• Ir a navegación principal
  • Ir al contenido principal
  • Ir a la barra lateral primaria

Pontecesures

Web non oficial de Pontecesures

  • Inicio
  • Como Colaborar
  • O Concello
  • Cómo Chegar
  • Normas de Uso
  • Legal
  • Entrar
Usted está aquí: Inicio / Ecoloxía / Esteiro do río Ulla, un fenómeno para contemplar

Esteiro do río Ulla, un fenómeno para contemplar

23-02-2007 por Luis Angel Sabariz Rolán Dejar un comentario

O espazo natural do Esteiro do río Ulla esténdese desde o casamento do Sar e o Ulla ata Catoira e Rianxo, abranguendo a área de transición entre as augas doces do curso fluvial e as salgadas da Ría de Arousa.
Unha fermosa chaira fluvial.

Nacido a máis de 400 metros de altitude, a partir de Padrón o río Ulla baixa nunha larga chaira fluvial con amplas zonas de xunqueiras, carrizais e vexetación palustre, formando unha paraxe de gran beleza. No curso do río a corrente deposita acumulacións de area, curioso fenómeno coñecido coma Lombos do Ulla.

A beira do río e as outras zonas húmidas pódense visitar seguindo os carreiros que parten desde diferentes lugares como Vilar ou Campaña. O Ulla foi porta marítima de entrada a Santiago de Compostela, e na parroquia de Hoeste consérvase unha mostra da arquitectura militar galega do tempo das invasións viquingas, as Torres de Catoira, declaradas Monumento Nacional.

Fauna e flora

Remontando o Ulla desde Catoira aprézanse extensas chairas de carrizais (Phragmites australis), medio natural dun grande número de aves como o Rascón de Auga (Rallus aquaticus), Galiña de Río (Gallinula chloropus), e a invernante Becasina Cabra (Gallinago gallinago), procedente do norte de Europa.

Entre a importante variedade faunística do Esteiro do Ulla áchanse tamén aves de rapiña coma o Lagarteiro Peneireiro (Falco tinnunculus). No grupo dos mamíferos destacan o Tourón (Mustela putorius) e a Londra (Lutra lutra), e entre os peixes a Lamprea (Petromyzon marinus) e o Salmón, (Salmo salar).

Columna A ESCAPADA
DIARIO DE PONTEVEDRA 23/02/07

Archivado en:Ecoloxía, Turismo Etiquetado con:Campaña, lamprea, padrón, río ulla, santiago, Ulla

Interacciones con los lectores

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Barra lateral primaria

Entradas recientes

  • Seguen as cifras alarmantes de contaxiados COVID na zona.
  • Pontecesures y Bueu ya superan los 500 casos de incidencia acumulada.
  • Miguel Piñeiro, altavoz para lo bueno y lo malo de la pesca gallega.
  • Miguel Piñeiro vuelve a lucir sus dotes como pescador en Noruega.
  • Incidencia desbocada de contagiados en Pontecesures y Valga.

Comentarios recientes

  • Sanrtiago en Recuerdos y añoranzas: El Tiruliro.
  • Indignado en Aumenta la preocupación por los contagios.
  • Ana en Para o BNG de Pontecesures a xestión do alcalde é «traumática».
  • charly en VIDEO INFORMATIVO SITUACION COVID 12.01.2021
  • Luis Ángel Sabariz Rolán en Licitada la redacción del anteproyecto de la ETAP en Padrón.

Ligazóns

  • A. C. Xarandeira
  • Adriana Ghaiteira
  • Apuntes de Modelismo
  • BNG Pontecesures
  • Desarrollo empresarial en el medio rural de la comarca de caldas.
  • Dr Zippie
  • El show de los payasos
  • Federación Galega de Dardos (FEGADE)
  • FEGACLASIC
  • Foro da Ponte
  • Furia Athletic Club
  • Horarios Renfe
  • Hotel a Casa do Río
  • Manuel Doce
  • Parroquia de San Xulián de Pontecesures
  • paxina blog do CB Rio Ulla
  • Porto en Pontecesures
  • PP de Pontecesures
  • Pub Komplo
  • Socialistas de Pontecesures
  • Web do concello

Nube de etiquetas

faro de vigo padrón a ponte correo gallego fiesta Pontecesures iglesia pp Campaña BNG n-550 fútbol Diario de Arousa Maneiro sábado Porto tren Vilagarcía pleno obras protección civil psoe Catoira valga santiago río ulla Ulla xunta Angueira tripartito sabariz Historia concurso Caldas lamprea Pontevedra Vigo ACP Concello fin de semana curso sar plaza la voz de galicia festa

© 2021 · Desde 2005 manteniendo informados a los cesureños