Os nosos parabéns para….

Queremos dar os parabéns polas novas instalacións deportivas no CPI Pontecesures, especialmente o novo campo de 3 x 3 que se instalou no patio. Neste campo pódense practicar varios deportes.
Tamén nos gustaría mostrar o noso agradecemento pola instalación de novos farois na rúa S. Lois e a Prazuela, así como na fachada da igrexa parroquial.
Por último, os nosos parabéns para as novas instalacións deportivas feitas no monte de Porto que inclúe céspede artificial no campo de fútbol xa que o antigo non permitía a práctica adecuada deste deporte.

Artigo de Raúl Trasande Silva e de Víctor Sanmarco Suárez. 4º ESO B
Revista «O voceiro do Pino Manso» do CPI Pontecesures.

Clasificación final do torneo de fútbol sala de Pontecesures

table(tabla).
|_. POSTO |_. EQUIPO |_. PTS |_. J |_. G |_. E |_. P |_. GF |_. GC |_. DG |
| 1 | TABERNA VIEITES | 51 | 20 | 16 | 3 | 1 | 95 | 48 | 47|
| 2 | GRUAS ESTACION | 44 | 20 | 13 | 5 | 2 | 96 | 50 | 46|
| 3 | BAR O PEMENTO | 42 | 20 | 13 | 3 | 4 | 94 | 46 | 48|
| 4 | A CHARCA | 32 | 20 | 10 | 2 | 8 | 84 | 67 | 17|
| 5 | VIDEO CLUB VIBE | 30 | 20 | 9 | 3 | 8 | 74 | 60 | 14|
| 6 | REDESYL | 26 | 20 | 8 | 2 | 10 | 79 | 59 | 20|
| 7 | HIERROS STª CRUZ | 25 | 20 | 8 | 1 | 11 | 68 | 108 | -40|
| 8 | A ESTORNELA | 24 | 20 | 8 | 0 | 12 | 80 | 98 | -18|
| 9 | LERO?O | 17 | 20 | 5 | 2 | 13 | 72 | 106 | -34|
| 10 | NU-2 | 13 | 20 | 4 | 1 | 15 | 58 | 92 | -34|
| 11 | CONSTRULITO | 9 | 20 | 3 | 0 | 17 | 43 | 109 | -66|

* CAMPI?N : TABERNA VIEITES
* SUBCAMPI?N: GRUAS ESTACI?N

MÁXIMOS GOLEADORES

* 1.DANIEL MOSQUERA PORTAS de GRUAS ESTACI?N con 35 goles
* 2.RUBEN GARCIA RODRIGUEZ de A CHARCA con 24 goles
* 3.BENITO BLANCO CAAMA?O de HIERROS STª CRUZ con 23 goles

Aquí Radio Valga! Cumprimos dez anos. II parte.

O domingo pasado falaba do inicio das emisións de Radio Valga, o 15 de maio de 1999 e que ás 11 da mañá do 7 de agosto dese mesmo ano regresaba ás ondas, pero en Radio Valga, despois de estar na radio do instituto Camilo José Cela de Padrón , o lendario programa «Maquinillos no Horizonte», copresentado e codirixido por Chema Aboy e por quen lles escribe estes parágrafos. «Maquinillos no Horizonte» fora o primeiro programa da emisora que tiña chamadas en directo e que era bastante máis moderado, nas súas formas, ó que faciamos no instituto. A parte das trangalladas, imitacións, desmadres e a musica habitual da orquestra «Los Satélites», «Beeges», «Modern Talking», «Los Metálicos», «A Roda», «Ana Kiro», «Heredeiros da Crus»…Chema falara aos oíntes da vida e costumes do escarabello peloteiro, xa que de animais Chema é un bo coñecedor, e eu falei dun importante eclipse de Sol que ía acontecer nesa semana e da morte, nun tiroteo coa policía, do verdadeiro Cocodrilo Dandee, persoeiro coa que se inspiraran, en parte, para a realización da película australiana do mesmo nome. E claro está, non podían faltar o anuncio das festas dos Dessamparados da Devesa, as de San Lourenzo e San Bertomeu de Seira, e as de Ssanta Baia de Oeste e a do Pemento de Herbón, que ese día se celebraba. Hai que dicir que para dar conta dos programas festeiros, eu que andaba todos os días en bicicleta, levaba na carteira das ferramentas unha libretiña que servía para apuntar as orquestras e as festas que estaban anunciadas nos carteis postos nos carballos, nas paradas do coche de liña e nos bares.
Os sábados pola maña eran moi intensos, coa emisión de varios progrmas diferentes coma era o caso de «Polisón», no que ?scar Cereijo (Noise Project) daba a coñecer aos oíntes grupos de música alternativa e independente, tamén rapaces coma Ignacio, os irmáns Lois facían aportacións…e que me perdonen outros que estiveron, por non lembrarme dos sesus nomes neste momento. Tamén estes programas gravábanse á súa vez en cinta, coa finalidae de voltar a repetilos durante a semana, e iso era ás veces simpático e incrible, porque resultaba estrano escoitarte pola radio estando na casa, e á vez simpático, porque as veces os veciños e amigos víante pola rúa, mentres radiofusionaban o noso programa, e mirábante sorprendido, preguntándome como era posible que estivera andando por alí, si me estaban a escoitar nese mesmo intre.
Sin embargo, a pesar do «éxito», «Maquinillos no Horizonte», tivo unha vida moi efímera na nova emisora, e durou un mes, e as causas disto, de momento, son segredo de Estado. Mentres os demais programas continuaron un pouco máis de tempo, colaboradores coma Miguel Lois e ?scar Cereijo tamén se adicaron a presentar un programa de deportes, que tiña coma sintonía o coñecido tema «Sussudio» de Phil Collins. Durante estes primeiros anos tamén destacarían as colaboracións de Marisa Castiñeiras sobre o mundo do cine e os estreos, nun espazo dentro de «A Nosa Mañá» da directora Teté Rocamonde. Con todas estas bases a emisora iria pouquiño a pouquiño dándose a coñecer á audiencia, que daquela non era moita. Entre as causas disto estaba a pouca cobertura que tiñamos. Daquela as nosas ondas recibíanse con dificultade, coma moi lonxe, ata Lestrove ou Iria, e non existía cobertura total no territorio do Concello de Valga, xa que no Pino ou en Cerneira, debido ás interferencias doutra emisora, xa non nos podían ouvir.
Pasado un ano, no mes de xuño de 2000, comeza a traballar o gran experto en deportes, especialmente apaixoado co fútbol, Héctor Bermúdez, presentando en horario de 13:30 a 14 horas o programa «O teu deportivo», e logo polas tardes «Moito máis que música», progama que hoxe aínda segue en antena de forma continuada dende aquela, da man da mesma persoa. Tamén pola mesma época chega Rosa Bandín, que copresentará «A Nosa Mañá», con Teté Rocamonde. Polo tanto en 2000 a plantilla da emisora era xas de tres persoas, sen contar cos colaboradores, do que un servidor formaba parte, presentando o musical e de festas «O Expreso das 4.30», mentres outros colaboradores realizaban o programa de música dance «Discorava». Facendo así un rápìdo repaso, salientamos que entre os anos 2001 e 2002 estivo traballando coma locutora procedente de Tele Salnés, a polifacética Silvia Cerneira, deixando a emisora para participar na 1ª edición do concurso «O Rei da Comedia» na TVG. En 2002 outra muller, Lidia Gallas, entra en Radio Valga, continuando na actualidade en «A Nosa Maña». A principios de 2003 Teté Rocamonde deixa Radio Valga para se incorporar coma presentadora a Tele Salnés, polo que a dirección pasa a mans de Hector Bermúdez que será o encargado de capitanear os destinos da emisora ata os nosos días, ó tempo que a radio ía tomando cada día máis solidez, ata converterse nun referente indiscutible e líder de audiencia nos concellos de Valga, Pontecesures, Padrón, Dodro, Rois…así coma contar con oíntes espallados polos concellos de Rianxo, Catoira, Ames, Brión, Negreira, A Baña, Teo, Caldas, Cuntis, Val do Dubra…Para que estes logros foran posibles, a parte de dispoñer dunha programación moi aberta á participación dos oíntes, cabe salientar as melloras técnicas, como a posta en marcha do reemisor do monte Albor a finais de 2003, aumentando notablemente a cobertura así coma a introducción de ordenadores e unha nova mesa de son nos estudios.
Tamén destacar, si nos recordo mal, que a partires de 2004, por iniciativa dos nosos oíntes, comezaron as tradicionais ceas-festas da audiencia de Radio Valga, que comezaron cunhas 90 persoas atas as 500 na actualidade. Do mesmo xeito tiveron éxito as festas campestres, que tiveron lugar polo mes de San Xoán no Parque Irmáns Dios Mosquera de Valga, que reuniron, en varias ocaisóns, un bo número de oíntes para comer pulpo e churrasco na carpa do pulpeiro Lito Mambís, completado co disfrute de diversas actividades lúdicas, coma xogos tradicionais e actuacións musicais.
Con iste pequeno resumo, quixen lembrar e dar a coñecer como foi o inicio da emisora, xa fai 10 anos, porque contar despois as cousas salientables que ocorriron nos nove anos seguintes sería materia non só de máis artigos senón xa de un libro. E dende aquí dar as grazas a todos os oíntes, casas comerciais e ó Excelentísimo Concello de Valga, que confiaron sempre nesta emisora, na emisora de todos vós, porque nós sen vós non imos a ningures, esperando estar moitos anos máis ó voso carón, compartindo música, ilusións, compaña, chamadas, opinións, amizade, Grazas.

Artigo de Daniel Seijas Llerena
«Arousa, un mar de cultura». DIARIO DE AROUSA, 07/06/09

La IV Festa da Xuventude amplía la variedad de juegos y propone un «grand prix» con vaquillas.

La Concejalía de Cultura de Valga ultima la cuarta edición de la Festa da Xuventude, que se celebrará en el entorno de la playa fluvial de Vilarello los días 27 y 28 de junio. La variedad de juegos será mayor que nunca, con algunas citas clásicas ­como el mundialito de fútbol por aldeas, el torneo de brilet o ??En busca do pato perdido?­ y otras propuestas novedosas. En este último grupo se incluyen el salto de la comba, la ??turrasoga?, el pañuelo, el ??Rolo tolo? o carreras de sacos por equipos.
Los vecinos que quieran participar en estas actividades ya pueden inscribirse en el Concello y consultar las bases de cada prueba. Por ejemplo, en el mundialito de fútbol se introdujo como exigencia que cuatro de los cinco componentes del equipo deben ser vecinos del municipio valgués. Este campeonato repartirá cuatro premios de 300,150, 100 y 50 euros, y los dos primeros en el brilet se llevaran 300 y 200 euros.

En el resto de juegos individuales habrá dos premios de 100 y 50 euros, y en los colectivos también se designarán a dos equipos ganadores, que conseguirán 200 y 100 euros, dependiendo si ocupan el primer o el segundo puesto.

La noche del sábado, 27 de junio, estará amenizada por distintos estilos de música. Actuará una orquesta ­pendiente de confirmar­ y, a continuación, ofrecerán un concierto los grupos de rock ??Black Sould Motard?, ??Kephir?, ??Yoplay? y ??Noise Project?.

A partir de las 19 horas del domingo llegará la tradicional cita taurina, con cuatro vaquillas traídas de Zamora. Saltarán al ruedo varios recortadores y después se pedirá la participación del público al más puro estilo ??grand prix?, ya que la gente podrá jugar al fútbol o a las sillas con las vaquillas pululando a su alrededor.

DIARIO DE AROUSA, 05/06/09

O «Joyería Riveiro» vai quinto a unha xornada para rematar a liga.

Tras gañar o pasado sábado ao «Tapería Pilaro por 1-0, o «Joyería Riveiro» de Pontecesures segue na 5ª praza da Liga de Fútbol Veterano, con 68 puntos, nunha táboa encabezada polo «Playa de Lagos». Aínda pode loitar polo ascenso cesureño na derradeira xornada que se disputa o sábado que ven. O segundo clasificado ten 71 puntos, mentres o terceiro e o cuarto están empatados a 70 puntos.