Nota da ANPA do CPI Pontecesures sobre o Concurso de Redacción «LETRAS GALEGAS 2006»

O vindeiro luns día 29 de maio ás 17,30 horas celébrase na biblioteca do CPI Pontecesures a entrega de premios do Concurso de Redacción «LETRAS GALEGAS 2006» no que participan alumnos de 4º, 5º e 6º de educación primaria de catro colexios da comarca: CEIP «Ferro Couselo» de Cordeiro-Valga; CEIP de Baño-Valga; CPI «Progreso» de Catoira e CPI de Pontecesures.

Neste 2006 corresponde a organización do acto a este ANPA (xa levamos varias edicións e vai rotando a organización entre as ANPAS dos distintos centros) e no acto de entrega de premios (están convidados os alcaldes dos tres concellos) haberá unha charla da filóloga Elvira Riveiro Tobío sobre a obra de Manuel Lugrís Freire.

Os traballos que participan no concurso son individuais, manuscritos, en galego e sobre tema libre e mañá xoves día 25 ás 16,00 horas reúnese o xurado no colexio de Pontecesures que está composto por representantes do profesorado dos tres centros.

Coa organización deste evento as catro ANPAS queren potenciar o uso do galego na nosa comarca.

Para rematar, quérese salientar a colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra con este acto.

Luis Angel Sabariz Rolán
Presidente da ANPA

Sabariz apela al conselleiro de Medio Ambiente para pedir una solución a las emisiones de Finsa

FINSA LOGO.jpgEl concejal de Agrupación Cidadá de Pontecesures, Luis Ángel Sabariz, denunció ayer la indefensión que, a su juicio, sufren los vecinos de la localidad ante el problema de salud que implican las emisiones de polvillo provenientes de la factoría de Finsa.

No es un problema nuevo, ni mucho menos, pero con la llegada del PSOE y BNG a la Xunta, desde el gobierno local se albergaron esperanzas de que este problema pudiera tener una pronta solución. Un gobierno del que entonces formaba parte el propio Sabariz y que llegó a realizar gestiones en San Caetano en relación a esta cuestión. «Nembargantes, despois de seis meses vou perdendo todas as esperanzas e a situación segue igual. A poboación xa non confía para nada nos seus representantes e síntese indefensa por esta inxustiza que temos que soportar na nosa vila», indica el independiente.

finsa.jpg

Ahora, ya como concejal de la oposición, se dirige al conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, con el fin de que tome cartas en el asunto para evitar las emisiones de polvillo «con toda urxencia».

LA VOZ DE GALICIA 23/05/2006

O Extrugasa Rio Ulla Infantil Femenino quedou subcampeón

Non puido ser e as rapazas infantís do Extrugasa Rio Ulla, inda que o intentaron, non poideron traerse o título para Pontecesures, pero foron unhas dignas finalistas. Ademais contaron cas baixas de última hora de Jenni e Lily, ademais da de Mireira dende o Nadal, co que perderon potencial á hora de encarar este partido de volta.

extrugasa rio ulla infantil femenino

De todas maneiras caero dignamente, pois no 1º cuarto chegaron a ir gañando por 3 puntos, para acabar o mesmo igualadas cas de Cambados. Logo no 2º e 3º cuartos as cambadesas impuxeron a súa maior esxperiencia e colleron unha ventaxa de 20 puntos que xa foi insalvable, polo que o adestrador do equipo optou por repartir minutos para todas as nenas.

O equipo de todas as maneiras, obtuvo a copa de subcampeonas  (coma se pode ver na foto) gracias ó esforzo feito en todo o ano.

A Agrupación Cidadá de Pontecesures (ACP) critica que o parque infantil «Vicente Moure» non sexa pechado polas noites.

Dende que se acondicionou, hai uns anos, o parque infantil «Vicente Moure» (está perto da Casa do Concello) e ata que este concelleiro foi cesado en febreiro pasado como titular de infraestruturas sempre se pechou a instalación polas noites para que o parque permanecera nas mellores condicións posibles, evitando a concentración de persoas alí nesas horas con riscos de gamberrismo, «botellóns», etc. O parque quedaba pechado tódalas noites e abríase tódalas mañàs.

Agora isto deixouse de facer, e nas noites dos fines de semana, incluso tamén en días laborables, o parque queda aberto con riscos para os xogos e o mobiliario urbano antes apuntados e dando unha imaxe de desidia á cidadanía que tantas veces denunciou esta agrupación.

Solicítase así ó alcalde, que o parque infantil sexa pechado tódalas noites como se fixo sempre.

Por outra banda, prégase tamén ó alcalde que se reparen con urxencia algúns elementos dos xogos para os nenos do «Parque do Muíño» en Infesta e do parque do peirao que están visiblemente danados. Precisamente neste último rematou a colocación do valado de cerre (moi necesario por outra parte) e agora é necesario arranxar algún xogo deteriorado.

Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures