Texto do escrito dirixido ao alcalde de Pontecesures pola problemática do equipo local de fútbol.

Todos coñecemos o malestar dun numeroso grupo de pais/nais de nenos/as que xogan nos equipos de base do Pontecesures Club de Fútbol por mor de aspectos organizativos da referida entidade.

Tamén coñecemos que ditos pais/nais solicitaron a mediación de vostede, na súa condición de alcalde presidente do concello, para tratar de solucionar a problemática tratando estes temas coa xunta directiva do Pontecesures C.F.

Esta situación no único club de fútbol de Pontecesures está a preocupar a este concelleiro, por tres razóns:

1. Porque a institución municipal ten un monitor de fútbol contratado (os custos totais son sufragados dos orzamentos do concello na súa totalidade), que presta os seus servizos case en exclusiva no equipo da localidade.
2. Polo uso das instalacións do campo municipal “Ramón Diéguez”, e a percepción da subvención municipal anual por parte do club deportivo.
3. Porque a problemática pode incidir negativamente no desenvolvemento axeitado da práctica deportiva dos rapaces da vila.

Pola repercusión que pode ter este tema no Concello de Pontecesures, prégase a vostede que convoque, con toda urxencia, aos voceiros das forzas representadas na corporación, co fin de informarnos de primeira man do que está a suceder e as xestións realizadas por vostede e polo concelleiro de deportes, Roque Araújo, ata esta data.

Pontecesures, 22/02/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro ACP de Pontecesures

Esta entrada fue publicada en Concello y etiquetada como , , , , , , . Guardar el enlace permanente. Trackbacks están cerrados, pero puede publicar un comentario.

4 Comentarios

  1. susanavila
    Escrito el 23-02-2012 a las 13:59 | Enlace permanente

    Como parte implicada me siento indignada con la manipulación que hace este señor de los datos. Si fuera imparcial también diría que la directiva del club hizo una reunión a la que usted no asistió ni tampoco el grupito de personas que están formando todo esto. Tan sólo asistieron dos que estuvieron todo el rato escondidos tras las cabezas de los que tenían dlante porque estban avergonzados de la propia situación. En dicha reunión se dijo que habría elecciones al final de la temporada y la mayoría decidirá pero no cuatro gatos manipulados por nadie.
    Por otro lado, me complace el buen tono utilizado en su escrito, veo que le han informado de que es un delito ir contra la dignidad de las personas y se emprenderían medidas legales. Y usted listo no es, pero tonto tampoco. Sólo pido que digan toda la verdad a la gente que esto no es sálvame deluxe.

  2. Luis Angel Sabariz Rolán
    Escrito el 23-02-2012 a las 15:27 | Enlace permanente

    Me sorprende bastante, “susanavila” que hables de que manipulo este tema. Precisamente lo que yo no tengo son datos, aunque parece ser que la situación es preocupante y por eso tomé esta iniciativa demandando información correctamente y sin juzgar para nada lo que está pasando.

    ¿Cómo voy a ir yo contra la dignidad de nadie?. No tengo elementos de juicio y me parece que tú tienes información bastante pues hablas de procesos electorales en un futuro. Ojalá se solucione satisfactoriamente este problema para bien de todos.

  3. Portoghes
    Escrito el 24-02-2012 a las 00:39 | Enlace permanente

    Atónito Sr. Sabariz estou atónito. Agora métese vostede nesto tamén? Pero hai algo que non se lle escape? Xa andan metendose vostede e outro señor de política polo que escoitei, un aficionado á ornitoloxía.

    Vostede máis eu temos un concepto bastante diferente da palabra numeroso, diganos vostede cantos son esos pais descontentos e díganos xa que está involucrándose no tema e facendo amarelismo, creando polémica, cal é a situación preocupante do Pontecesures C. F. e cales son as medidas ou propostas dos que recorreron a vostede para que cree a polémica no seu nome. Fai vostede como os grandes periodistas, os de telecinco e os do Marca , só intenta crear polémica para estar en boca de todos. Non ten vostede competencias para este tema Sr. Sabariz, un equipo de fútbol é completamente independente do concello. Xa sabemos que recibe subvencións e fai uso das instalacións, pero que menos, xa sería de risa que por dar unha subvención irrisoria o concello poidera meter man no goberno dun equipo.
    Non sei si ten coñecemento do funcionamento dunha sociedade tal como esta, un equipo de fútbol, pero dada a miña experiencia de anos, permitome explicarlle a grandes trazos.
    Hai un equipo directivo e uns socios e eleccións cada certo periodo de tempo (pero eleccións de verdade eh, non desas nas que o que menos votos ten goberna). Os socios pódense presentar candidatos á presidencia e incluso convocar eleccións. E con esto remata a explicación, ve vostede que fácil. Creo que non hai moito máis que explicar, é bastante simple. Supoño que ata o poderían entender os pais descontentos. Si estos son socios, poden presentar candidatura e sinon, non.
    Quixera recordarlle que pregunte cales son as propostas do equipo de descontentos e rogolle que as poña si non é neste fio de respostas, que sea publicadas como entrada na páxina. Cando se da unha noticia hai que informarse e contrastar Sr. Sabariz, non se deixe levar polo que fai o periodismo español que todos sabemos que non vale moito.
    Podo seguir falando do tema, creo que hai algunhas cousas que lle poderían interesar á xente, pero pódense pospoñer. Pero antes, e xa que anteriormente citei as subvencións, sabe vostede a canto ascende a cifra que se lle entrega ás asociacións deportivas e culturáis do concello? Eu non teño ese dato, si mo dera estaría agradecido.
    Cando dispoña del vou facer un exercicio matemático simple:

    X euros / Y nenos que xogan ó fútbol a ver canto lle costa ó concello axudar a unha actividade sana e saludable para os nosos fillos.

    e despois:

    X euros / Y compoñentes de calquera outra asociación a ver canto corresponde a unha asociación calquera non deportiva do concello e cal é a súa actividade.

    Moitas gracias pola sua atención, agardo impaciente a súa resposta.

  4. Luis Angel Sabariz Rolán
    Escrito el 24-02-2012 a las 15:23 | Enlace permanente

    Pois se ti estás atónito, “Portoghes”, eu estaba preocupado, e por iso demandei a información. Por suposto non fun influído por ninguén á hora de interesarme por este tema.
    Parece que ti coñeces bastante o club por dentro, e, polo teu comentario, penso que debes ter información sobre os socios, as asembleas, as eleccións, as candidaturas, as queixas presentadas, as medidas que se piden, etc….Neste medio podes facer as entradas expoñendo os datos que queiras.
    Unha última cousa; sobre a contía das subvencións non dixen absolutamente nada. Podes ir ao concello e preguntar as cifras.

Antes de comentar lembra as Normas de uso.
En Pontecesures.net cremos que a verdade non é propiedade de ninguén, senón que se constrúe entre todos. Por iso, tamén estamos convencidos de que a participación dos lectores e lectoras engade outro valor aos contidos. Pero este xogo ten as súas regras. O insulto, as descalificacións persoais e a linguaxe despectiva atrancan a comunicación libre. O diálogo establécese sobre as ideas, non sobre quen as emite. Por esta razón, eliminaremos os comentarios que non favorezan a liberdade e o razoábel intercambio de opinións. En beneficio da participación e do debate.

Publicar un Comentario

Tu email nunca se publicará ni se compartirá. Los campos obligatorios están marcados con un *

*
*

Puedes usar estas etiquetas y atributos HTML <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>