A necesidade dos trens de cercanías

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

En recentes manifestacións, os concelleiros non adscritos de Pontecesures puñan de manifesto a preocupación ante a posibilidade de que a citada localidade quede sen servizo de estación de Renfe, e chaman a atención para que se evite tal medida acudindo a múltiples razoamento. Recalcan que é fundamental que se manteña a estación e se consiga un servizo de trens de cercanías ou proximidade entre Vilagarcía ou Pontevedra e Santiago.

Un non só comparte a idea dos mentados concelleiros cesureños sobre a necesidade do servizo senón que diría máis. Acudindo á frase de que a unión fai a forza, deberían unirse xa, a tal sentimento as corporacións da comarca do Sar: Padrón, Rois e Dodro, ademais de Rianxo, Catoira e Valga. Non só polo apoio e solidariedade con Pontecesures, senón porque o mesmo perigo ameaza as estacións de Padrón e A Escravitude. A posta en marcha do AVE non debería estar rifada cun servizo de tren de cercanías.

Ás autoridades competentes, autonómicas e municipais cabe pedirlles que emprendan unha loita en beneficio dos intereses comúns dos veciños para conseguir que as estacións existentes se manteñan e os trens de cercanías se convirtan nunha realidade.

Carta ó Director de TIERRAS DE SANTIAGO de José Castro Cajaraville (Padrón) 09/10/07


3 comentarios

MartoV · 10-10-2007 a las 20:22

Cal é o argumento de que un tren pare en Padrón e en Pontecesures non?. Creo que seria bo equiparar o numero de paradas tanto en padrón coma en Pontecesures. Que se tarda un minuto máis no trayecto se o tren para en Pontecesures? (…) Ou nos temos 5 pasos a nivel no medio do pobo para que os trens non paren?

Creo que hai que facer un pouco de «presión» para que nos presten un servicio digno que nos tamen MERECEMOS.

Un saudo !

MartoV · 10-10-2007 a las 20:28

O gracioso e que os trens paran, xa que, fan o cambio de via… Paran pero non podes viaxar..

un saúdo !

Luis Angel Sabariz Rolán · 10-10-2007 a las 21:13

Efectivamente «MartoV», hai dous trens R-598 (antigos TRD) que paran en Padrón e non en Pontecesures. Un é o que para ás 7,37 en Padrón con dirección a Santiago. Outro é o que para en Padrón ás 14,52 horas con dirección a Vilagarcía.
E inxusto, e hoxe enviei un escrito a Renfe Operadora para que o primeiro pare uns minutos antes das 7,37 en Pontecesures, e o segundo pare uns minutos despois das 14,52.
Sobre o 8 o 9 de decembro parece ser que haberá algún cambio xa que hai moitas protestas en xeral, e teño esperanzas fundadas de que tamén se establezan as paradas anteditas. Haber se hai sorte.
Saúdos.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.