O día 18 de xaneiro selecciónase a administrativo do obradoiro de emprego.

Na Delegación da Consellería de Traballo en Vigo, e para comparecer entre as 9,30 e 9,50 horas do día 18 de xaneiro de 2007, están citadas as tres aspirantes que optan a seren administrativa do obradoiro de emprego. As tres desempregadas preseleccionadas pola Oficina de Emprego de Vilagarcía, logo da presentación da oferta de emprego polo Grupo de Traballo Mixto son: Carmen Iglesias González, Dolores Oliveira Pardal e Ana Luz Tarela Barreiro.
As citadas persoas serán entrevistadas polo Grupo de Traballo Mixto que seleccionará a unha delas. Lémbrase que o citado grupo está composto por tres representantes da Delegación de Traballo e por tres representantes do Concello (o alcalde, Maribel Castro e Margarita García Castro)

Nestlé Pontecesures ??La lechera?, concede unha canoa de máxima calidade ó palista do Club Náutico Pontecesures Campión de España de Inverno e integrante da Selección Nacional Junior.

A Dirección do Club Náutico Pontecesures, cá satisfación de contar entre os seus palistas con un Campeón de España de Inverno e actual integrante da Selección Nacional Junior, convocado e concentrado no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Galicia, inicia contactos ca Directora da Fábrica Nestle ??La Lechera? de Pontecesures, que gracias ó seu interese polo traballo e resultados que se estan a conseguir neste Club, xestiona a través da Dirección Xeral de Nestlé España, que se rindan ó esforzo deste palista e recoñezan o traballo realizado polo palista e polo Club para conseguir uns resultados tan importartes. Os resultados desta xestión permiten a Dirección Xeral de Nestlé, mercar unha Canoa da máxima calidade para utilización de este palista nas competicións de máximo nivel que disputará por todo o territorio naciónal e campeonatos internacionais.

Esta embarcación levará inscrita na súa superficie os logotipos de ??Nestlé? e de ??La Lechera?, nova simboloxía da Fábrica de Pontecesures.

De esquerda a dereita:
Javier Bouzas[1] – María do Carmo Pinto Ferreira[2] –
André Oliveira[3] – Angel Barreiro[4]

Dende a Dirección do Club Nautico Pontecesures, agradecer a Directora de Nestlé Pontecesures Srta. María do Carmo Pinto Ferreira, e ó Xefe de Recursos Humanos, D. José Manuel Carregal Dieguez, o interese por colaborar con este Club, e o seguimento que realizan do traballo e resultados que se están a conseguir dentro do Piragüismo nesta pequena localidade, a cal sin embargo goza dunha gran tradición nos deportes náuticos.


André Olivera
Campeonato de España de Fondo 2006

fn1. Director Técnico

fn2. Directora Fábrica Nestlé ??La Lechera? Pontecesures

fn3. Canoista Selección Nacional Junior.

fn4. Presidente do Club Náutico Pontecesures

Adrián Vicente e Álvaro Loureiro para a Selección Galega. André Oliveira para a Selección Española

Os resultados acadados polos deportistas do Náutico Pontecesures non pasan desapercibidos os ollos dos directores técnicos da federación galega asi como da federación española.

Adrián Vicente canoísta cadete repite concentración na selección galega no CGTD de Pontevedra, donde o ano pasado colleitou un resultados aceptables, esta tempada vindeira deberá demostrar todo o seu potencial.

Alvaro Loureiro canoísta infantil proclamouse campion de España esta tempada, e vai por primeira vez concentrado ca selección galega no CGTD donde compartirá adestramentos con Adrián.

André Oliveira canoísta xuvenil, gracias os magnificos resultados acadados está concentrado na selección española xuvenil donde terá novos e interesantes retos a nivel deportivo. Está concentrado no CGTD en Pontevedra.

Esta tempada completouse un papel sobresainte para as aspiracions do Náutico conseguindo o posto 20º na clasificación xeral da Liga Nacional de Piragüismo «Hernado Calleja», así como o 10º posto na Copa Xunta de Galicia (liga galega).

Dende aquí quero aproveitar a ocasión para felicitar a todos os palistas do club polo gran papel que fixeron. Asemesmo agradecer as persoas que colaboran dia a dia e fixeron a miña estancia no club mais agradable, Paco, Pepe, Pacho, Hermo, Mon, Luis, espero que non me quedase ninguen atrás, e a mención especial para o artifice de todo este proxecto «presi» Angel Barreiro.

Un saudo, Javier Bouzas

Las «Viejas glorias» del PP vuelven a disputarse el poder en Pontecesures

El PP de Pontecesures se enfrenta a un proceso de renovación de cara a formar la nueva gestora y, a posteriori, buscar la candidatura que concurrirá a los comicios de 2007. El sábado se cierra el plazo para presentar los avales y el día 30 tendrá lugar un congreso al que, a priori, se presentarán dos listas, ambas lideradas por ??viejas glorias? de la formación conservadora, como son Rafael Randulfe y Manuel Magariños.

(más…)

Travesía Ría de Foz

O pasado martes 25 de Xullo, día do Apóstolo, levouse a cabo travesía da ría de Foz cun percorrido total de 14 km para as categorías cadete, xuvenil e senior. O club Náutico acudiu con 8 palistas. Estes foron os resultados acadados:

* Jose Tarrio/Vicente Acuña: K2 senior: 10º posto
* Marcos Barreiro: C1 senior: 4º posto
* Marcos Pesado/Carlos Castro: C2 xuvenil: 3º posto
* André Oliveira/Cristian Barreiro: C2 cadete: 2º posto
* Adrián Vicente: C1 cadete: 4º posto
* Clasificación por clubs: 9º posto

A próxima competición para estas categorías será este vindeiro sábado ca disputa do Campionato Galego de Pista para a categoría senior.

Trofeo Traxamar (Serra de Outes)

O pasado domingo levouse a cabo a travesía de Outes cun percorrido total de 14 km. con saida na praia de Broña e chegada a PonteNafonso en Outes. O Náutico acudiu cun total de 10 palistas. Estes foron os resultados acadados:

* José Tarrio/Vicente Acuña: K2 senior: 13º posto
* Marcos Barreiro/Iván Figueira: C2 senior: 2º posto
* Pablo Riaño/Carlos Castro: C2 xuvenil: 6º posto
* Marcos Pesado: C1 xuvenil: C2 xuvenil: 6º posto
* Adrián Vicente/Cristian Barreiro: C2 cadete: 2º posto
* André Oliveira: C1 cadete: 1º posto
* Clasificación por clubs: 9º posto