Con data 04/06/15 solicitouse, en relación coa obra que se estaba a realizar en solo rústico no Cagaxol sen licenza ocupando terreos municipais do Monte do Porto e que se tardou en paralizar máis dunha semana, consultar o expediente cos partes policíais, notificación da paralización, trámites en relación coa recuperación de oficio da posesión e escrito de comunicación da actuación á APLU. Pois ben; pasaron os cinco días hábiles de prazo que a normativa establece para a autorización da consulta e este concelleiro en funcións non recibiu dita autorización non podendo consultar o expediente.
Tampouco se lle facililtou a este concelleiro o informe solicitado o 07/04/15, reiterado o 04/06/15, en relación co feito de que a vivenda situada na rúa Doctor Mosquera nº 31 de Condide ten, logo dunha obra municipal en toda a rúa, unha tubaría de 200 mm para evacuaciòn de augas pluviais mentres as outras vivendas téñena de 110 ou de 125 mm como moito. Neste caso de presunto favoritismo, nin se facilitou o informe solicitado nin o concelleiro Ángel Souto informou a que se deben estes privilexios concretando se primeiro se colocou na vivenda un tubo de 110 mm e logo foi substituído por un de 200 mm e o custo de dita mellora, en materiais e horas de traballo, así como quen afrontou ese custo.
En fin, obscurantismo e incumprimento da normativa ante o que agora pouco podo facer. Mañá deixo de ser concelleiro e só queda pedirlle á oposición (imos ter outra vez o tripartito BNG/TeGa/PSOE presumiblemente co mesmo concelleiro de obras e con PP e IP na oposición) que se interese por estes temas que cito. Tanto o asunto urbanístico de de usurpación de terreos muncipais como o ocorrido na rúa Doctor Mosquera nº 31 coa tubaría de pluviais deben ser seguidos ao detalle. Aínda que tamén como simple veciño permanecerei atento ao que sucede no futuro con estes temas.
Pontecesures, 12/06/15
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP en funcións