Este sábado de entroido, varios locais de Pontecesures, agrupados na Asociación de Hostalería, organizan un concurso de disfraces.

Para participar, só é necesario apuntarse en calquera dos locais organizadores, Cafetería NU-2, Víctor García, Pub La Sal, Baila Conmigo, Tentación de Bes, La Noche e Komplo.

Cada local fará a súa puntuación independente, e a suma destas será o que determine aos gañadores do concurso. É importante visitar o maior número de locais avisando que se está participando, pois cada establecemento é un membro do xurado.

Os premios están distribuídos da seguinte forma:

GRUPOS

  • 1º- 400€
  • 2º- 250€

PARELLAS

  • 1º- 150€
  • 2º- 100€

Grazas á colaboración de RADIO VALGA, farase alí a entrega de premios durante a emisión habitual do programa da tarde do venres oito de Febreiro, avisando con antelación telefonicamente os gañadores para que poidan ir recollelo premio.

Animar desde este medio a participar a todos os veciños e visitantes, agradecer a vosa presenza, e desexar que disfruten o máximo do entroido.