As nenas infantís do Río Ulla perderon de 9 puntos no partido de ida da final da Copa Arousana

*Foi un partido emocionante o celebrado onte mércores pola mañá en Pontecesures* , na ida da final de copa arousana. A máxima diferencia foron eses 9 puntos finais (31 – 40) para o equipo visitante o C.B. Xuventude de Cambados. O partido é deses nos que pasou de todo: emocion, apoio dende a grada, igualdade, ante un rival que partía coma claro favorito. As chicas do Extrugasa Rio Ulla creceronse e fixeron un dos seus mellores partidos coma deportistas, polo que, si este vindeiro sábado no partido de volta, repiten esa actuación, poden seguir dando suspense a esta final, e demostraron tamén que si perden, pero loitan e xogan, a sensación non é «derrota total» senón de que non poido ser…pero se intentou.

O Extrugasa Rio Ulla empezou moi ben o partido, domiñando 8 – 2 gracias a unha activa Catuxa e co apoio de Alba e Ana. Tamén foi clave no inicio a boa defensa sobre a base de cambados de Antia, e de Estefania.

No 2º cuarto, entrou unha mermada Lily por problemas de catarro, así como Jessica e Laura, e durante moitos minutos seguiron por diante, ata que entre problemas de faltas e cansancio, perdero uns balóns que aproveitaron as cambadesas para irse ó descanso gañando de 3.

Empezou a 2ª parte e parecía que Cambados ia coller diferencia no marcador, pero o Extrugasa remontou ata empatar a 28 quedando 4 minutos de partido. Clave as ganas da alevín Idoia que xogou moitos minutos na 2ª parte. A eliminacion de faltas de Anita, Catuxa, Antia e Alba, mais a sorte de meter unha tripla quedando uns segundos as de cambados puxo ese 31 – 40 final.

Festival de música tradicional «Letras Galegas 2006»

Organizado polo Concello de Pontecesures e coa colaboración da Deputación de Pontevedra, da Asociación Cultural Xarandeira de Pontecesures e da ANPA do CPI Infesta de Pontecesures, celébrase o sábado día 20 de maio ás 19,30 horas na Prazuela unha edición máis do festival de referencia que conta coa participación dos seguintes grupos por orde de actuación (cada formación actúa por un tempo de 1/2 hora aproximadamente):

* Grupo Algueirada de Pontecesures.
* Agrupación Folclórica Trebeyu de Xixón (Asturias).
* Agrupación Folclórica de Santa Marta de Portuzelo de Viana do Castelo (Portugal).
* Grupo «Xarandeira»:http://xarandeira.pontecesures.net de Pontecesures.

Octopus contrata seguridad portuguesa para evitar más peleas

*La dirección de la discoteca Octopus de Pontecesures contratará a una empresa de seguridad portuguesa que conoce a los energúmenos para impedir la entrada de gente violenta y velar porque no se produzcan de nuevo peleas multitudinarias como la del pasado sábado.*

Los responsables de la sala dieron a conocer ayer las nuevas medidas de seguridad que comenzarán a aplicarse en los próximos fines de semana y que incluyen exhaustivos controles a todas las personas que accedan a sus instalaciones. En la entrada se hará una primera inspección en la que los clientes tendrán que presentar el DNI y se impedirá la entrada a menores de edad y a toda persona reconocida por la seguridad como conflictiva . Antes de sacar la entrada habrá un segundo registro con detector de metales y se cacheará con seguridad femenina a las chicas. Además en el interior de la discoteca se controlarán todos los baños y puntos estratégicos. Cualquier persona que salga de la sala o vuelva a entrar deberá someterse de nuevo a estas medidas de seguridad.

(más…)

1ª REGATA DE INFANTIS. PORTONOVO

O pasado 29 de abril disputouse a primeira das regatas de promoción de infantís en Galicia. Celebrouse o sábado a partir das 4:30 da tarde no porto deportivo de Portonovo. Alí acudiu o club náutico cun total de seis palistas, catro deles infantil A e dous infantil B co balance positivo de conseguir unha medalla de prata. Estes foron os resultados e os palistas participantes:

Ismael Llerena: Infantil B K-1 posto 29º
Samuel Vázquez: Infantil B K-1 posto 7º
Alex González: Infantil A K-1 posto 49º
Iván Pesado: Infantil A C-1 zurdo posto 9º
Javier Bernal: Infantil A C-1 zurdo posto 6º
Álvaro Loureiro: Infantil A C-1 destro posto 2º
Clasificación por clubes: 14º posto

A próxima cita a que acudirá o club será a 2ª Competición da Copa España de Promoción en Santiago de la Ribera (Murcia)

Un saúdo, Javier Bouzas, Adestrador do Náutico Pontecesures