Pontecesures diseña un taller de empleo que incluye el módulo de auxiliar de ayuda a domicilio

Publicado por Carmen Barreiro en

Los técnicos municipales de Pontecesures han diseñado un proyecto de escuela taller que el grupo de gobierno pretende llevar en breve a pleno para, una vez aprobado, solicitar su puesta en marcha a la Consellería de Traballo

Son cuatro módulos formativos para 45 alumnos; doce para construcción, doce para carpintería, doce para jardinería y nueve para el más novedoso de los programas, el de auxiliar de ayuda a domicilio y atención a la infancia, con prácticas a domicilio para adultos que precisen asistencia y en la guardería municipal.

Con el módulo de construcción se pretende adecentar marquesinas en desuso por los botellones, así como mejoras en instalaciones deportivas y caminos públicos. Con el de jardinería se adecentará el entorno de Pino Manso y otros puntos del municipio, y con el módulo de carpintería se pretende restaurar mobiliario y piezas antiguas de madera del Concello.

El coste total de obradoiro es de 918.630 euros; según figura en el proyecto, el 92% correría cargo de la administración autonómica, y sólo el 8% restante saldría de las arcas municipales.

El Concello destinó, dentro del POL de la Diputación, seis mil euros al arreglo de la nave de la escuela taller.

LA VOZ DE GALICIA 22/03/2006


10 comentarios

Ana Mari Rois · 21-10-2006 a las 19:09

¿Que debo facer para presentar mi curriculum cara a dar el módulo de Auxiliar de fogar e axuda a infancia? ANa. Saúdos

Luis Angel Sabariz Rolán · 21-10-2006 a las 19:44

Pois debes dirixirte «Ana María Rois» á Oficina de Emprego de Vilagarcía que dende hai pouco atópase na rúa Castelao, preto da ponte do río do Con que conduce ao Convento de Vista Alegra, (nº de teléfono 986-502953)e inscribirte como parada para ese módulo. Alí terás todo tipo de información. Dende esa oficina enviarán aos aspirantes e logo unha comisión mixta formado por representantes da Consellería de Traballo e do propio concello seleccionarán aos alumnos do obradoiro.
Tamén podes informarte no despacho do técnico de emprego na Casa do Concello de Pontecesures.

CHISTE · 21-10-2006 a las 20:10

«ANA MARIA ROIS» non digas a fonte da túa información, pode ser que non te contraten sendo tí a única aspirante…. é un chiste Ana.

Luis Angel Sabariz Rolán · 22-10-2006 a las 17:30

Como non é familiar miña «Ana Marí Rois» non debe ter problema. Poderá non ser elixida, eso sí, por que hai outras aspirantes con máis méritos.
Realmente o caso da miña cuñada Angeles Barreiro Ferro foi un escándalo de discriminación por motivos políticos (patética a xustificación da miña compañeira de Corporación, a nacionalista Margarita García Castro, no pleno). Esperemos que non suceda de novo isto. Haberá unha comisión mixta como dixen e imos solicitar que a oposición esté representada no órgano de selección dos alumnos.

Tuso · 23-10-2006 a las 10:15

Sabaríz, na miña opinión, creo que deberías enfocar mais o tema da selección de persoal hacia o propio «método» de selección (e á forma de valorar ós participantes(se é que o hai), e non tanto hacia á persoa da túa cuñada.

Luis Angel Sabariz Rolán · 23-10-2006 a las 10:58

Eu no caso da discriminación da miña cuñada non falei para nada do método de selección. Critiquei que a pesar de ser a única aspirante do pobo, fora rexeitada pedindo máis xente. Por exemplo, tamén foi enviada esta mesma persoa pola Oficina de Emprego de Vilagarcía para aspirar a ún dos dous postos de auxiliar administrativo subvencionados polos Plans de Cooperación da Consellería de Traballo. Foron citadas sete mulleres residentes en Pontecesures e seleccionáronse duas. Neste caso éu non deixen absolutamente nada.
A entrevista persoal foi o método de selección. Parece ser que as entrevistas foron » carreira» (algunhas duraron pouco máis dun minuto) e preguntáronse aspectos sobre as cargas ou necesidades familiares, se lle interesaba o posto ao traballador, se tiña medio de locomoción ou carnet de conducir, as veces si se tiña experiencia. O curriculo non se solicitou na entrevista.
Non quero utilizar isto do criterio de selección. Parecería unha «pataleta» miña. Xulgao tí «Tuso» e danos a túa opinión.
Para a selección, no caso do obradoiro, hai unha normativa específica na que se fixan os criterios de selección, cun tribunal mixto no que participan funcionarios da Consellería de Traballo.

Tuso · 23-10-2006 a las 13:38

Eu de métodos de selección de persoal non entendo nada. O que si me di o sentido común, é que só unha sinxela entrevista persoal non creo que sexa o método mais adecuado (polo subxetivo do método), para escoller unha persoa que vai cobrar cos cartos de todos. E de ahí xurden os problemas e as sospeitas de favoritismos e perxuicios.
Igual son un iluso, pero se se precisa un traballador para unha determinada tarefa, creo habería que anunciar e especificar previa e claramente que requisitos se lle piden ós que se presenten e que por suposto debería seleccionarse ó mais capacitado (de forma constatable) para a mesma. Afondando nesto, non creo que sexa importante de onde sexa a persoa, porque outra cousa que non entendo, é que, se so se van a coller persoas do pobo, ¿porque se fai ir a esas «entrevistas» ó resto das persoas que non son de aquí? Considero que se lle está faltando ó respeto, creando falsas ilusións e ocasionandolle un gasto engadido (polos deprazamentos), se xa se sabe de entrada que non van a ser admitidos.

En calquera caso, o que quería decir antes, é que para min o cuestionable no caso «cuñada» 😉 é o método de selección en si, porque se a ti o método ese che parece ben, sabes que calquera persoa, non so a tua parente, arriscase a non ser escollida por arbitrariedades de calquera tipo, polo que logo non lle vexo moito sentido a queixarse.
E repito que eu penso que non é un bo método, porque, por exemplo, sempre quedaremos ca dúbida de se na «remesa» de aspirantes na que se atopaba ela non había ninguén capacitado para ese posto ou si efectivamente, se obrou de mala fe e o que se pretendía era facerche indirectamente a «puñeta» a ti, incluso levándose ás aspiracións lexítimas dos demais por diante.

Luis Angel Sabariz Rolán · 23-10-2006 a las 14:54

O acceso a postos de traballo nas administracións públicas ten que respetar os principios de igualdade, mérito e capacidade. Na selección para prazas fixas hai establecidos métodos de selección (bases e baremos de puntuación do concurso ou concurso-oposición) pero para os contratos temporais os requisitos son moito menores.
De tódolos xeitos nas contratación dos programas de cooperación xa se manda pola Oficina de Emprego unha relación previa baseada na antigúidade no paro fundamentalmente. Despois pódese facer a entrevista (máis ou menos completa), exame, puntuación dos curriculos, etc..)
Tes toda a razón no do tema do enderezo. Non pode rexeitarse a ninguén por vivir noutro concello. E un principio constitucional. Mira na relación primitiva na que estaba a miña cuñada para seren conserxe había cinco persoas máis de fóra que ignoro se foron ou non a entrevista. Se fose seleccionado algún dos de fóra non habería nada que dicir. Pero como os seis foron rexeitados pedindo máis xente se interpreta que nin os cinco nin a miña cuñada tiña capacidade nin condicións para seren conserxe. Calquera persoa do pobo, e sobran exemplos, sería elixida. E un ataque e unha vinganza do alcalde e do seu equipo de goberno contra a miña persoa. Que non che quede dúbida.
Ademáis hai outra proba clara e contundente: Por casualidades da vida logo veu enviada pola oficina de emprego María del Carmen Dios tras pedir máis xente( foi a única que enviaron con posterioridade é,por suposto, eu non teño nada contra ela). Estiveron xuntas traballando na axencia de Victoriano Trenco codo con codo prácticamente no último traballo que tiveron.¿Me van a dicir a min que a miña cuñada non é apta para seren conserxe e María del Carmen Dios sí con similar formación e case as mesmas tarefas desempeñadas? ¿Como é posible rexeitar á miña cuñada despois de ter varios anos na oficina do paro apuntada como conserxe, e aceptar logo á súa ex-compañeira de traballo que se anotou practicamente no día anterior a seren enviada pola oficina?.
Xa está ven de debater isto. Non queda outro remedio. O alcalde e o seu grupo saleuse coa súa e ainda por enriba xustifica a decisión por ahí dicindo que quería meter a miña cuñada a toda costa. Resulta todo moi inxusto. ¿Entendes agora por qué non lle gostan os debates o Sr. Angueira?

Tuso · 23-10-2006 a las 17:26

Home, de feito, ca selección que fixeron si que veñen a decir eso, que non era apta nin ela nin os demais. E por desgracia, co sistema ese, pouco se pode facer contra ningunha inxusticia (por desgracia), cando non fai falla xustificar o motivo da elección ou descarte dunha persoa en concreto.

Eu son dos de «pensa mal e acertarás» e neste caso creo que ten sentido o que dis ti, sempre pensei que ou non a colleron por ser quen é ou senón porque a praza estaba «reservada» para outra persoa (o que de paso explicaría que non colleran a ningún dos candidatos desa remesa). Pero quedaremos ca dúbida.

Ata certo punto entendo a estratexia do alcalde e a súa garda decindo que querías meter a túa cuñada a toda costa, e penso que esta afirmación vese respaldada porque ti personalizas ese tema nela, como se non houbera mais candidatos que foran rexeitados. (non entro a valorar se xusta ou inxustamente)

O de que non lle gustan os debates a ese Sr. xa o tiña claro, non é de hoxe.

Luis Angel Sabariz Rolán · 23-10-2006 a las 19:46

Dixen o da miña cuñada porque a discriminación foi clarísima e xamais pensei que o BNG practicara iso. Mira que cousas dicía o alcalde sobre os caciques e contra o sistema neses actos que comentan os internautas nos anos 80 e 90 e a donde chegou a nosa primeira autoridade municipal. ¡Quién te ha visto y quién te ve, ni sombra de lo que fuistes!.
Xa aburrimmos, ponto e remate.
Un saúdo moi cordial, «Tuso».

Responder a Ana Mari Rois Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.