Festas do Carme 2012 en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Sábado 30 de xuño.

-Pola mañá disparo de foguetes anunciando a festa e ruada a cargo do grupo Algueirada de Pontecesures.
-Ás 9:30 horas partirá da Plazuela a 1ª Andaina Solidaria.
-Ás 10:00 horas disputarase no campo Ramón Diéguez o 1º Trofeo Peña Barcelonista Bella Otero que ten a sede na Charca (Valga) e Concello de Pontecesures de fútbol sete.
-A partires das 11:00 horas comezará no peirao o Ghaitellón organizado pola A.C. Xarandeira, 1ª xuntanza 24 horas de músicas tradicionais.
-Ás 22:00 horas na Plazuela, proxección de «Pontecesures unha ollada cara atrás» organizada polo Faiado da Memoria.

Domingo, 1 de xullo.

-Pola mañá disparo de foguetes anunciando a festa e ruada a cargo da Banda de Música Cultural de Arcade.
-Ás 13:00 horas, concerto da anterior banda de música.
-Ás 18:00 horas, tradicional Desfile Valeiro
-Ás 18:30 horas, Misa Cantada pola Coral Polifónica de Pontecesures.
-De seguido, sairá a Procesión do Carme.
-Ao remate, concerto da Banda de Música Cultural de Arcade na Plazuela.
-Ás 22:00 horas, verbena coas orquestras América e Trébol.

Luns, 2 de xullo.

-Pola mañá disparo de foguetes anunciando a festa e ruada a cargo do grupo Xarandeira de Pontecesures.
-Ás 12:00 horas, Misa Cantada pola coral de A Barcarola na honra do Santo Antón.
-Ás 13:00 horas, actuación do grupo Xarandeira na Plazuela.
-As 16:00 horas, festa infantil con inchables, obradoiros para nenos, festa da escuma, etc…
-Ás 20:00 horas, actuación do grupo Algueirada na Plazuela.
-Ás 21:00 horas, V Festa do Churro na que participarán as seguintes churrerías: Isolina, Chocolatería Sandra, Jamardo, Marisú, Lucy, Chocolatería Fina, Chocolatería artesana Patri, Benedicta, Neli Mambís e La Cesureña. Estará amenizada polo trío Soprano.


14 comentarios

yop · 23-06-2012 a las 14:00

Solo 1 verbena? Vaia… Foron 100 veces mellores as do ano pasado…

fran · 23-06-2012 a las 15:07

Bufff… malas no, o seguinte…

chorlito · 23-06-2012 a las 20:37

Haber chicos, tamos en crisis, os recortes son para todos incluso para Puentecesures, o malo e que non foran as festas en Agosto ou Setembro, xa que co que sacaran da piscina municipal habianse de xuntar algúns cartiños mais, je je je . En fín disfrutade das vacacións os que poidades e os demais a joderse como a maioria dos mortales.

yop · 24-06-2012 a las 01:38

Efectivamente estamos en crise pero esto non é crise, é pouca maña e poucas ganas de facelas…

Tiroliro II · 24-06-2012 a las 18:31

Frouxo o programa, e din que sentou como un tiro nos de Terra Galega que cecilia a da cocha decidira todo o das festas, nin Angueira pudo parala, anduvo ramoneando por aí e dando explicacions aos cabreados o alcalde pero nin o xefe pode con ela, non pode correxila, esta comoda na silla da alcaldia, tira pa diante e ten madeira de candidata nas proximas

pulga · 25-06-2012 a las 22:45

Nas festas Cesures ten o que merece. Por un lado temos a Cecilia que estaba claro que queria dar a notar e vaia que se fai notar. Por outro lado é normal que non haxa comisión de festas, porque quen e o listo que vai pedir? para que. Para que despois teñan que oir que si as festas son una m…, que si quedaron con cartos ou onde os meterian, pero poñer cartos de eso non din nada, porque o peor é que critican sempre os que non colaboran. A ver se nos damos conta que a xente quere 4 días de festas pero sen soltar a man e así imos.

pequecho · 28-06-2012 a las 17:36

O que e unha vergonza, e que este ano que as churrerías fan gratis outra vez a festa do churro, non se diga nada o res peto, ou que os que comentan tanto nesta paxina non falen ou poñan fotos da festa do churro, xa que este ano e en honor o fundador das churrerías, como era coñecido o , Capitán pirata , Mambis {Angel Doce Barreiro} Ou que no ultimo programa do luar da televisión de Galicia saia unha das churrerías que participa na festa do churro, e nin se molesten en publicalo, e que publiquen cousas de outros concellos que non ten que ver co noso, tamén temos que mirar po los nosos un pouquiño, por iso non o entendo . Iso si que e unha pena .Si libaran a festa para outro concello despois falarían .Pero os políticos son todos iguais…

Luis Angel Sabariz Rolán · 29-06-2012 a las 00:38

Pola parte que me toca, «pequecho», teño que comentarche que eu sempre defendín a Festa do Churro en todas as edicións e, por suposto, aos churreiros/as, verdaderos protagonistas da festa. Penso que tivemos unha boa iniciativa os integrantes do goberno anterior (e os profesionais do churro, claro) ao idear e potenciar o evento, e nas tres edicións nas que estivemos no goberno a difusión nos medios de comunicación por parte do concello foi moi relevante antes e despois do día da festa.
O que me sorprende e que responsabilices a min de non publicar o cartel da festa deste ano cando eu non o teño a miña disposición. Busco todas as novas que podo e como podo para publicalas neste medio, pero non son un profesional disto (nin da política, por suposto), e ás veces teño máis tempo e ás veces menos. Aquí pode facer entradas quen queira e parece que se trata de impoñerme a min a obriga en exclusiva de informar a todo o mundo. Este medio ten cada vez máis seguidores e hai que aceptar as críticas, pero este tipo de esixencias ata doen.
Outra cousa; efectivamente escoitei, na mañá do venres no que saíu no Luar da TVG unha churreira da Pontecesures, a nova desa presenza no programa. Mira, chamei nesa maña dúas ou tres veces á canle autonómica e aínda que dixeron que habería na noite un espazo en dito programa adicado ás feiras, con referencia ao mundo do churro, non me confirmaron que irían profesionais de Pontecesures. Preguntei a un familiar dunha churreira polo tema e díxome que non sabía nada. Como non tiña certeza de se ían ir moitas persoas do colectivo ou de cal era á súa participación no programa, decidin non publicar nada, pois podía meter a pata. De ter confirmación claro que baixaría a nova aquela mañá polo seu interese e para que o programa fora seguido polo maior número de veciños.

sobreiras · 29-06-2012 a las 20:22

Escoitei que este ano a Virxe do Carmo vai ir nun carro na procesión, eso e increible e un insulto aos nosos antepasados que sempre honraron a imaxe da patrona dos mariñeiros, pero non haberá media ducia de homes para levala?, xa non hai nin forzas?, pues non pesa tanto, sempre a levaron marinos ou mariñeiros, que pasa cos Valeiros?, moito pedir e que fan, ide o domingo ali e non deixedes que se faga esa barbaridade, o cura debe prohibir esto, por bonito que sexa o carro a nosa virxe debe ir a hombros polas nosas rúas como toda a vida, esto que e?

fran · 29-06-2012 a las 22:22

A min eso pouco me importa a verdade… que fagan como vexan, eu este ano non vou ir nin á festa e eso que a teño enfrente, tocará ir a outro pobo a ver se hai festas máis decentes…

piris · 30-06-2012 a las 00:34

A ver se alguén me pode aclarar unha dúbida que teño: No comentario de «pequecho» pódese ler «… este ano que as churrerías fan gratis outra vez a festa do churro «, pero hoxe no Centro Médico puiden oir unha conversa na que se decia que a festa do churro sempre a pagaba o Concello a razón de 600 ? a cada posto de churros e de 800 ? a cada posto de chocolate. Quen ten razón?. Quen me pode sacar de dúbidas?. Agradécese información veraz.

Luis Angel Sabariz Rolán · 30-06-2012 a las 01:10

Pero «piris» este tema xa foi debatido neste medio sobre todo cando o goberno anterior publicou as contas das festas de 2010. Alí está o dos 600 euros (en 2008 só foron cobrados os ingredientes, en 2009, 300 euros cada churrería) e a xustificación das cifras polo persoal que precisaban e polo aumento impresionante do número de churros elaborados que ía medrando (tamén do chocolate) nas tres edicións do anterior goberno.
A festa neses anos foi un éxito espectacular e ía claramente a máis, con gran difusión nos medios, coa presenza da TVG en directo nalgunha edición, con especiais da prensa, con entrevistas ás profesionais do churro, e con gran número de persoas que viñan a Pontecesures nese día para degustar o rico doce, cun animado baile como remate de festa, etc…O peor foi a devaluación da festa que fixo o goberno local en 2011. Esperemos que o vindeiro luns a festa recupere a traxectoria seguida en 2008, 2009 e 2010. ¿Que as churrerías só van cobrar nesta edición os ingredientes como fixeron en 2008?. Pois hai que agradecerllo, naturalmente.

    pequecho · 30-06-2012 a las 20:38

    Non o que eu teño entendido cobran as mercadorías os que queiran, pero xa me dixeron que non todos as cobraran, para deixalos de donacion para a festa. E de poñer entradas xa vexo que defendes a festa do churro, pero a si como pos anuncios mais tarde de outras cousas tamén eles teñen dereito, e da televisión sabes que saliu no programa pois anúncioa igual, xa que para min eres o que mais anuncia e o que mais te preocupas, o comentario no ia dirixido a ti en concreto si non para todos ,sinto si che molestou, pero a publicidade da churreria na television merece a pena coma outros anuncios que pos mais tarde .

pedro da cachopa · 30-06-2012 a las 19:55

Y dijo yo.O problema non es a festiña do churriño,o problema e que la fiesta del Carmen es un churro .El untamiento de Sexsures con sus funsionistas con la marquesa roxa de San Lois al frente este año hisio una festa pobriña de nuestro señor que ya podian suspender mañá porque a xente va quedar en los bares e nas casas bendo el partido finalista final.
Y luejo a la xentiña le daban hoy una camiseta por camiñar a cambio de unos jarbansos para las personas famentas,cuando con el dinero de la camiseta compraban cuatro quilos de arrós y fasian unas potas bien llenitas.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.