A ACP denuncia acumulación de augas na rúa Cantillo de San Xulián.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Coa chegada das choivas aprecianse varios problemas de acumulación de augas na rúa de referencia. Tanto no tramo que vai dende a intersección coa N-550 ata o paso a nivel como no tramo seguinte, fórmanse grandes charcos ocasionándose problemas para o paso dos peóns e para a circulación de vehículos. Incluso nesta semana entrou auga en algúns baixos de edificacións coas conseguintes queixas veciñais.

Estes problemas na rúa Cantillo prodúcense dende que se pechou a finca da «Papelera» por parte do seu propietario.

Pregouse así onte ao alcalde por parte do concelleiro da ACP Sabariz Rolán que, con toda urxencia, se adopten as medidas e se fagan tódalas actuacións para que estas augas pluviais sexan recollidas como demandan os veciños con toda xustiza.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.