• Ir a navegación principal
  • Ir al contenido principal
  • Ir a la barra lateral primaria

Pontecesures

Web non oficial de Pontecesures

  • Inicio
  • Como Colaborar
  • O Concello
  • Cómo Chegar
  • Normas de Uso
  • Legal
  • Entrar
Usted está aquí: Inicio / Sociedade / Xornada do arcebispo en Pontecesures.

Xornada do arcebispo en Pontecesures.

14-12-2008 por Luis Angel Sabariz Rolán 1 comentario

Unhas 50 persoas recibiron o arcebispo na Capela do Pilar de San Xulián ás 11:00 horas do día de hoxe. Chegou na compaña do Vicario, e recibiu a benvida dos párrocos de Pontecesures e Iria, da alcaldesa e doutros representantes da corporación municipal, e tamén de representantes de asociacións do muncipio.
Pronunciaron unhas verbas de benvida, o párroco Arturo Lores, a alcaldesa, Maribel Castro, o representante da Asociación de Veciños de San Xulián, Juan Porrúa, e a representante do Coro da Barcarola, Avelina Cordo.
Despois de lembrar no acto o propio párroco ós representantes da asociación «Virgen de los Ángeles» de Carreiras, da asociación «San Roque» de Porto, e da de amigos do Corazón de Xesús de Pontecesures, a comitiva dirixiuse a pé ata a Igresia Parroquial onde Julián Barrio pronuciou unhas verbas a catequistas e nenos da catequese. En nome dos 16 catequistas, Dosi, deu a benvida á autoridade eclesiástica en nome de todos eles, e de seguido celebrouse a misa de 12.
Pola tarde e despois do encontro con maiores e enfermos, tivo lugar ás 18:00 horas a misa onde se confirmaron uns 25 xoves e adultos de Pontecesures e comarca. A misa solemne, cantada polo Coro «A Barcarola», foi concelebrada polo propio arcebispo, o Vicario do Arcebispado, o Párroco de Pontecesures, Arturo Lores, o Párroco anterior, Severino Potel, o Arcipreste da Diócese de Iria e Párroco de Campaña, Manuel Míguez, e o crego cesureño, Pepe Bande. O templo estaba cheo con aistencia de moitos familiares dos confirmados/as.

Archivado en:Sociedade Etiquetado con:alcaldesa, Barcarola, Campaña, carreiras, Maribel Castro, Pontecesures, Porto, San Xulián

Interacciones con los lectores

Comentarios

  1. "Ad hoc" dice

    14-12-2008 en 22:34

    Entendo que se trata de omisión involuntaria, tamén estuvo presente o señor cura párroco de Padrón don Roberto Martínez Díaz, (mestre de teoloxía no ITC e ex-párroco de San Estevo de Covas en Ames) quen estuvo presente ata mediada a celebración, retirándose despois da homilía, a bon seguro polas súas obrigas.

    Responder

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Barra lateral primaria

Entradas recientes

  • Los datos de infectados COVID siguen subiendo.
  • El COVID se descontrola en Pontecesures con 2.400 positivos por 100.000 habitantes.
  • Cribado en Cesures para tratar de detener una incidencia que no deja de aumentar.
  • Comercio y hostelería de Cesures se unen para acciones y campañas que favorezcan el consumo local.
  • Seguen as cifras alarmantes de contaxiados COVID na zona.

Comentarios recientes

  • lampreadoulla en Seguen as cifras alarmantes de contaxiados COVID na zona.
  • Sanrtiago en Recuerdos y añoranzas: El Tiruliro.
  • Indignado en Aumenta la preocupación por los contagios.
  • Ana en Para o BNG de Pontecesures a xestión do alcalde é «traumática».
  • charly en VIDEO INFORMATIVO SITUACION COVID 12.01.2021

Ligazóns

  • A. C. Xarandeira
  • Adriana Ghaiteira
  • Apuntes de Modelismo
  • BNG Pontecesures
  • Desarrollo empresarial en el medio rural de la comarca de caldas.
  • Dr Zippie
  • El show de los payasos
  • Federación Galega de Dardos (FEGADE)
  • FEGACLASIC
  • Foro da Ponte
  • Furia Athletic Club
  • Horarios Renfe
  • Hotel a Casa do Río
  • Manuel Doce
  • Parroquia de San Xulián de Pontecesures
  • paxina blog do CB Rio Ulla
  • Porto en Pontecesures
  • PP de Pontecesures
  • Pub Komplo
  • Socialistas de Pontecesures
  • Web do concello

Nube de etiquetas

tripartito Catoira Ulla Porto faro de vigo iglesia BNG Pontecesures correo gallego Angueira festa fin de semana Vigo Diario de Arousa sar lamprea curso Historia Pontevedra concurso ACP Concello plaza protección civil n-550 padrón Vilagarcía a ponte la voz de galicia pp fútbol santiago río ulla tren xunta Maneiro psoe Caldas Campaña valga sabariz obras pleno sábado fiesta

© 2021 · Desde 2005 manteniendo informados a los cesureños