Aviso de Posible Estafa

*Acabamos de recibir o seguinte correo electrónico, que segundo a nova da Voz de Galicia e aparentemente unha estafa.*

Boas tardes, son un chaval de campaña, e bueno, era pra comentar un tema por si che interesa poñelo na paxina de pontecesures.net

Resulta q hoxe xa é a 3ª q chaman por telefono ofrecendo un analisis gratuito da agua (hai xa empeza a mosca detras da orella, ¿gratis? oxe en dia algo gratis? ) e bueno, supoñome q sera un tipo de estafa, pero non sei de q tipo.

Nova dunha estafa similar na Voz de Galicia

Esta é unha noticia de enero, e todo coincide co caso q me pasou a min oxe pola tarde, e bueno, non dan ningun nome de empresa , e bueno, dixeronme q virian por aki as 20:30 … e bueno, tamen é raro, estas cousas suelense facer pola mañan , ou en horario de oficina digamos. FAlando con algun veciño resulta q a eles tamen os chamaron para este tema. A noticia do periodico di q che desvian a chamada a un numero 806 , pero tamen hai outra maneira de estafar q vin na tele, q resulta q cho veñen analizar gratis , pero resulta q che metian na cabeza q era necesario poñer un filtro toralmente inutil ou calkera outra trapallada parecida e che jodian x euros por poñelo.

Chamei á guardia civil, pero claro , q van facer eles… e seika non sabian nada, q iban empezar a mirar eso.

Bueno, un saudo cordial e gracias por poñer a andar unha paxina na q os veciños poidamos opinar sobre o q pasa na comarca, unha aperta.

Novas contratación de persoal docente no obradoiro de emprego de Pontecesures.

Para substituir a unha das monitoras de Axuda no Fogar-Infancia que renunciou voluntariamente ao posto foi contratada a asistente social residente en Pontecesures Consuelo Ordóñez Martínez que vai prestar servizos neste módulo por 20 horas semanais. Esta traballadora social tamén é, a media xornada, a educadora social do concello.
Tamén foi contratada coma mestra de adultos para o alumnado do obradoiro Mª Fernanda Cimadevila que tamén reside en Pontecesures. Prestará servizos catro horas á semana e sinálase que Mª Fernanda é a profesora que foi contratada polo concello no seu día para o programa de Educación de Adultos que se desenvolve en cada curso escolar no municipio.
Estas seleccións foron realizadas polo Grupo de Traballo Mixto logo da preselección realizada pola oficina de emprego de Vilagarcía.

O Concello de Pontecesures precisa contratar un arquitecto/a técnico.

No Faro de Vigo do día 16 de marzo aparece o seguinte anuncio:

No taboleiro de anuncios do concello publícanse íntegramente as Bases da convocatoria realizada polo concello de Pontecesures para prover por concurso-oposición, co carácter laboral a tempo parcial, unha praza de Arquitecto/a Técnico Municipal.
O prazo de presentación de solicitudes sera de 5 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, publicaranse no taboleiro de anuncios do concello. O alcalde: Manuel Luis Alvarez Angueira.

(más…)

HORARIOS DOS PARTIDOS DO C. B. RIO ULLA

Estes son os horarios dos partidos dos distintos equipos do C. B. Rio Ulla:

* Sábado ás 10.45 h: en Pontecesures xogan as nenas cadetes contra o Meco de O Grove.

* Sábado ás 18.15 h. en Vilagarcia xogan os Xuvenís contra o BBC deVilagarcia.

* Domingo as 17 h. xogan os Seniors en Pontevedra contra o actual líder da liga senior: o Arxil, no pabellón universitario de Pontevedra.

* Por último os alevíns tamén xogan este domingo ás 5 na cancha do Liceo de Vilagarcia. Estes rapaces estrenarán as novas equipacións donadas en días pasados pola empresa «Transportes Potel Torres«, a quen lle queremos agradecer o seu esforzo por axudarnos.

p(centrado). 100_5695-web.JPG

Este é o equipo ALEVÍN do C. B. Rio Ulla 2006-07, no momento no que lle foi entregada a súa nova equipación. Os integrantes do plantel son:

De pe, dende a esquerda: Antonio (entrenador), Miriam, Rubén, José Antonio, José Carlos, Borja, Yago, Pablo, o Xerente da empresa «Transportes Potel Torres», Sr. Potel. Sentados empezando pola esquerda: Raúl, Eva, Lara, Antia, Verónica, Raquel e Sergio.