Jacobo Domínguez, do Breogán, é o novo campión de España Máster Cadete C-1

Publicado por Antonio Cortés en

O piragüismo arousán voltou a contar a pasada fin de semana cunha boa nómina de resultados nunha cita de carácter nacional. Nesta ocasión, no Campionato de España Máster para Séniores, Júniores e Cadetes. Un título, doce medallas (tres delas de ouro) e os catro representantes da zona entre os nove primeiros na clasificación por equipos, encabezada polo Breogán-Outón Xunqueiriña, conforman o exitoso balance no encoro asturiano de Santa Cruz de Trasona.

A nivel individual o maior éxito chegou da man do palista do Breogán-Outón Xunqueiriña Jacobo Domínguez Otero. A promesa do conxunto grovense proclamouse campión máster cadete C-1 mercede ás súas medallas de ouro nas probas de 500 e de 1.000 metros. Os canoístas do Náutico Pontecesures Adrián Vicente Pesado e Álvaro Loureiro Caamaño foron á súa vez segundo e terceiro. Vicente gracias á súa prata no C-1 500 e o seu bronce nos C-1 1.000, e Loureiro cun quinto posto no C-1 500 e a prata no C-1 1.000. E é que a clasificación final do Master facíase sumando as actuacións de cada piragüista nas dúas distancias olímpicas.

Ademais, subiron ao podio Paulino Otero, do Náutico O Muíño de Ribadumia, ouro no Cadete K-1 500 metros e prata no 1.000, segundo na clasificación Master por detrás de Carlos Garrote (Iberdrola Caja España-Zamora); Rodrigo Germade Barreiro, do Breogán, prata no Xuvenil K-1 500 metros, bronce no K-1 1.000 e terceiro no Master da súa categoría; Andrés Oliveira, do Náutico Pontecesures, prata no Xuvenil C-1 1.000, e David Maquieira, del Náutico, prata no Xuvenil C-1 500, segundo e terceiro clasificados respectivamente no Master, que gañou Miguel Rodríguez, do Rianxo.

Por equipos, o Breogán foi o gañador, co As Torres, sen podios, quinto, o Pontecesures sétimo e o Muíño noveno.

:: La Voz de Galicia ::


1 comentario

Carmen Barreiro · 29-05-2007 a las 13:08

Felicidades a Andre, a Adrian e a Alvaro.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.