Tras as críticas recibidas polo voceiro do PP pola suposta ??falta de previsión? na obra ??Adecuación do parque infantil Vicente Moure? este equipo de goberno quere matizar o seguinte:
1º Foi a Deputación de Pontevedra a encargada de adxudicar directamente a obra á empresa Lappset España VR S.L.: en todo caso debería pedirlle responsabilidades á Deputación.
2º Con data 25 de abril de 2014 recíbese no Concello (rexistro de entrada 811) a confirmación da adxudicación á empresa Lappset España Vr S.L. da obra do parque infantil Vicente Moure.
3º O día 5 de maio a empresa Lappset e a Deputación firman o contrato da obra no que por lei a empresa ten un mes para comezar a obra e outro mes para rematala.
4º O día 5 de xuño, tal e como marcan os prazos, a empresa comeza a obra. Ten un mes para rematala, pero tras as conversas do equipo de goberno coa empresa consíguese que se remate o día 27 de xuño acortando nunha semana o prazo establecido pola Deputación.
5º Polas propias características do proxecto é preciso gardar o tempo necesario para que a herba medre o suficiente para cumprir a súa función.
Erra o voceiro do PP en criticar ó Concello xaquelogo debe dirixir as súas queixas ó Organismo que se encarga da adxudicación que neste caso é a Deputación de Pontevedra.
Respecto á herba supoño que non será culpa do equipo de goberno , nin da Deputación que non medre ó ritmo que quere o voceiro do PP xa que a natureza e a climatoloxía ??son así de caprichosas?.