Realizan as obras de pavimentación da rúa do Castro en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A empresa Tragsa realizou esta semana as obras de pavimentación da rúa do Castro que une o Mirador do Pino Manso coa rúa do Pilar, en San Xulián. A actuación corre a cargo da Consellería de Medio Rural en virtude do convenio suscrito co concello de Pontecesures, incluído no Plan de Infraestruturas Municipais, segundo informou onte o goberno local.

Esta pista, apunta o tripartito, estaba, «en condicións moi deficientes» e xa fai algún tempo o Ministerio de Fomento reforzou algunha zona, xa que boa parte do vial discurre polo noiro da N-550, «ante el riesgo que presentaba con la aparición de grietas en el firme».

Esta obra inclúe tamén a pavimentación da explanada situada preto do Mirador do Pino Manso, do colexio Infesta, do polideportivo e da gardería. «De esta foma (engade o goberno local), mejora considerablemente toda esta zona, como demandaba la ciudadanía».

Precisamente por esta última actuación onte producíronse problemas de tráfico nas inmediacións do colexio e da gardería á hora de entrada e saída dos alumnos, polo que o tripartito pide desculpas polas molestias.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 24/01/08


3 comentarios

Paspallas · 24-01-2008 a las 22:50

Quedou contento Paco o Francés pola obra na porta da casa, moito criticou como socialista que Sabariz fora no psoe, comeronlle o coco os de Gerpe, pero agora xa alaba o protagonista de Vilagarcía, moitos en cesures cambian co vento por un pouco de chapapote.

Cara de cona · 25-01-2008 a las 19:44

Coñó….paspallás, reapareces falando dos historicos socialistas, dos de cuna, non vale a pena nin citalos…nulidades.
A pista quedou ben pero os do concello formaron un cristo de tráfico gordo, os da policia local as veces andan de miranda, eduardo o chiño de parloteo coa xente pola rúas e a cheira non digamos, rollo, cafés..

Luis Angel Sabariz Rolán · 25-01-2008 a las 21:11

Estas obras de pavimentación, sempre causan molestias, «Cara de cona», sobre todo nas horas de entrada e saída do colexio. Non sei a que veñen esas críticas ós axentes. Por suposto non as comparto.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.