O PONTECESURES C.F. DE FUTBOL SA XOGA MA?Á SABADO NA CASA

Publicado por fru en

Mañá sábado, ás 17 h. no polideportivo cesureño, o equipo do Pontecesures C.F. vai xogar o seu 3º partido da liga autonómica sur,  formada por equipos de Pontevedra e Ourense, logo do ascenso a esta categoria tras acadar o título da liga provincial hai uns meses. O rival de mañá é o equipo «As Pedriñas».

O equipo ten pendente xogar o partido da 1ª xornada, pola voda do seu adestrador Pichi, e nos outros 2 partidos disputados, levan unha derrota por 3 a 8 na casa, mentras que hai unha semán acadaron un empate a 6.

E de esperar que pouco a pouco o equipo vaia logrando victorias e sumando puntos nesta liga que é máis exixente que a da pasada tempada.

Así que mañá ás 5 da tarde teñen unha boa oportunidade para acadar a victoria.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.