O alcalde anuncia a creación da páxina do concello “pontecesures.org” dicindo en tono crítico que “é org non net”.
No pleno ordinario de onte o alcalde anunciou a nova de referencia (en quince días estará creada, dixo) dentro do apartado de rogos e preguntas. Con tono crítico, de xeito velado, e sen vir a conto. citou esta páxina que xa fora calificada noutro pleno por Alvarez Angueira co termo de “zafia”. Cando este concelleiro quixo intervir para deixar claro que para anunciar a creación dunha páxina oficial non hai que facer referencias a outras nese tono, e para defender a este medio, o alcalde, na súa liña de prepotencia de sempre, retiroume a palabra. Este é o alcalde tolerante, dialogante e defensor da liberdade que temos. Unha pena.
Quero facer un chamamento a tódolos letores desta páxina para que participen activamente na mesma co fin de potenciala. Demostrarémoslle ao alcalde que por moito que intente prexudicarnos, imos a máis.
3 Respuestas a “O alcalde anuncia a creación da páxina do concello “pontecesures.org” dicindo en tono crítico que “é org non net”.”
Tódolos concellos teñen reservado o seu nome baixo o dominio de primeiro nivel ”.es”. Polo que recomendo ó concello, si vai facer a páxina oficial, que o faga baixo este dominio: pontecesures.es
Lembro que esta páxina non vai a competir con ningunha outra, unha será a oficial que virá definida polo concello, e outra non oficial que virá definida polos veciños.
Deja una Respuesta
Debes estar conectad@ para enviar un comentario.

(1 votes, average: 4 out of 5)
