Pandereteiras e cantos da terra para os Reis Magos en Cordeiro.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

As pandeireteiras de Valga foron unhas das participantes do festival.

O Auditorio de Cordeiro acolleu na tarde do domingo o último festival musical que organizou o Concello de Valga para celebrar estas festas de Nadal. Desta volta, a protagonista foi a música tradicional, e máis concretamente a que puxeron sobre o escenario os grupos de pandeireteiras que existen no municipio de Valga.
As tocadoras (e tocadores) de Casaldeirigo, Cordeiro, Valga e Xanza estiveron acompañadas no escenario polas compoñentes do grupo do concello de Ames, Val da Maía, que cantaron neste festival unha peza que recolleran á veciña máis lonxeva do municipio, falecida recentemente, titulada ??Serán de Cordeiro?, á que quixeron homenaxear con este tema.

A ritmo de pasodobres, maneos, xotas e muiñeiras, os cinco grupos fixeron un rápido repaso pola música tradicional galega.

Sorpresa.
Pero a tarde deparaba algunha novidade importante. Sen estar no programa, rapazas do colexio Xesús Ferro Couselo, da parroquia valguesa de Cordeiro, e tamén do C.R.A. do concello quixeron tamén demostrarlles a todos os asistentes o moito que aprenderon nestes dous meses que levan recibindo clases cada xoves no Auditorio Municipal. Elas fixeron unha estrea mundial xa que unha das súas compoñentes, concretamente Antía Blanco, compuxo unha canción que onte deron a coñecer a todo o público.

Unha tarde de música da terra na que tamén houbo humor ??made in Galicia? posto que para o evento do domingo a concellería de Cultura quixo contar coa participación do humorista do ??Luar?, Lito de Arzúa, quen lle arrincou máis dun sorriso ao público que ateigaba o Auditorio. Logo desta participación, o Alcalde fixo a entrega dunha placa conmemorativa aos grupos participantes.

DIARIO DE AROUSA, 06/01/09


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.