O luns día 3 de decembro, ás 20,30 horas, pleno extraordinario e urxente.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Celebrarase no Salón de Sesión do Concello de Pontecesures, coa seguinte Orde do Día:

1-Ratificación da urxencia da sesión.
2-Programa opoerativo rexional de Galicia de axudas FEDER dentro do EIXE 5 «Dexenvolvemento local e urbano».
3-Proxectos que fomenten pactos, redes, asociacións e apoio ás iniciativas locais para o emprego, previstos no EIXE 2 do programa operativo «Adaptabilidade e emprego».
4-Proxecto de orzamento municipal 2007.

Este concelleiro fai un chamamento para que asistan moitos veciños ó pleno. Teño á impresión de que vai ser unha sesión do máis interesante. O debate orzamentario sempre é moi útil para coñecer a situación do concello.

LUIS ÁNGEL SABARIZ ROLÁN


4 comentarios

Enxurro · 4-12-2007 a las 18:57

…»Este concelleiro fai un chamamento para que asistan moitos veciños ó pleno»…
¿para qué?
…»Teño á impresión de que vai ser unha sesión do máis interesante»…últimamente tés impresións erróneas.
…»O debate orzamentario sempre é moi útil para coñecer a situación do concello»
¿qué debate? ¿para coñecer qué..? ¿de qué concello?

O setemisino saeu cagando leches, chegou á Curuxa cos espumarajos pola comisura dos beizos, semellaba un poseso, era como Alberto o de Anamari con «pepe o lebre» -cando foi da investidura-; decía pepe o da jarsía que neste pueblo non hai Partido Popular nin hostias, é unha verjonsa, marchei como vin, non me enterei dos presupuestos nin hostias; non hai partido popular en Cesures, cando estaba o rapaz de Condide aínda se debatía algúnha cousa, pero ahora con éste ¡NADA!, nin fai nin deixa facer -decía o acelerado ex-concelleiro.

Luis Angel Sabariz Rolán · 4-12-2007 a las 23:26

Efectivamente,»Enxurro», o pleno foi visto e non visto. Lembrei aquelas verbas do ex compañeiro de corporación, Oscar Gerpe, que sempre dicía que no pleno dos orzamentos tiña que producirse sempre o debate estrela sobre a situación do concello. Votouse de menos o debate sí. Eu traía preparadas as miñas intervencións, pero se nadie quere debater….Outra vez será.
Boas noites.

Tuso · 5-12-2007 a las 09:59

Non ten moito sentido debater cando se diga o que se diga o resultado final non vai variar. Sería falar por falar.

Cara de cona · 5-12-2007 a las 19:58

Sabariz calado, raro..raro…raro…Algunha sorpresa tera pronto…

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.