Polo mal estado do canalón, e coma consecuencia da choiva torrencial de onte, filtrouse auga pola placa na parte engadida da praza na zona dos terreos de Grúas Estación. O auga danou mercadorías dunha froitería. A Policía Local recolleu os datos dos produtos danados, e agora o concello ten que fracer fronte aos danos.
Polo mesmo motivo, tamén entrou auga na zapatería de Julio, a carón da plaza, esta vez sen danos.
Toda a maña de hoxe, se estivo a limpar o canalón e a arrranxar a cuberta colocándose un trozo de uralita que estaba danado por mor dunha pedrada.
Basket Río Ulla
BALONCESTO: HORARIOS DOS PARTIDOS DA FIN DE SEMANA
Estes son os partidos para esta fin de semana:
Infantil feminino. Sabado ás 12 en Pontecesures, Extrugasa Rio Ulla – Canteiras Porriño
Domingo ás 12 en Porriño: Canteiras Porriño – Extrugasa Rio Ulla (sairá 1 autobus gratuito dende a zona da praza de abastos ás 09.30 h.)
Senior zonal: Xoga sábado ás 17 h. en Marín, contra o Laxe, un dos equipos favoritos desta liga zonal.
Alevín Feminino: Domingo ás 18.30 h. en Pontecesures empezarán a súa liga contra o Liceo Casino Feminino de Vilagarcía.
Basket Río Ulla
BALONCESTO: O CANTEIRAS DE PORRI?O E O EQUIPO A ELIMINAR NESTA FIN DE SEMANA PARA QUE AS NENAS INFANTÍS XOGUEN LIGA GALEGA
Logo do sorteo efectuado na Federación Galega a principios de semán, foi o Canteiras de Porriño quen saiu coma rival co que se vai cruzar o noso equipo infantil feminino. A eliminatoria a dobrepartido é esta vindeira fin de semana.
Sábado ás 12 h. xogarase o 1º partido, en Pontecesures. ? día seguinte, domingo 1, partido de volta en Porriño, tamén ás 12 da mañá. O equipo gañador da eliminatoria pasará á liga galega 2009-10.
Esperamos conbtar con numeroso público tanto no partido da casa, coma no desprazamento afora. Para elo, sairá un autobus, o domingo 1 dende a explanada a carón da praza de abastos, ás 9.30 da mañá. A chegada está prevista en torno ás 15 horas. A viaxe será gratuita para as xogadoras e acompañantes, ata encher o autobus.
SORTE RAPAZAS.
Sociedade
Doazóns de sangue en Pontecesures.
A Unidade Móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará o mércores 30 de setembro de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas no lateral da PRAZA DE ABASTOS.
Faise un chamamento á veciñanza para que acuda o doar sangue ese día. E unha colaboración importante para todos.
Política
O PP de Pontecesures organiza unha excursión á festa do PPdeG en Silleda.
Será o sábado, 26 de setembro. O autobús sairá da parte traseira da Praza de Abastos, ás 10 horas. O PP de Pontecesures convida aos afiliados e simpatizantes a esta excursión, facéndose cargo tanto dos gastos da viaxe como do xantar a agrupación dos populares cesureños.
Sociedade
Mañá doazóns de sangue en Padrón.
A Unidade Móbil de Transfusión de Sangue, estará mañá día 26 no Espolón, diante da Praza de Abastos, de 10 a 14, e de 16 a 21 horas.