Un home, ao parecer de Padrón, cae ao río Ulla co seu coche e sae practicamente ileso.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Sobre ás 22:30 horas do 8 de xaneiro, un home de 61 anos apareceu todo mollado nas proximidaes dunha casa no Pozo da Cornelia de Pontecesures. Os titulares da vivenda abrigáronno e foron avisados un fillo do home que vive en Cordeiro e os efectivos de emerxencias, participando Protección Civil de Valga e posteriormente tamén os de Pontecesures.
Foi ao Centro de Saúde de Valga e esta tarde permanecia no Hospital Clínico de Santiago en observación xa que tragou bastante auga e tivo unha hipotermia considerable por mor das baixas temperaturas.
Segundo contou a familia do home, o seu coche, un Mercedes 300, caiu ao río nas ramplas próximas a EDAR de Pontecesures, logrando saír do vehículo e percorrer nas augas, levouno a corriente, os 200 metros aproximadamente que hai dende esas ramplas ata as leiras onde logrou saír do río.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.