Os «Amigos do Mar e da Montaña» participaron na noite meiga de Castrolandín.

Os mozos de Valga, Cuntis, Pontecesures, Poio e Vilanova (35 mozos entre 13 e 16 anos) que participan no campamento de verán «Amigos do mar e da montaña» que o xoves pasado chegaron a Cuntis, acudiron nesa noite á «Noite Meiga» ademais de visitar o balneario Termas de Cuntis e participar nun obradoiro de elaboración de máscaras e disfraces.
Precisamente estas vestimentas creadas por eles foron as que despois luciro durante o espactáculo de Castrolandín en Cuntis. O venres pasado remataron a súa estadía en Cuntis.

BALONCESTO ACB: OBRADOIRO EMPEZA A LIGA CONTRA O BARSA EN SANTIAGO

Será a fin de seman do 10/11 de outubro cando arranque a liga ACB (a considerada por todos a 2ª mellor liga do mundo). e este ano imos ter a un club santiagués, o Obradoiro, disputando dita liga.

Pois o sorteo deparou que na 1ª xornada acuda ó pabillón do Sar, o todopoderoso Barcelona (actual campión da liga).

O calendario completo podedelo atopar:

http://www.elcorreogallego.es/deportes/baloncesto/ecg/xacobeo-blu-sens-arranca-acb-sar-frente-bar/idEdicion-2009-07-31/idNoticia-453832/

Tamén sinalar que a campaña de socios do Obradoiro vai escomezar o próximo mércores 5 de agosto. Os prezos dos carnets de socio para toda a tempada van dende os 120 ós 360 ? (prezo por adulto normal). hai ate 7 zonas diferentes o pabillón cada unha cos seus prezos, segundo a ubicación. A directiva deste club soña con ter cubertas con aboados as 5.500 localidades que ten coma aforo este recinto deportivo.

Dende logo é unha oportunidade histórica para poder disfrutar do mellor baloncesto europeo preto do noso pobo.

«Queremos un museo galego onde se recollan os vehículos antigos».

O delegado en Santiago do Clube Galego de Automóbiles Antigos, Emilio Fraga (Santiago, 1949), organiza o segundo Paseo Turístico Vigo-Santiago polas rías, Ruta Xacobea da Costa, que se celebrará do 22 ao 26 de xullo e no que poderán verse auténticas reliquias automobilísticas. Emilio chegará a Santiago o día 25 ao volante do seu Fiat Balilla do ano 1935.
-¿Que se fará en Santiago?
-Os coches concentraranse na cidade o sábado 25 e o domingo 26. O sábado haberá en Praterías un concurso de traxes de época e logo quedaremos no Obradoiro. Ademais, os máis antigos estarán na Alameda para conmemorar o centenario da feira rexional de Santiago do 1909. O domingo haberá concentración na estación de Renfe e logo iremos ao Obradoiro para asistir á misa do peregrino.
-¿Cal é o obxectivo do paseo?
-Queremos facer un chamamento ás autoridades para que se faga un museo galego de automoción onde se recollan os vehículos antigos, e así todos poidan gozar deles. Queremos sensibilizar á xente, xa que se non se fai nada, estes coches acabarán desaparecendo ou marchando de Galicia.
-¿Haberá algunha sorpresa?
-Este ano traeremos un coche especial, un Brush do ano 1909, que foi o primeiro vehículo en atravesar Australia de norte a sur. Ademais, suponse que só hai dous no mundo e este estará en Santiago os días 25 e 26. Tamén levaremos o sábado a Alameda bicicletas do século pasado.

LA VOZ DE GALICIA, 14/07/09

Reposta do goberno de Pontecesures á nota da Asamblea Local do BNG sobre a visita de Cores Tourís.

1-O Delegado da Xunta, Cores Touris, comunicoulle a 48 alcaldes/as da provincia de Pontevedra como representantes institucionais dos Concellos a visita que ía realizar na rolda de contactos establecidos con todos os municipios. Os integrantes das tres forzas políticas que integramos o goberno tivemos unha reunión de véspera para acordar as necesidades a expoñer á Xunta de Galicia, que foron fundamentalmente que se retomen os asuntos pendentes (beirrarúas da Avda. de Arousa e rúa Ullán; rehabilitación do peirao e do Camiño Portugués en Carreiras, comedor escolar, vivendas sociais en Porto, local de Protección Civil, etc…). A posición do goberno foi unánime; e non poden os nacionalistas cesureños lanzar unha mensaxe de desunión no goberno que é completamente falsa.

2-Como o Sr. Cores Tourís quería coñecer os proxectos dos gobernos locais, non estimamos oportunos citar aos membros da oposición. O mesmo fixeron os outros 43 concellos visitados ata agora polo Delegado da Xunta de Galicia (entre eles Tomiño e Pontevedra, con alcalde nacionalista). En ningún municipio asistiron a estas reunións concelleiros/as da oposición.

3-Precisamente o alcalde anterior de Pontecesures, e agora voceiro do BNG, non é o mellor exemplo de contar con toda a corporación nos respectivos actos e nas tomas de decisións. Todos lembramos a marxinación que tivemos que sufrir na lexislatura anterior coas visitas do antigo Vicepresidente da Xunta e das antigas autoridades de Cultura e Deportes sen avisar a ninguén, o incumprimento en canto a selección do persoal do obradoiro de emprego, e as xestións oportunistas e personalistas en toda a súa xestión.

4-Claro que falamos do Centro de Día e nos interesamos polas intencións da nova Xunta en canto ao financiamento e mantemento destas instalacións. En canto teñamos a información detallada se tomarán decisións. En canto ao polígono industrial, coñece o BNG de Pontecesures, que ante a situación de grave crise é necesario consultar cos empresarios o interese actual que teñen, para estudar a viabilidade económica. Dende logo non está interesado o goberno local en ter un polígono pantasma e practicamente baleiro como pode apreciar en moitos lugares da comarca.

5-Resulta realmente sorprendentes as críticas do BNG en materia de invitación aos actos. Onte mesmo, logo de acudir á procesión do Carme, o voceiro da oposición, Álvarez Angueira e as concelleiras Cecilia Tarela e Margarita García, foron convidados a asistir a un acto (unha simple merenda) coas persoas e colectivos que colaboraron desinteresadamente coas festas co fin de departir uns intres con eles e darlle as grazas en nome da institución. Non se presentou ningún dos tres. Así é como tratan de prestixiar a institución da que forman parte. Lamentable.

Galicia tendrá ente ferroviario propio que gestione el cercanías.

El conselleiro de Territorio brindó su apoyo a la propuesta de los diez municipios que reivindican que se mantenga la línea de tren desde Arousa a Lavacolla pese al AVE ·· La Xunta reclamará las competencias sobre el eje viario

Oposición frontal a cualquier propuesta de desmantelamiento de la red ferroviaria tradicional pese a la llegada de la alta velocidad. Con esta premisa en firme, la Xunta, a través del conselleiro de Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández, brindó ayer su apoyo a la conservación de la línea de tren de cercanías entre Arousa y Lavacolla, demandada por los municipios de Vilagarcía, Catoira, Valga, Pontecesures, Padrón, Rois, Teo, Ames, Santiago y O Pino.

En un encuentro mantenido entre el conselleiro, el director xeral de Mobilidade, Miguel Rodríguez, y la comisión defensora del trazado de cercanías, que incluye a representantes de los diez municipios (aunque Vilagarcía no participó ayer) y de la Asociación Amigos do Ferrocarril, Hernández confirmó que la Administración autonómica creará un ente ferroviario gallego para gestionar el transporte de cercanías. El responsable de Infraestructuras señaló que el transporte ferroviario de cercanías formará parte esencial de la mejora de la movilidad que el Gobierno gallego acometerá en las ciudades y sus áreas de influencia, por lo que calificó de «incuestionable», la necesidad de mantener la vías actuales.

Audio
En Radio Obradoiro, el alcalde de Rois destacaba la unanimidad reinante en la reunión de ayer, a la hora de pedir que no se desmantelen las vías y que sean utilizadas en beneficio de los ciudadanos. Ramón Tojo.

En términos parecidos se expresaba, también en esta emisora, el concejal de Promoción Económica de Teo. Anxo Rei, que destacó la gran receptividad demostrada por parte de la Xunta, se mostró convencido de que levantar las vías tradicionales sería un atraso. Y es que, según el edil, aunque no tienen utilidad para el AVE, sí la tienen para un servicio de cercanías.
El primer paso para la consecución de un ente ferroviario propio será negociar con el Gobierno central la transferencia de la red ferroviaria gallega que no afecte a otras comunidades, lo que permitirá la explotación de dichas vías por el ente ferroviario gallego, que asumirá su gestión. Desde este organismo se promoverá el estudio y puesta en práctica de diferentes medidas encaminadas a la mejora de la rentabilidad de estos servicios. «Non se trata dun reto a curto prazo -advirtió Hernández- pero mentres calquera intento de desmantelar a rede existente contará coa oposición frontal da Xunta porque é un compromiso de goberno rentabilizar esas infraestructuras para o transporte metropolitano».

Por su parte, el presidente de la Asociación Española de Amigos del Ferrocarril, Carlos Abellán, valoraba ayer muy positivamente el encuentro. «Quedou de manifesto que a Xunta se integra na comisión de traballo en defensa desta liña, na que existe total unanimidade» afirmó, y añadió que «tratamos tamén temas de maior profundidade como o tren lixeiro entre Ames e Santiago».

EL CORREO GALEGO, 16/06/09

O BNG co Obradoiro de Emprego

O pasado xoves día 11 levouse ao pleno unha moción para a aprobación e solicitude do proxecto de Obradoiro de Emprego para o noso concello.

O Grupo Municipal do BNG, ve deficiencias notorias tanto no proxecto en si, como no propio proceso de solicitude, e así o fixo constar no pleno.

Criticamos a tardanza en presentar este proxecto ao pleno. O derradeiro obradoiro de emprego rematou a súa actividade en decembro de 2007, e dende entonces ata hoxe transcorreron prácticamente dezaoito meses, chegando agora ??tarde, mal e arrastro? pois tivo que convocarse un pleno extraordinario coa máxima urxencia, agotando todos os prazos, porque de non ser así o luns remataría o prazo estipulado para presentar a solicitude e se tería perdido todo o ano, tendo que esperar para poder facer a solicitude ata marzo do ano 2010. Dende O BNG criticamos este feito, e máxime cando xa se perdeu a oportunidade de realizar esta solicitude no pasado mes de marzo, perdendo así a primeira convocatoria do ano e non entrando polo tanto a ??competir ?? con proxectos doutros concellos, tempo perdido que outros nos levan adiantado . Asimesmo o BNG lamenta que non tivera á súa disposición, para a debida consulta e estudio, a totalidade do proxecto como é preceptivo, chegando ao pleno sen coñecer en detalle o mesmo.

En canto ao contido do proxecto, o BNG lamenta que non se conte alomenos cun cuarto módulo (só se solicitan tres), no que ao noso xuízo debería estar incluido un módulo de carpintería, con outros 15 alumnos-traballadores, dado que, en canto a materiais, ao concello non lle sairía moi caro ao contar coa maquinaria adquirida xa para o último obradoiro e que se atopa gardado na nave-almacen do propio obradoiro. Estaríamos dando oportunidade de formación a máis alumnos, diversificando máis a oferta formativa, aínda que a administración recortase algo, como soe facer, o número de alumnos por módulo, pero non vemos lóxico que sexa xa o concello o que demande menos módulos.

A resposta máis inaudita a esta petición do BNG douna sen dúbida a Sra. Alcaldesa, ao decir que xa lles pasara pola cabeza pero que decidiron non incluila porque non sabían que traballos de carpintería se podían poñer no proxecto . Esta resposta non necesita máis comentarios pois da fe, por sí soa, dos xestores que están ao frente do concello. Para porse a rir ou a chorar. Algún outro concelleiro do goberno dixo que agora xa non lle daba tempo, nin deste módulo nin do de Axuda no Fogar, ainda recoñecendo que este resulta máis atractivo que outros para os alumnos e incluso para a Administración autonómica.

Tamém critica este Grupo Municipal a temeridade e o perigo para a viabilidade do proxecto, por parte do concello, por incluir no mesmo unhas obras das que non se ten a seguridade de ter a titularidade delas no momento de, caso de ser aprobado pola administración autonómica, comezar o obradoiro. Estamos a referirnos ao entorno do ??Muiño da Chancela?, pois hoxe por hoxe o concello non conta co visto bo de todos os propietarios afectados, nin tan siquera co dos posibles usuarios do propio muiño.
O BNG manifestou no pleno que se dialogue e se busque o acordo cos afectados e non sea a expropiación a ameaza contra deles.

Non obstante e feitas todas as críticas e suxerencias de mellora, o BNG votou afirmativamente, pois estamos a facer, como vimos demostrando ao longo da lexislatura, unha oposición seria e constructiva, antepoñendo os intereses do pobo frente a intereses partidistas, e entendemos que na situación de crise económica actual, cun alto índice de paro no noso concello, é prioritario levar adiante actuacións que axuden a paliar os efectos do paro e a facilitar a aprendizaxe de profesións a fin de que os alumnos-traballadores poidan logo insertarse con maior facilidade no mercado de traballo.