O Concello de Pontecesures adhirese ao programa de voluntariado dixital da Xunta de Galicia.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

O programa de voluntariado dixital suma 67 empresas e institucións.

Un total de 67 empresas, concellos, asociacións e organismos públicos adherironse ao Programa de Voluntariado Dixital promovido pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) E a Consellería de Traballo.

O acto de sinatura, que se levou a cabo o no 26 de xuño, estivo presidido pola directora da Amtega, Mar Pereira, e o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro. En representación dos asinantes interviñeron Anxo Queiruga, presidente do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade na Comunidade (CERMI Galicia); María Luisa Ansorena, presidenta da Unión Democrática de Pensionistas; Fernando Suárez, presidente do Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia; Manuel Ruiz, alcalde Ribeira en representación da FGAMP; e Antonio Rodríguez del Corral, vicepresidente e presidente en funcións do Cluster TIC Galicia. En representación do Concello de Pontecesures acudíu o concelleiro de Servizos Sociais Roque Araujo que asinou a adhesión a este programa.

Esta iniciativa ten como obxectivo facilitar o acceso ás novas tecnoloxías ás persoas maiores ou con discapacidade mediante o apoio de 191 voluntarios que ofrecen os seus servizos coordinados polo programa.

A iniciativa suma así a solidariedade individual, a responsabilidade social das empresas do ámbito tecnolóxico, a colaboración das asociacións sen ánimo de lucro e o aproveitamento das infraestruturas públicas para incrementar as accións de alfabetización dixital.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.