente as ANPAs de Infesta (Pontecesures), Progreso (Catoira) e as valguesas de Baño e Xesús Ferro Couselo.

Os galardoados recibiron os agasallos de man dos alcaldes e concelleiros dos tres municipios, así como dos mestres e directivos dos catro centros escolares. De terceiro foron premiados Jacobo Dopazo, Rubén Villanustre, Andrea Novo e Manuel Serramito; en cuarto, Antía Figueira, Antía Sobrino, Samuel García e Iván Sanmiguel; en quinto curso, Julia Ribeiro, Julia Viqueira, Sabela López, Roi Pereira; e en sexto, Iria Esperón, Sergio Martínez e Laura Sanjurjo, que foron os protagonistas dunha xornada que rematou coa actuación das xóvenes pandereteiras, que asisten á actividade que organiza a ANPA de Cordeiro.
LOGO DA ENTREGA de obsequios e do broche final a cargo das cantareiras, alumnado, profesorado, proxenitores e autoridades gozaron dun ágape que serviu sobre todo para felicitar aos gañadores e intercambiar experiencias.

DIARIO DE AROUSA, 17/05/09

Relación de premiados no concurso «Letras Galegas 2009» das ANPAS de comarca.

O acto celebrouse no Auditorio de Ferreirós, correspondéndolle á ANPA do CEIP Ferro Couselo de Cordeiro organización do evento.
Logo da actuación do contacontos Cándido Pazó, entregáronse os premios aos nenos dos colexios participantes (CEIP de Baño-Valga e Ferro Couselo de Cordeiro, e CPI Progreso de Catoira e Pontecesures).

TERCEIRO DE PRIMARIA
1º Jacobo Dopazo Ferreiro (CPI Pontecesures)
2º Rubén Villanustre Loureiro (CPI Catoira)
3º Andrea Novo Agrafojo (CEIP Baño) e Manuel Serramito Gómez (CEIP Ferro Couselo)

CUARTO DE PRIMARIA
1º Antía Figueira Gómez (CEIP Ferro Couselo)
2º Antía Sobrino Romero (CPI Catoira)
3º Samuel García Castro (CPI Pontecesures) e Iván Sanmiguel Lorenzo (CEIP Baño)

QUINTO DE PRIMARIA
1º Julia Ribeiro Castiñeiras (CPI Catoira)
2º Julia Viqueira Valero (CEIP Baño)
3º Sabela López Caldelas (CPI Pontecesures) e Roi Pereira Angueira (CEIP Ferro Couselo)

SEXTO DE PRIMARIA
1º Iria Esperón Abril (CEIP Baño)
2º Sergio Martínez Gómez (CPI Pontecesures)
3º Laura Sanjurjo Susavila (CEIP Ferro Couselo)

Ademáis o 6º curso do CEIP Ferro Couselo gañou o I Premio de Investigación Escolar cunha recompilación etnográfica de Manuel de Gens.

Para rematar o acto interpretáronse unhas pezas por un grupo de pandereteiras de Cordeiro.