6/Feb/2008
O sábado día 9 de febreiro terá lugar o pleno para elixir ós membros das mesas para os comicios do 9 de marzo.
Será ás 11,30 horas, no Salón de Sesións da Casa do Concello de Pontecesures. Elixiranse 9 membros (presidente titular, vocal 1º titular, vocal 2º titular e dos suplentes de cada un) para cada unha das tres mesas electorais que temos en Pontecesures.
A elección realízase por sorteo, utilizando un sistema informático baseado no censo electoral de Pontecesures.
Lémbrase que para estas lexislativas, as tres mesas electorais serán instaladas no CPI Pontecesures.
Por Luis Angel Sabariz Rolán. Arquivado en: Concello
Deja una Respuesta
Debes estar conectad@ para enviar un comentario.

(7 votes, average: 4.43 out of 5)
