«En Pontecesures vainos a marcha».

cetar

A aspirante do Bloque quere recuperar o terreo que Valga conserva a carón da praza de abastos.

Logo de oito anos formando parte do equipo de Luis Álvarez Angueira, Cecilia Tarela (Pontecesures, 1977) recolle a testemuña do alcalde para ir pola primeira maioría absoluta do BNG.

-Seica lle gusta a música.

-Moito. A música e os libros. Rocanrrol. Extremoduro, Suaves… Agora estou lendo a Isabel Allende. Teño toda a súa obra.

-¿O último concerto ao que foi?

-Este inverno non puiden ir a ningún. No verán estiven no Resurrection Fest, de Viveiro, vendo a NOFX (punk rock californiano). Este verán hai varios que me apetecería ver. Un é o de Caldas [no cartel figuran Los Suaves, Rosendo e La Fuga] pero tamén un festival de Barcelona, o Rock Fest, que ten moi boa pinta.

-Así que é vostede cañeira.

-Na música, si. A Extremoduro vinos practicamente recén saídos, creo que teño a súa discografía toda. A The Smashim Pumpkins tamén os vin… Pero no demais, non. Teño o meu carácter, pero non son cañeira.

-¿Triunfaría o rock en Cesures?

-Hummm… Tentouse un ano, un só día cun pouco de todo, folk, rock, pero a xente quere verbena.

-Polo menos estarán máis tranquilos agora, logo de que fracasase a ameaza fantasma.

-Non o teño tan claro. Hai unha sentenza e el acátaa, pero non a comparte. Non creo que pare.

-Haberá que ir con ollo, logo, á hora de botar o gasóleo…

-Estou moi tranquila. Vou á mesma gasolineira dende que abriu. Iso si, con tarxeta, para que quede ben rexistrado.

-Antes tiñan sete listas. Agora cinco. ¿Non se sentirán solos?

-¿Con cinco nun concello de tres mil habitantes? Hai nais e fillos que van en diferentes listas.

-Semella que en Pontecesures, con poñer de acordo aos invitados dunha voda chega para sacar concelleiros e poñer alcalde.

-Perfectamente pode ser. Hai mogollón de movementos sociais e colectivos. Quen non está nunha cousa está noutra. Hai moita actividade cultural e deportiva. Vainos a marcha, e unha cousa vincúlase coa outra.

-¿Que pensa da fusión de concellos? ¿Valería para Cesures?

-Non estou de acordo. ? máis, aí tedes o exemplo de Oza e Cesuras. Tantos privilexios lles ían dar e non paran de queixarse nos medios porque, en realidade, non cumpriron nada.

-Ademais, igual Pontecesures acabaría unido coa Valga de Bello Maneiro, ¿non?

-¿Bello? Mellor calar. Se fose por el absorbíannos mañá. Xa estivemos con Valga ata 1925.

-Hai anos este era un dos concellos coa poboación máis nova de toda Galicia e un dos mellores índices de emprego. ¿E agora?

-Si, seguimos a ser un concello de xente nova. A escola infantil o demostra. Levamos dous anos coa matrícula chea.

-Pois igual nuns anos están en condicións de invadir Valga.

-Tedes gañas de tirarme da lingua, pero non. Con conquistarlle o terreo de aló embaixo, a carón da praza de abastos, que segue sendo de Valga, quedo conforme. Está sen asfaltar e cada vez que o necesitamos temos que solicitarllo a Bello por escrito.

-¿Na variante está o gusto?

-Para nada. A nosa proposta en Madrid foi variante cero. Non é necesaria e os estudos de tráfico que manexan son irreais. Fan as medicións na Escravitude e disque pasan por aquí 14.000 vehículos ao día. ? ridículo. Levaríanos casas, almacéns e traídas de auga por diante, cunha afectación de 100 metros dende o eixo. Unha auténtica barbaridade.

-¿Preferiría que gobernase a lista máis votada?

-O que preferiría é que eses señores que, coma os do PP, pregoan unha cousa e cando lles toca fan outra, calasen un pouco. O BNG foi a lista máis votada, cos mellores resultados, no 2007. E leváronos á oposición dándolle a alcaldía á lista menos votada.

-Un bo propósito para o mandato que vén.

-Ter un pequeno local cultural, un pequeno auditorio para poder ofrecer concertos e teatro. Hoxe é imposible. E, por suposto, que o terreo de Valga volva ser noso.

CECILIA TARELA BARREIRO CANDIDATA Á ALCALDÍA DE PONTECESURES POLO BNG.

Ningunha teima coas marcas

«Teño máis dun reloxo, pero son normais e correntes, sempre de goma. O meu, iso si, está en hora. Son puntualísima, non soporto a impuntualidade. E os zapatos non levan tacón e son cómodos. Gústanme e teño de todas as cores, pero non merco unha marca especial de nada.

24-M: La campaña

La Voz de Galicia

La oposición cesureña vuelve a cargar contra la organización de la Festa da Lamprea.

La oposición de Pontecesures (PP, IP y ACP) han vuelto a cargar contra la organización de la última edición de la Festa da Lamprea. «Non deixamos mal nós á vila coas críticas, o que a deixou mal foi o goberno local que no tempo que leva á fronte do concello devaluou moitísimo o evento. Claro que outros gobernos gastaron máis cartos na Festa da Lamprea, pero tamén lograban máis recursos e os eventos tiñan outros atractivos. Que lle pregunten, como dín, aos veciños como foron as anteriores edicións e como foron as tres últimas», sentencian en un comunicado de prensa emitido hoy. En él desgranan sus protestas. En primer lugar, reiteran su protesta por el hecho de que «non se convidara a ninguna autoridade de fóra aos actos da festa, especialmente aos alcaldes dos concellos limítrofes». En ese sentido, replican al gobierno que «nada se dixo da supresión de comidas oficiais». En la lista de fallos de protocolo añaden uno más: «Consideramos que deixa en moi mal lugar á institución o feito de non entregar no acto da letura do pregón un agasallo de lembranza ao preogoeiro cesureño que se desplazou dende Suecia para a ocasión. ? un detalle de educación de respecto e de agradecemento en nome de todos os veciños que o goberno municipal pasou por alto».

ADVERTISEMENT

Apuntan, de nuevo, a los charcos que había bajo la carpa. «Fala de choivas o goberno local para rebater que houbese charcos baixo a carpa. Sen sentido o comentario, porque a instalación foi colocada tres ou catro días antes da celebración da festa. Evidentemente xa había a auga antes de colocala». Reiteran, además, que «houbo xente que se foi en hora punta sen degustar a lamprea por falla de espazo. Nós fomos testemuñas e, sen entrar en guerras de cifras, alí o número de cadeiras non era, nin de preto, das 800 das que nos falan». También afirman que «non di a verdade o goberno afirmando que se venderon as 900 racións de lamprea cociñada para a festa do mediodía. Todos sabemos que non foi así polas olas con lampreas que quedaron sen despachar na praza de abastos xa coa carpa prácticamente valeira».

La Voz de Galicia

Matizacións da oposición cesureña á nota do goberno local sobre a XIX Festa da Lamprea.

Criticou a oposición que non se convidara a ninguna autoridade de fóra aos actos da festa, especialmente aos alcaldes dos concellos limítrofes. Nada se dixo da supresión de comidas oficiais. Por certo; facendo referencia ao protocolo, tamén consideramos que deixa en moi mal lugar á institución o feito de non entregar no acto da letura do pregón un agasallo de lembranza ao preogoeiro cesureño que se desprazou dende Suecia para a ocasión. ? un detalle de educación, de respecto e de agradecemento en nome de todos os veciños que o goberno municipal pasou por alto.

Fala de choivas o goberno local para rebater que houbese ??charcos? baixo a carpa. Sen sentido o comentario, porque a instalación foi colocada tres ou catro días antes da celebración da festa. Evidentemente xa había a auga antes de colocala pero nos tres ou catro días previos ao domingo 6 de abril (xa baixo a cuberta) deberónse eliminar os charcos acondicionando o solo. Ainda por enriba, hai que dicir que como se colocaron en realidade dúas carpas pequenas, con caída de augas das dúas para o centro do recinto cuberto a auga baixaba para alí. Non só non foron eliminados os charcos, senón que se formaron máis pola deficiencia apuntada.

Claro que houbo xente que se foi en hora punta sen degustar a lamprea por falla de espazo. Nós fomos testemuñas e, sen entrar en guerras de cifras, alí o número de cadeiras non era, nin de preto, o das 800 das que nos falan.

Non se fixo referencia aos actos da festa en xeral. Criticouse que non houbera animación musical baixo a carpa na degustación e iso é unha realidade incuestionable porque non a houbo.

Non di a verdade o goberno afirmando que se venderon todas as racións de lamprea cociñada para a festa do mediodía. Todos sabemos que non foi así polas olas con lampreas que quedaron sen despachar na praza de abastos xa coa carpa prácticamente valeira. Sobrou bastante lamprea, é evidente.

Non deixamos mal nós á vila coas críticas, o que a deixou mal foi o goberno local que no tempo que leva á fronte do concello devalou moitísimo o evento. Claro que outros gobernos gastaron máis cartos na Festa da Lamprea, pero tamén lograban máis recursos e os eventos tiñan outros atractivos. Que lle pregunten, como dín, aos veciños como foron as anteriores edicións e como foron as tres últimas.

Sen entrar en polémicas, reiteramos o falla de interese e de implicación deste goberno coa Festa da Lamprea. E cobrando unha exclusiva tres dos seus integrantes é moito máis criticable.

Pontecesures, 10/04/14

Juan Manuel Vidal Seage (PP)
María Isabel Castro Barreiro (IP)
Luis Ángel Sabariz Rolán (ACP)

A ACP pide que se axilicen os trámites para xustificar en tempo a obra da praza de abastos.

Ao abeiro da Orde da Consellería e Industria concedeuse ao Concello de Pontecesures unha subvención de 8.712 euros para a reparación dos tirantes da cuberta do edificio da praza de abastos que estaban bastante deteriorados cun orzamenteo global de 11.621 euros.

Pois ben; hai materiais de obra dende hai días no recinto pero da a sensación de que non rematou a actuación. O goberno local debe darlle a maior celeridade posible a este asunto, pois o 18 de decembro é o derradeiro día no que se pode presentar a documentación xustificativa do investimento na administración autonómica.

Unha vez máis hai que dicir que estamos diante dun goberno pasivo que deixa as cousas para última hora. Por outra banda, hai que dicir que non é de recibo que non saibamos nesta data os datos da adxudicación da obra. Intuímos que estarán entre os acordos dalgunha sesión da Xunta de Goberno Local pero entre que recibimos as actas deste órgano colexiado as veces con retraso e que o goberno local de pouco nos informa, descoñecemos este extremo.

Só queda esperar que a obra remate con urxencia e que a reparación sexa a solución dos problemas que presenta a cuberta da instalación.

Pontecesures, 29/11/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

Satisfacción da ACP pola subvención da Xunta para o arranxo da Praza de Abastos.

Con gran satisfacción recibeu a ACP a concesión por parte da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia dunha subvención de 8.712 euros para a obra de «Reparación do Mercado Municipal de Pontecesures» que ten un custo total de 11.6216 euros (a diferenza debe achegala o concello), segundo o documento técnico redactado polo arquitecto municipal.

Con esta obra vanse reparar os tirantes da cuberta que presentan bastantes deficiencias podéndose ocasionar, de pasar máis tempo, situacións de risco. Precisamente a oposición, a través do voceiro do PP, interesouse nun pleno ordinario polo arranxo dunha serie de deficiencias estruturais no edificio de Praza de Abastos de Pontecesures. Esperemos que agora todas as deficiencias queden solucionadas contratando a obra o goberno local coa maior celeridade.

Pontecesures, 07/09/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures