FESTA RACHADA EN PORTO O XOVES 20

100_2338 web

Iniciouse a tarde ca procesión que traia coma tódolos anos, ó San Roquiño ate Porto.

100_2346 web

Antes da mexiloada Algueirada e Xarandeira amenizaron a espera con pezas dos seus respectivos repertorios.

100_2362 web

A eso das 22 h. puxéronse as potas ó lume: 2200 kgs de mexilons.

100_2365 web

Expectación para probalos, acompañados de pan e bebida gratuitas.

100_2369 web

Durante 2 horas houbo mexilóns a fartar.

100_2444 web

Ate que a eso da medianoite Capitol e Los Españoles iniciaron as verbenas dese dia.

100_2451 web

Mentres San Roquiño decansaba no lugar preparado dende hai mais de 60 anos na taberna de Vieites.

100_2491 web

Os devotos seguidores do santo non paraban de bailar cas orquestras.

100_2546 web

Houbo festa rachada ate cerca das seis e media da mañán.

Por fru, hace

FESTAS EN PORTO: FOTOS DO PASADO MERCORES 19 DE AGOSTO

100_2174 web

Comenzamola tarde do pasado mércores ca tradicional regata de dragóns, barcos compostos por 10 remeiros e timonel.

100_2181 web

Na regata participaron distintas tripulacións: solteiros, casados, os do nautico de Pontecesures, de Catoira, da Ponte… Na imaxen vemos ós casados de Porto. Tamén houbo probas femininas.

100_2205 web

Logo desta regata, tamén é tradicional a merendola a base de xamón, xa na Praza dos Valeiros. Ate 6 foron cortados este ano.

100_2212 web

Mentras, o grupo Miramar, de Riveira, amenizaba a festa ca súa música.

100_2236 web

Incluso a cantante participou da festa a pe de praza, cntando e bailando cos veciños.

100_2263 web

100_2242 web

100_2260 web

100_2245 web

Nenos e xóvenes pasaronno en grande toda a noite.

100_2297 web

Nin a choiva poido ca festa…

100_2328 web

E Maneiro que acababa polas nubes…

100_2278 web

(E inda faltaban xoves e venres, pero esa foron outras historias…)

 

VIII Torneo de fútbol «San Roque» de Porto.

Os días 17, 18 e 20 de agosto, disputáronse no campo de fútbol municipal «Ramón Diéguez» os encontros deste torneo, que xa é un clásico de verano nas categorías inferiores.
En categoría infantil, o campión foi o Cordeiro, mentres o Catoira foi 2º e o Pontecesures 3º.
En categoría alevín, gañou o título o Pontecesures. Coa segunda praza quedouse o Cordeiro, mentres o Catoira foi 3º.
En benxamíns, gañou o Catoira ao Pontecesures na final directa.
A entrega de premios foi onte á tarde. A alcaldesa de Pontecesures e o concelleiro Jesús Mª Rey, foron os encargados de entregar os trofeos aos rapaces.

Nunha gamberrada, arroxan a estrutura dun posto ambulante a unha finca particular en Porto.

Durante a pasada noite, na que se celebrou en Porto a primeira das verbenas das festas de San Roque, foi arroxada de madrugada a estrutura dun pequeno posto ambulante de venda de productos á finca de Alfonso Gasamanes na rúa dos Mariñeiros en Porto.
Tamén foron arrincadas prantas de millo e de verdura en fincas particulares que foron deixadas no firme das rúas Carlos Maside e Namorados.
Por último, dicir que tamén desapareceu un sinal de tráfico provisional que se atopaba nunha valla instalada na rúa Carlos Maside.
Ao marxe destas gamberradas, a festa desenvolveuse con total normalidade.