Os membros do xurado dos premios Arousán do ano nas diferentes categorías tiveron que analizar un total de 51 candidatos finalistas propostos polos lectores do Diario de Arousa. O xurado estivo composto por Xosé Castro Ratón, directivo da Fundación Alexandre Bóveda e tenente de alcalde de Vilagarcía; Carlos Berride, arquitecto e sociólogo; Enrique Jiménez, empresario e ex dirixente deportivo; Jorge Costa, vogal da Cámara de Comercio; o historiador Manuel Suárez; Sofía Beiras, ex presidenta de Comerciantes Zona Aberta; o párroco de A Xunqueira, Manuel Cachaldora; e Amadeo Rodríguez, ensinante. Actuou como Secretario, con voz pero sen voto, o Director do Diario de Arousa, Antón Xil.
No apartado dee Cultura os finalistas son: Sabela Canitrot, DANIEL SEIJAS LLERENA, Coro do Liceo Casino de Vilagarcía, Ateneo Vikingo de Catoira, Teatro Caracol de Cambados, Manolo Chazo, Paco Leiro, Museo de Arte e Gravado de Artes de Riveira, Festival do Norte e o Centro de Interpretación Arqueolóxica de Neixón (Boiro).
E unha honra ter ó noso Seijas entre os nominados. O seu labor en Radio Valga e os seus artigos no Diario de Arousa, baseados nas tarefeas de investigación, son o seu aval para aspirar a estes premios.
o concello de cesures vai ter que facerlle un «Seijaslito» a este «apartado da cultura».
Bueno de vez en cando da moita satisfación que se acorden de un para este tipo de cousas.Aínda que non levamos o galardón,cousa lóxica,o feito de que esté nominado é algo que hai que agradecer ó ointes e patrocinadores de Palco de Estrelas-Radio Valga ,que son os que mandan e ós membros do xurado do Diario de Arousa que fixeron a selección dos moitos candidatos que houbo.Esto da folgos para botar,algunhas veces,máis de 8 horas seguidas de emisión e acabar a horas «prohivitivas» da noite.
Tamén hai que darlle as gracias ó noso gran director Hector Bermudez,quen me deu a confianza para estar emisora e falar de orquestras,festas e bandas de música,convertindose no único programa,deste xénero,existente en Galicia.A todos eles graciñas.