Solicitude da ANPA en relación co autobús de Condide do transporte escolar.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

ANPA CPI PONTECESURES

Como ben coñece vde. solicitamos hai tempo que o transporte escolar que parte da zona de Condide teña máis paradas pois temos nenos/as que viven alonxados do centro e hai que ter en conta que o autobús do transporte citado ten poucos usuarios coas paradas actuais.

Recollendo o sentir da derradeira asemblea desta ANPA, e das opinións expresadas nos consellos escolares tratouse con Vde. e co Xefe de Servizo de Transporte Escolar desa Delegación a posibilidad de modificar o percorrido deste autobús para recoller os nenos/as de Toxa-Carreiras, do interior de Condide (rúa do Ensanche) e de Redondo (nas proximidades da praza de Pontevedra). Incluso xa houbo unha visita sobre o terreo por parte de persoal desa Delegación analizando planos, número de nenos, maniobras dos autobuses, etc..

A cuestión vaise demorando e ante a proximidade do comezo do curso escolar 2007-2008, prégamoslle a Vde. que se axilicen os trámites e contemos coas paradas en setembro próximo.

Hai certa situación de risco para os nenos que viven nas zonas antes citadas e as nais e pais (pudo vde. apreciar a inquietude na visita que realizou ao centro hai uns meses) así como toda a comunidade educativa demanda unha solución a este tema.
Esperamos que haxa celeridade na adopción de esta medida que favorecerá sen dúbida á educación dos nosos fillos e a potenciación do ensino público.

Pontecesures, 17 de xullo de 2007

Luis Angel Sabariz Rolán
Presidente da ANPA

SR. DELEGADO PROVINCIAL DE EDUCACI?N E ORDENACI?N UNIVERSITARIA
PONTEVEDRA


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.