Convocatoria, bases e modelo de instancia para o posto de traballador/a social

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

CONVOCATORIA

VISTA a situación producida pola situación de excedencia da traballadora social Dna. Raquel López Doce, é necesario a contratación dunha persoa que a substitúa polo periodo desa excedencia.

CONSIDERANDO as atribucións conferidas polo artigo 21.1. g) da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, segundo redacción dada pola Lei 11/99, de 21 de abril,

R E S O L V E:

Primeiro:- Que se proceda á selección dos/as candidatos/as necesarios/as para a provisión con carácter laboral temporal dun asistente social.

Segundo:- Para darlle publicidade a esta selección, inserirase un anuncio nun periódico de tirada comarcal e exporase un anuncio no taboleiro municipal de anuncios e en todos aqueles lugares onde se considere oportuno ata o 23/10/2007.

Terceiro:- A selección deste persoal rexerase en todo caso polas bases ás que neste intre se lles presta aprobación e que se recolle no anexo desta resolución.

Cuarto:- Os aspirantes que desexen tomar parte nesta selección deberán presentar as súas instancias no Rexistro Xeral do Concello de Pontecesures ata o día 23/10/2007 ás 14:00 horas.

As instancias irán acompañadas da seguinte documentación:

* Copia do DNI.
* Tarxeta de demandante de emprego do INEM, no caso de estar en situación de desemprego
* Declaración xurada das cargas familiares, e no seu caso fotocopia compulsada do libro de familia.
* Copia do carné de conducir.
* Currículo persoal sobre titulación e experiencia profesional vinculada a esta actividade, coa correspondente acreditación documental, mediante orixinais ou copias compulsadas.
* Copia do certificado que acredite o grado de perfeccionamento ó idioma galego.

Quinto:- O tribunal estará constituído da forma seguinte:

* Presidente: Dna. Mª Trinidad Rodríguez Suárez (Secretaria do Concello de Pontecesures. )
* Secretario: D. José Rodríguez Fructuoso (Técnico Local de Emprego do Concello de Pontecesures.)
* Vocais: Un representante do Colexio Oficial de Traballadores Sociais de Galicia.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros,, sendo sempre necesaria a presencia do Presidente e do Secretario.

O Tribunal cualificador, por medio do seu Presidente, poderá dispoñer a incorporación ó mesmo de Técnicos cualificados para colaborar nas tarefas de selección, baixo a dirección do Tribunal, actuando con voz pero sen voto.

No apartado de valoración de condicións globais desprezaranse as votacións dos membros do tribunal que se desvíen un 20% da media da puntuación total de cada un dos candidatos.

En ningún caso poderá formularse proposta de contratación a favor de máis candidatos que prazas estean convocadas.

Sexto:- Baremación e proposta de contratación:

1.- Con data de 26/10/2007 publicarase no taboleiro de anuncios do concello, un listado cos candidatos admitidos e excluídos, indicando as causas de exclusión, así como dunha prevaloración dos méritos presentados.

2.- Contra este listado, os interesados poderán formular reclamación perante o tribunal cualificador en escrito dirixido ó Sr. Alcalde ata o día 05/11/2007.

3.- Resoltas as reclamacións, publicaranse as listas definitivas do mesmo xeito ó establecido para as provisionais o día 07/11/2007. Asemade nesa mesma lista aparecerán os candidatos que, unha vez valorados os méritos, teñan a posibilidade de ser seleccionados para o posto ofertado, pasando a realizar unha entrevista.

A tal efecto eses aspirantes que pasen á fase de entrevista, quedan convocados para o luns 12/11/2007 ás 11:00 horas na sala de xuntanzas da Casa Consistorial. Serán convocados para a entrevista por nomeamento único e a non presentación ó momento de ser chamados determinará automaticamente, salvo caso de forza maior acreditada de maneira fidedigna, e apreciada libremente polo Tribunal, o decaemento do seu dereito a participar no mesmo e nos sucesivos, quedando excluído, na súa consecuencia, do proceso selectivo.

O Tribunal poderá requirir en calquera momento ós aspirantes que se identifiquen debidamente. A tal efecto deberán de concorrer provistos do DNI.

Por non ser de obrigatoria a súa publicación, os anuncios de celebración das sucesivas probas ou exercicios, si eso procedese, con indicación do lugar e hora en que tivesen lugar, exporanse no taboleiro de anuncios da Casa Consistorial, ó menos con 48 horas de antelación.

Unha vez realizadas e valoradas as entrevistas, o tribunal elevará proposta de nomeamento ó alcalde, que fará o nomeamento definitivo mediante resolución de alcaldía, formalizándose o contrato laboral temporal suxeito á lexislación laboral, Estatuto dos Traballadores e normas que o desenvolvan, debendo presentar no Departamento de Persoal a documentación esixida nas Bases.

Sétimo:- O tribunal queda facultado para resolver tódalas cuestións que puideran suscitarse durante o desenvolvemento das probas ou na cualificación e resolverá das mesmas, podendo adoptar cantas medidas estimen oportunas para a debida orde de selección, así coma os acordos precisos para a resolución de cantos litixios se susciten e cando a súa resolución non este prevista nestas bases.

Para o non previsto nas presentes bases aplicarase a normativa referente ó ingreso de persoal das Administración Públicas.

Oitavo:- Da presente resolución darase conta ó Pleno da corporación na vindeira sesión ordinaria que este órgano realice.

ANEXO BASES

BASES PARA CUBRIR MEDIANTE CONTRATO LABORAL TEMPORAL DUNHA PRAZA DE ASISTENTE SOCIAL

1º .-OBXECTO:

A contratación temporal de un/unha asistente social ata a reincorporación da titular ó seu posto.

2º .- CONDICI?NS DO CONTRATO:

O contrato de traballo será da modalidade ??de interinidade? a xornada completa dende o 14/11/2007 ata a reincorporación de Dna. Raquel López Doce ó seu posto de traballo.

As retribucións brutas serán as mesmas que as existentes ata a data no posto de traballo, agás a antigüedade.

3º.- SISTEMA DE ACCESO:

O sistema de acceso é o de concurso libre.

4º.- REQUISITOS DOS CANDIDATOS

Para poder tomar parte no Concurso será necesario que os aspirantes reúnan, na data de finalización do prazo de presentación de instancias, os seguintes requisitos:

A) Pertencer a calquera dos Estados asinantes do Tratado da Unión Europea e o Acordo sobre o Espacio Económico Europeo, con coñecementos suficientes da lingua galega.

B) Os estranxeiros que non pertenzan a algún dos Estados asinantes do Tratado da Unión Europea, deberán ter permiso de traballo cunha duración mínima de 12 meses, a titulación esixida para o posto ó que optan homologada polo Estado español e os coñecementos suficientes de lingua galega.

C) Ter cumpridos os 16 anos de idade e non exceder de aquela para a xubilación forzosa por idade.

D) Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto de traballo.

A condición de minusvalía ou incapacidade e a súa compatibilidade co posto a ocupar acreditarase conforme á normativa vixente e referida ó día de formalización do contrato mediante certificado médico oficial, caso de ser seleccionado.

E) Non estar afectado por motivos de incompatibilidade recollidos nas disposicións da Lei de Incompatibilidades referidos ó persoal das Administracións Públicas.

F)Titulación universitaria de diplomado/a en Traballo Social.

G) Estar en posesión do carné de conducir clase B

H) Estar en posesión de diploma ou certificado que acredite o grado de perfeccionamento do idioma galego.

5º.- BAREMO DE VALORACI?N DE M?RITOS.

1).- Titulación a maiores da requerida.- Puntuación máxima 3 puntos.

a) Diplomatura relacionada co posto: 1 punto.
b) Licenciatura relacionada co posto: 2 puntos.

2).- Experiencia profesional.- Máximo 3 puntos en total.

Valoraranse traballos prestados nas diferentes administracións públicas e en empresas privadas como Traballadora Social.
A puntuación outorgarase por meses efectivos de traballo a xornada completa. As contratacións a tempo parcial ratearanse segundo corresponda e o resto de días soltos sumarán meses se alcanzan o número de 30.

As puntuacións serán:

* Experiencia como Traballadora Social en Servicios Sociais de Atención Primaria: 0.15 puntos/mes.
* Experiencia como Traballadora Social noutros postos de Administracións e Organismos Públicos: 0.10 puntos/mes.
* Experiencia como Traballadora Social na empresa privada: 0.05 puntos/mes.

Esta experiencia laboral acreditarase mediante contrato de traballo e certificado de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.

3).- Cursos. Máximo 3 puntos.

Valoraranse cursos que estean relacionados co posto, da maneira que segue:

a) Por cada curso impartido polas administracións públicas, universidades ou Servizo Público de Emprego relacionado coas funcións que se van a desempeñar:

* De 20 a 59 horas: 0,20 puntos/curso
* De 60 a 99 horas: 0,40 puntos/curso
* De 100 a 149 horas: 1 punto/curso
* De 150 ou mais: 2 puntos/curso

Neste apartado inclúense os cursos de Técnicos Superiores e/ou Másters impartidos polas universidades públicas

b) Os cursos sobre ofimática puntuaranse segundo o anterior apartado e cun tope máximo de un punto.

c) Non se valorará ningún curso que non sexa impartido pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia (Consellerías) Administración do Estado (Ministerios) Universidades Públicas e Servizo Público de Emprego, ou que estean debidamente homologados polos mesmos organismos.

d) Non se valorará ningún curso en que a materia estea comprendida dentro do temario doutro curso de máis horas presentado polo mesmo solicitante.

4) Entrevista persoal. Máximo 2 puntos.

Os candidatos que, unha vez valorados os méritos, teñan a posibilidade de ser seleccionados para o posto ofertado, realizarán unha entrevista persoal que versará sobre as tarefas a desenvolver no posto de Asistente Social.
A tal efecto, con data de 05/11/2007 publicarase unha lista definitiva de valoración de méritos, onde asemade aparecerán os candidatos que se deben de presentar á entrevista o día 12/11/2007 ás 11:00 horas.

Don/Dona _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ con DNI _ _ _ _ _ _ _ e domicilio en _ _ _ _ _ _ _ _ _ , parroquia de _ _ _ _ _ _ _ _ , municipio de _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ , teléfono de contacto_ _ _ _ _ _ ,

EXPO?O:

Que ó abeiro da Resolución de Alcaldía de data de 16/10/2007 no que se aproban as bases para a contratación laboral temporal dun/ha asistente social,

ACOMPA?O A SEGUINTE DOCUMENTACI?N:

* Copia compulsada do DNI.
* Documentación relativa a minusvalía no seu caso.
* Currículum vitae coas copias documentais de experiencia e formación relativa ó posto solicitado.
* Copia compulsada carné de conducir
* Declaración xurada de cargas familiares/ copia libro de familia.
* Copia compulsada do diploma/ certificado idioma galego.
* Copia compulsada da tarxeta de demandante de emprego.

SOLICITO:

Que teña a ben admiti-la miña solicitude para optar á praza de asistente social.

Pontecesures, _ _ de outubro de 2007

Asdo.:

SRA. ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE PONTECESURES


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.