Baloncesto: Cadetes e Infantís xoganse este sábado o pase ás respectivas finais de copa, mentras a final das nenas queda para a vindeira fin de semana

Esta fin de semana os rapaces cadetes e infantís van xogar os ultimos partidos das suas liguillas copeiras. En ambos casos estes partidos virían sendo unha semifinal, quen gañe nos seus respectivos encontros vai pasar á gran final copeira da categoria.

En caso de pasar os cadetes saben que o rival sería o Cambados,xa clasificado para a final, e favorito na mesma, mentras que en infantis, no outro partido da xornada Estudiantes-Liceo, quen gañe tamén pasaría á final, polo que as 2 prazas están para calquera dos 4 equipos.

Infantil masculino: sabado as 5 da tarde en Pontecesures, contra o Liceo.

Cadete masulino: sadado as 19.15 h. en Pontecesures, contra o CB Pontevedra.

Por outra banda, a final de copa infantil feminina vai quedar para a vindeira semana.

Aclarado por parte da federacion que un erro seu foi o causante de que o Meco non se presentara a xogar o fin de semana pasado (non lles fora comunicado o horario, nin a data), eles fixeron prevalecer o dereito a organizar a final, por ser 1º na liguilla, e finalmente xogarase no Grove. Esta semana, na hora que tiñan pabillón, domingo ás 5, varias compoñentes do noso equipo teñen un festival, polo que quedou aprazado para a vindeira fin de semana, en horario por determinar.

Morreu Luz Divina Márquez Magariños.

Aos 84 anos de idade, morreu esta veciña da rúa Calera nº 39 de Porto. Era viúva de Alfredo Sánchez Grela.
O velorio está instalado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón, e mañá, día 29, as 18:00 terá lugar a misa funeral na Igrexa de Pontecesures. Recibirá sepultura no camposanto municipal de Condide.
Descanse en paz.

Clasificación dos equipos do Club Náutico de Pontecesures, nas ligas galegas de piragüismo.

Na Copa Xunta, o Náutico ocupa o 11º lugar, con 410 puntos nunha clasificación encabezada por As Torres Romaría Vikinga, con 494 puntos.
Na Copa Galega de Pista, o club cesureño vai de 15º con 109 puntos. Encabeza esta clasificación o Kaiak Tudense con 140 puntos.
Na Copa Galega de Ríos á praza é a 10ª, con 119 puntos nunha clasificación encabezada polo As Torres con 162 puntos.
Por último, na Copa Galega de Promoción, os cesureños van de 8º, con 182 puntos. Aquí encabeza a táboa o Náutico Firrete con 208 puntos.

O «Joyería Riveiro» vai quinto a unha xornada para rematar a liga.

Tras gañar o pasado sábado ao «Tapería Pilaro por 1-0, o «Joyería Riveiro» de Pontecesures segue na 5ª praza da Liga de Fútbol Veterano, con 68 puntos, nunha táboa encabezada polo «Playa de Lagos». Aínda pode loitar polo ascenso cesureño na derradeira xornada que se disputa o sábado que ven. O segundo clasificado ten 71 puntos, mentres o terceiro e o cuarto están empatados a 70 puntos.

El PSOE insta a la Diputación a que devuelva las tasas de exámenes que cobró a parados.

Los desempleados de Pontecesures que se presentaron a las pruebas tuvieron que abonar estas tasas.

El grupo socialista de la Diputación de Pontevedra acaba de presentar una moción por la que insta a la institución provincial a corregir una situación que a sus representantes les resulta especialmente penosa. Se trata de las tasas que la Administración pontevedresa les ha cobrado a los aspirantes a una plaza dentro del plan de empleo de la entidad. Aspirantes que, necesariamente, debían encontrarse en paro.
El PSdeG-PSOE explica que este programa de empleo fue creado como una forma de reducir la incidencia del desempleo en la provincia. «Non é de recibo, polo tanto, que os aspirantes, aos que se lles esixe que estean desocupados, teñan que pagar unha taxa por este concepto», razona Emilio González Iglesias, portavoz de los socialistas en la Diputación.
El representante del PSdeG recuerda que, en el último pleno, fue el propio presidente de la institución, Rafael Louzán, quien reconoció que no era normal cobrar a los desempleados por presentarse a un examen. «Pero (concluye González Iglesias) aínda non se fixo nada», lo que lleva a los socialistas a interponer su moción.

LA VOZ DE GALICIA, 28/05/09