A «traslatio literaria» chega mañá para unirse ao remonte do río Ulla.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A «Traslatio literaria » chegará a Vilagarcía mañá a bordo da goleta rusa MIR, na súa última parada antes de acadar o seu destino: Santiago de Compostela. A expedición, na que participan escritores como Rosa Regás, Espido Freire, Juan Manuel de Prada ou Luisa Castro, unirase no seu traxecto final ao tradicional remonte do río Ulla. O Concelleiro de Cultura, Xosé Castro Ratón, presentou onte o programa de actos previsto con motivo da chegada do MIR.

O atraque da goleta ao peirao do Ramal está previsto para as doce do medio día, aínda que unha hora antes, cando o barco comece a enfilar a Illa de Arousa, as regatas do Liceo Casino faranlle un paseo ata chegar ao porto vilagarciano. Segundo indicou, Castro Ratón, este acto é «unha especie de homenaxe do mundo do mar a esta expedición».

Esta embaixada da paz (MIR significa «paz» en ruso) será recibida por unha parte da Corporación municipal, así como pola banda de música e o grupo Malveiras, que serán os encargados de por a nota festiva ao evento. Ademais, os corenta alcaldes e alcaldesas dos Concellos que forman parte da Ruta Xacobea estarán presentes no peirao do Ramal, facendo patente o nexo de unión entre a Fundación Ruta Xacobea, a «Traslatio» e Vilagarcía como «capital da ruta xacobea marítima».

O feito de que Vilagarcía se convertera no punto de destino da MIR levou ao Concello a modificar as datas de celebración do remonte do río Ulla para facelo cadrar coa chegada da goleta rusa, de modo que «se lle puidese dar continuidade á peregrinación da MIR». Unha parte da expedición, que partiu de Valencia o pasado mes, será recibida pola alcaldesa, Dolores García, nas dependencias de Ravella, ata onde chegarán acompañados pola música das agrupacións.

Posteriormente, os rexedores municipais que acudiron a Vilagarcía mais a tripulación do MIR poderán desfrutar dun xantar no Auditorio, organizado pola Dirección Xeral de Turismo e que culminará co remonte do río Ulla.

DIARIO DE AROUSA, 14/08/07


1 comentario

O Rei · 15-08-2007 a las 11:47

Pois sí que hai «MIR» ultimamente na páxina en canto a comentartios…

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.