O pleno de maio

Valoración do BNG sobre o acontecido no pleno ordinario do luns 25 de maio de 2009.

O BNG de Pontecesures fai as seguintes valoracións:

1ª En relación coas mocións apresentadas polo BNG. sinalar que, unha e outra vez que o BNG apresenta mocións para a súa aprobación , ás cales o equipo de desgoberno ve moi difícil votar en contra, este usa a estratexia de apresentar mocións alternativas ou enmendas á totalidade, como nesta ocasión, variando un pouco as peticións do BNG e só para non dar por boa a inciativa do noso grupo intentado ocultar así a súa falla de inciativa en temas como os tratados.. O BNG lamenta esta actitude pero aínda así e pese a elo, o noso grupo municipal votou afirmativamente aos cambios introducidos, pois o que se pretendía era por un lado a retirada por parte da Igrexa dos símbolos franquistas e relacionados coa guerra civil que figuran na fachada da igrexa parroquial de Pontecesures, e por outro deixar plasmada a actitude de Pontecesures en contra da producción de cultivos tranxénicos.

2ª. En relación coa proposta do tripartito acerca da modificación feita no IBI, o BNG mostrouse a favor de subirlle o IBI á autopista ao tipo máximo que permite a lei, pero manifestou que lle sorprendía o silencio mostrado unha vez máis polo PP do Sr. Randulfe, que intenta pasar desapercibido sobre as cuestións de impostos, cando hai dous anos a súa principal promesa electoral foi a baixada de impostos para os veciños e veciñas, e o único que fixo foi, pola contra crear impostos novos ??apretando? máis aos cesureños.

No apartado de rogos e preguntas, estas xiraron fundamentalmente sobre cinco asuntos, como forn a festa da lamprea, a feira do automóbil,o alumeado público, a tala de árbores do centro do pobo e a organización do entroido, amén de outras preguntas sobre arranxos e propostas de obras.

Festa da lamprea: O BNG lamenta a actitude deste ??desgoberno? en relación coa compra das lampreas e cos ??Valeiros? pois encargóulle esta únicamente a dúas persoas sen ofertarlle a posibilidade ao conxunto dos valeiros e máximo cando este ano foi un ano de lampreas..

Os mesmos integrantes do equipo de goberno do PP e Sabariz puxeron en dúbida a procedencia das lampreas desta edición, mentras polo PP se decía que todas as lampreas procedían do Ulla, o tránsfuga afirmaba que él non sabía de onde eran as lampreas. A acaldesa nin sabe nin responde e é de coñecemento de todo o pobo que as lampreas non eran siquera galegas.

Así o tripartito admitíu que non se falou cos valeiros, que tiñan que ser estos os que foran a ofrecerllas si querían, e o que é peor, desprezaron públicamente a este colectivo do noso pobo, sinalando que non lle importaba esta festa, que non colaboraban con ela e que preferían ??quedar na cama ese dia?, en palabras do tránsfuga Sabariz. Esta actitude do tripartito contra os valeiros parécenos totalmente inadmisible.

Feira do automóbil: No pleno quedou constatada a nula implicación do desgoberno municipal coa feira de automóbil Fegaclasic. Non só coas respostas dadas aos concelleiros do BNG no turno de preguntas senón no propio informe que leu a alcaldesa das actuacions desta para coa asociación cultural ??Mirándolle os dentes? dende o mes de xaneiro ata a propia feira, informe que no seu conxunto mostra con rotunda claridade a cantidade de obstáculos e trabas burocráticas que se lle impuxeron á organización cultural formada por veciños de Pontecesures. O seu desexo foi claramente que a feira fracasara.

Non contestaron, razoadamente nin cun mínimo de seriedade, porque dende o concello non se fixo aportación económica algunha á feira, só se lles ocorreu dicir que xa puxeron os municipais a traballar esos días e eso custou cartos en horas extraordinarias (como si non tiveran aos municipais a traballar esos días nos actos que celebraron na prazuela o sábado e o domingo con motivo das letras galegas). A alcaldesa minteu ao afirmar que todos os anos se celebraban actos das letras galegas o sábado e mailo domingo, cando é a primeira vez que no domingo se celebra algún acto, curiosamente para ter desculpas para que os organizadores da feira non poideran usar a prazuela. Todo foron obstáculos e trabas boicoteando a feira: baños, cortes de tráfico, etc

A mesma Maribel Castro, nun acto de cinismo e mala educación comeza o seu informe de presidencia felicitando aos grupos que participaron no festival das letras galegas e nin unha soa mención á asociación cultural ??Mirándolle os dentes?. Ante a pregunta, de porque non actuou nesta ocasión coa representación institucional que obstenta asistindo a algún dos actos da Feira, é á que foi invitada formalmente, resposta que ??non sabía que tiña que facer alí e que tiña cousas máis importantes que facer e que non ten porque dicilas aquíí e que xa mandou a un concelleiro que fora por alí?, mostrando deste xeito un aboluto desprezo á asociación, aos veciños que a compoñen, á feira e ao que supón de prestixio para Pontecesures e a todos os veciños en xeral.

O Grupo Municipal do BNG manifestou a vergoña axena que supoñen estas actitudes de todo o equipo (do PP de Randulfe, do tránsfuga e máis da alcaldesa Maribel Castro) para cun evento tan importante para este pobo como xa é Fegaclasic. Tremendamente lamentable antepoñendo intereses propios e ánimos revanchistas co interés de todo o pobo.

Alumeado público.
Voltouse a preguntar polos permisos aos veciños para colocar o alumeado público nas rúas centrais do pobo, contestando o Sr. Randulfe (prácticamente non tiña intervido em todo o pleno e para como o fixo mellor que seguira calado) que si se lle habían pedido permiso aos propietarios de todas as vivendas onde se instalaron as catenarias, citando o grupo municipal do BNG toda unha serie de edifícios onde con total seguridade se colocaron tales sen a mínima consideración de falar cos seus propietarios, deixando ao concelleiro do PP como um ??mentireiro? unha vez mais. A xuízo do BNG este tipo de alumeado non é o idóneo para este pobo, non só estéticamente (poden considerarse auténticas ??bacenillas colgantes?) que cun pouco de vento non farán outra cousa que meter ruido, senón que mais cableado polas paredes e atravesando a rua de parte a parte amosan unha imaxe do pobo que non nos gusta em absoluto.
Dende o BNG pedimos que se proceda ao soterrado do cableado (telefônica, electricidade, etc) pois é o que se está a facer em todas partes.

Organización do entroido
Despois da deficiente e nefasta organización do entroido neste ano, na que a Sra. Alcaldesa se repartiu os premios para si misma, e de diferentes categorias, o BNG preguntou porque se estaba a ??marear? aos pais dunha parella que resultando cun premio no concurso de disfraces, a dia de hoxe ainda non se lle dou este. ¿Como é posible que lle outorguen um premio e logo non se lle entregue porque según o ??desgoberno municipal? o premio xa llo deron a outros e agora non saben a quen foi?. A que altura de esperpento chega a actuación da Sra. Alcaldesa e dos seus socios, que fan ir polo concello aos pais dos afectados xa em tres ocasións e inda hoxe non recibiron tal premio, figurando como merecedor del na páxina web ofical do concello de Pontecesures. A resposta, ante a evidencia dos feitos, non foi outra que se intentará facer mellor para a próxima e xá está.

Tala de árbores xunto ao monumento ao Coche de Pedra. O BNG preguntou porque se habían talado as árbores nesa zona, se a política deste desgoberno era talar árbores e sustituir por cemento. Previamente, nos informes de presidencia, por primeira vez, a Sra. alcaldesa delegou este tema no tránsfuga (debe ser que ela non tiña estudiado o asunto) e este leu um amplísimo dossier, que o único interesante que viña a decir era que as árbores estaban em fase de senescencia, é dicir que ian indo para vellas, e que aconsellaban cortalos e comprar outros.

Dende o noso grupo municipal manifestámonos totalmente en contra desta decisión e poñemos en tela de xuízo tal informe, pois quixemos contar coa opinión dunha experta na materia, que se personou no lugar e da análise dos restos, asegurou que estas non tiñan enfermidade algunha e que ao seu xuízo gozaban de perfecta vitalidade, atendendo ao estudo das raíces, resina e outros elementos.

O tránsfuga manifestou que non coñecía nin oira a nadie do pobo, salvo aos ??nacionalístas? que estivera disconformes coa tala destas árbores. A resposta do BNG foi: ??vostede non oe o que non lle convén?

Baloncesto: Cadetes e Infantís xoganse este sábado o pase ás respectivas finais de copa, mentras a final das nenas queda para a vindeira fin de semana

Esta fin de semana os rapaces cadetes e infantís van xogar os ultimos partidos das suas liguillas copeiras. En ambos casos estes partidos virían sendo unha semifinal, quen gañe nos seus respectivos encontros vai pasar á gran final copeira da categoria.

En caso de pasar os cadetes saben que o rival sería o Cambados,xa clasificado para a final, e favorito na mesma, mentras que en infantis, no outro partido da xornada Estudiantes-Liceo, quen gañe tamén pasaría á final, polo que as 2 prazas están para calquera dos 4 equipos.

Infantil masculino: sabado as 5 da tarde en Pontecesures, contra o Liceo.

Cadete masulino: sadado as 19.15 h. en Pontecesures, contra o CB Pontevedra.

Por outra banda, a final de copa infantil feminina vai quedar para a vindeira semana.

Aclarado por parte da federacion que un erro seu foi o causante de que o Meco non se presentara a xogar o fin de semana pasado (non lles fora comunicado o horario, nin a data), eles fixeron prevalecer o dereito a organizar a final, por ser 1º na liguilla, e finalmente xogarase no Grove. Esta semana, na hora que tiñan pabillón, domingo ás 5, varias compoñentes do noso equipo teñen un festival, polo que quedou aprazado para a vindeira fin de semana, en horario por determinar.

El corto «Campás», rodado en Valga, se estrenará el 12 de junio.

El cortometraje «Campás», del director Jairo Iglesias, que fue rodado parcialmente en Valga a finales de 2008, será estrenado en el Auditorio de Cordeiro el próximo 12 de junio, viernes, a las 21 horas.
Así lo informó el Concello de Valga, que está invitado al primer paso, en Santiago, el viernes 5, al igual que la Escola de Teatro, «posto que parte da obra foi rodada aquí e actores da escola participaron como extras» al lado de artistas conocidos como Fernándo Morán, Belén Constenla, Vicente de Souza, Carlos Sante y Xosé Barato.
No es la única actividad prevista en el Auditorio para los próximos días. Esta tarde (20 horas), el vicepresidente de la Diputación, José J. Durán, entregará el cheque del Certamen de Bandas celebrado el 15 de marzo y las partituras para la próxima edición.
Mañana, a las 18 horas, la Biblioteca acogerá un taller infantil impartido por el escritor Santiago Jaureguizar para la creación de blogs culturales.
La semana se cerrará en el Festival de Verán, el domingo 31 en el Auditorio. Habrá números teatrales, musicales y exhibiciones de kárate, y batukada a cargo de vecinos, mayores y niños. No faltarán las coreografías e interpretaciones de temas fabulosos.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 28/05/09

O trigo e o millo xa medran no Pradiño.

A sementeira tivo lugar durante a mañá nunha parcela do lugar de Loncras, en Ferreirós.

Como xa vén sendo habitual nos últimos anos, a finca O Pradiño, de Loncras, reuniu onte a ducias de nenos e maiores de Valga para participar na sementeira, coa que se da inicio ao III Festival Interxeracional. Con esta iniciativa o Concello pretende pór en valor o seu patrimonio inmaterial e, ao mesmo tempo, recuperar algunhas das tradicións agrarias da localidade. Integrantes da asociación de maiores Axentiva, a de discapacitados Asmivalu, usuarios do Centro de Día e uns setenta nenos dos colexios de Baño e Cordeiro participaron na actividade, que contou coa animación das pandereteiras de Moldes. A recompensa tralo traballo foi unha opípara merenda a base de produtos da terra.

As vacas Gallarda e Roxa foron as máis madrugadoras e ás sete da mañá xa estaban na finca O Pradiño, de Loncras (Ferreirós) para comezar a tirar do arado de pao e gradar o terreo. As dúas rubias galegas atenderon as ordes do seu amo, ??o ferreiro de Senín?, e abriron os regos na terra e xa tiñan case todo preparado cando chegaron, arredor das once da mañá, integrantes da asociación de maiores, usuarios do Centro de Día e uns setenta escolares dos colexios de Baño e Cordeiro dispostos a sementar, pero seguindo as vellas tradicións agrícolas de Valga e sen botar man de maquinaria en ningún momento.
Os maiores levaron a iniciativa e botáronse á leira con enerxía para ensinar aos máis mozos como se plantaban antano estes cereais. Os nenos pronto se animaron e puxeron o seu grao de area na actividade. Nesta terceira edición do Festival Interxeracional a principal novidade foi a introducción dun novo cereal: o millo. Nas dúas ocasións anteriores unicamente sementaran trigo, pero este ano os organizadores apostaron por ampliar a oferta de actividades e introducir un novo cultivo. O obxectivo é tamén recuperar parte da cultura asociada, como cantigas sobre o millo e outras composicións tradicionais.

A algúns veciños parece que lles gustou a idea de diversificar: ??a ver se despois fan algunha empanada de millo, que che me gusta bastante máis que a de trigo?, comentaba unha muller. Porque o Festival Interxeracional non rematou coa sementeira, senón que nos vindeiros meses celebraranse a recolleita, a malla e a moenda dos cereais, para concluír cun serán no que se degustarán produtos ­pan, empanadas, doces…­ feitos co trigo e o millo colleitados.

O proceso explícao unha das participantes, Albina Rodríguez, que recorda á perfección como se traballaba a terra antano: despois de estender esterco para abonar o terreo, labrábase a leira para, a continuación, ??gradar? a parcela. ??As vacas facían o rego e a xente tapaba a semente e aló polos meses de agosto ou setembro recollíase o trigo e atábase en monllos para estendelo ao sol e deixalo secar ata a malla?, lembra Albina.

A xornada de onte estivo animada pola música e as cancións das pandereteiras de Moldes: Maruja, Olga, Nela e Esther, ás que acompañaron varias nenas do colexio Ferro Couselo. E para rematar, nada mellor que unha recompensa polo traballo ben feito en forma de merenda. Nenos e maiores ??puxéronse as botas? a base de chourizos, pan de millo, bolas de pan de trigo, sardiñas e queixo da terra, todo regado por viño do país.

E así, coa barriga chea, marcharon todos do Pradiño, a onde voltarán cara finais do verán para comprobar se o trigo e o millo medraron e proceder á súa recolección. Mentras, non queda máis que agardar que a climatoloxía sexa favorable e non chova en exceso nos vindeiros meses, e tamén que os paxaros sexan respectousos coa colleita xa que, polo momento, espantallo non hai.

DIARIO DE AROUSA, 08/05/09