Teatro Chévere conmemora o día contra a violencia de xénero en Pontecesures.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

O espectáculo de música e teatro I’ll be watching you: os roles de xénero nas cancións de amor, a cargo de la compañía de teatro Chévere, chegará a Pontecesures o vindeiro martes 6 de novembro. Dita representación serve para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, 25 de novembro. Este acto está destinado a alumnos e alumnas de secundaria do CPI Pontecesures e terá lugar no Centro Social a partir das 11 da mañán.

Deste xeito, Chévere continúa a súa xira por diversos concellos de Galicia co apoio da Secretaría Xeral da Igualdade con este espectáculo dirixido especialmente a público xuvenil, que conta en escena con Patricia de Lorenzo e Manuel Cebrián.

I’ll be watching you é un proxecto pedagóxico, teatral, lúdico e musical do grupo Chévere, que analiza os valores que moitas veces se agochan detrás das baladas románticas, cuestionando os estereotipos ríxidos de home e muller que non contemplan outras opcións, a cosificación da muller, os celos como proba de amor, a connivencia coa violencia e o sentimento de propiedade sobre a outra persoa. Fala das relacións de igual a igual frente ás que non o son, da autoestima, da necesidade da reacción das propias mulleres para poñer fin á violencia de xénero.

Yeni é a vocalista e Dami o guitarrista dunha orquestra de pachanga. Veñen ofrecer o típico repertorio versioneando os éxitos do pop actual, esa música coñecida por todo o mundo e supostamente neutral, apolítica. Entre tema e tema, Yeni introduce o relato da súa propia experiencia vital como muller,facendo participar ao público dunha nova e crítica lectura dos valores que transmiten as cancións que canta.

 

 


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.