BALONCESTO: MA?A XOVES O EXTRUGASA SENIOR XOGA A VOLTA DA ELIMINATORIA DE COPA EN LALÍN

Publicado por fru en

O encontro vaise disputar mañá xoves, dia festivo, a partires das 18 h. no polideportivo de Lalín. O Extrugasa leva unha renda de 18 puntos, logo de gañar en Pontecesures por 67 a 49. O equipo pode contar con algunha baixa, polo que 3 xuvenís viaxarán cos maiores para non ter problemas de xente. De todolos xeitos os 18 puntos deberían de bastar para afrontar esta volta da eliminatoria ca suficiente confianza, que non relaxación,  para pasar ás semifinais da copa.


1 comentario

fru · 17-05-2007 a las 23:06

Clasificouse o Extrugasa pois ca renda de 18 puntos era moi dificil que o lalín lle dera a volta á eliminatoria. De tódolos xeitos o Extrugasa non xogou un bo encontro, en parte polo calor que facía ás 18 h. e tamén porque xogaron moitos minutos os non habituais, entre eles os 2 xuvenís. As diferencias no marcador foron curtas e houbo alternancia no mesmo. O resultado final foi de 45 a 44 e probablemente pasado mañá sábado o Extrugasa xogue de novo, esta vez en Pontecesures, o partido de ida das semifinais da copa, e ante o gran favorito O Meco de O Grove.

Responder a fru Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.