Reforma, por 6.250 ?, da instalación eléctrica da Casa do Concello.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

NOTA DO EQUIPO DE GOBERNO DE PONTECESURES.

Na Xunta de Goberno que tivo lugar no día de hoxe, adxudicouse a ??Doselco Electricidad? a obra da ??Reforma da instalación eléctrica da Casa do Concello? por importe de 6.250 euros. A Consellería de Presidencia, Administración Pública subvenciona esta actuación con 5.000 , mentres o concello aporta 1.250 euros de fondos propios.
Esta obra eléctrica é fundamental, pois a instalación existente e moi antiga (data de principios dos anos setenta) e dende a construcción da Casa do Concello o edificio ten novas necesidades (calefacción eléctrica, novas tecnoloxías, ascensor, etc..).
Deste xeito se van sanear liñas existentes no edificio substituíndo clableado e outros elementos para evitar o que está a suceder agora, xa que cada dous por tres temos avarías, con falla de potencia, salto do automático, etc….

Pontecesures, 15 de outubro de 2007

Categorías: Concello

1 comentario

Tiroliro II · 16-10-2007 a las 18:41

Que aforren a gasto da potencia do micrófono de Angueira no salón de plenos, total non vai…jo…jo….jo

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.