Proposta para que o concello apoie a nominación da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O PRESIDENTE DO INSTITUTO DE ESTUDIOS TORRE DE H?RCULES VISITA MA?Á PONTECESURES E SOLICITARÁ O APOIO PARA A CANDIDATURA DA TORRE DE H?RCULES A BEN CULTURAL PATRIMONIO DA HUMANIDADE.

Para as 13 horas do día 16 de xaneiro, e na Casa do Concello está prevista a visita de D. Segundo Pardo Ciórraga de Santos, presidente do IETH para solicitar que o Pleno de Pontecesures acorde apoiar a candidatura da Torre de Hércules, que foi designada como candidata española polo Consejo del Patrimonio Histórico Español, para que este monumento sexa nomeado pola UNESCO coma ben patrimonio da humanidade.

O presidente manterá unha entrevista coa alcaldesa e con membros do goberno local para expoñer persoalmente a pretensión e para facernos entrega dos traballos sobre o monumento presentados diante das autoridades competentes.

Pontecesures, 15 de xaneiro de 2008
Luis Angel Sabariz Rolán


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.