A Consellería do Medio Rural adxudicou hai uns días a Medio Ambiente CAAMA?O S.L. tres obras que afronta directamente a consellería en Pontecesures a traves do Plan de Infrastruturas Municipais 2008. Son as seguintes:
-??Saneamento da rúa do Campo? en Porto. Nesta obra vanse colocar 146 metros lineais de tubaría de alcantarillado nuha zona da rúa do Campo actualmente sen servizo, para levar estas augas á rede xeral da rúa Calera.
-??Pavimentación de pista en Paxareira?. Vaise botar un firme a unha pequena pista que parte da principal deste lugar.
-??Ampliación de Camiño en Toxa e Carreiras?. Vaise gañar anchura nun camiño estreito reconstruíndo un muro á altura da vivenda situada en Toxa nº 5, logo da cesión dun particular dun terreo para dito ancheamento.
O importe destas tres obras é de 49.893,21 ? e comezarán en outubro. A primeira en realizarse será a da Toxa, pois o muro actual que se vai reconstruir co retranqueo correspondente está moi deteriorado e hai risco de derrubo.
Luis Ángel Sabariz Rolán