Festival de entroido en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

252681.jpg 252651.jpg 252661.jpg 252671.jpg 252691.jpg

21 comentarios

Paspallas · 7-02-2008 a las 00:14

Vexo que tamén foi premiada a familia de Angueira que iban con un WC, moi apropiado sin duda por dúas razóns: para que cague alí o can de Suso Rey que estaba no xurado e para retirar a merda que deixou angueira no concello na súa saída.

O Rei · 7-02-2008 a las 10:22

O teu discurso sempre é o mesmo: «nós somos malos, pero os anterioreeeees!» Mal de moitos, consuelo de burros.

Terabyte · 7-02-2008 a las 11:22

Ayyy! «Maxestade», o «discurso do método do paxáro» non mutou, pero ¡Maxestade o voso discurso tampouco».
A súa «Maxestade non viviu o Carnaval» o Carnaval dun persoeiro que privou a veciños «en vivo e en directo» do dereito á información, a participación…»Maxestade» ¿cómo non imos ter en conta e como referencia constante aquel tempo «imposto», abusando da confianza, descoñecemento e pasividade da máis grande parte dos veciños, cando aínda non fai un ano?
«Maxestade» vostede non o sufriu, nin o viviu, e agora tampouco vive a «falacia» de oposición que toca. Un verdadeiro contrasentido o pretender comandar a oposición, habitando de feito, noutro término municipal, e levitando tamén de feito, neste noso …-dicía eu- «contrasentido», conclúo pois dicindo que se trata da «vida mesma», ¿Quén dixo que non existía o «Casper de Requeixo»?.Que llo pregunten a Wilde… naaaaa! ¡¡todo un conto!! ¡¡qué estrago de votos!! que enganados vivimos….

veciñamil · 7-02-2008 a las 13:07

Sempre vai opinar o máis pintado, o máis íntegro.
Algúns para escribir chorradas debían voltar a nacer e ainda así.
Ti que fuches de nº 4 nunha lista electoral e non saíches, e que pouco che importaban as cores, as ideeas, os programas ou incluso as persoas, só querías ser concelleiro, os resto non che importaba.
Primeiro fichaches por ACP de Sabariz, logo polo PSOE de Sabariz, como non te levaba en postos de posible saída, fichaches polo PP de 4º. ? dicir, todo vale con tal de «venga Dios a mi Reino». Un pouco de vergoña. so se pide un pouco de vergoña.

Tiroliro II · 7-02-2008 a las 17:46

Pero que lío co festival..eun non fun pero a carallada de paspallás co water da familia angueira xenial..Andan cabreados os do bloque e enchen a páxina de rabia, agora se meten co cadilla de Porto que iba na lista do PP. Que tristes están so da peña do BNG. Xa non hai comidiñas cos cartos da chatarra, nin ir de gratis o bar da gasolinera..Empeza a sentirse que hai que rascarse máis o peto..e chega a crise…jo…jo…jo

manolo · 7-02-2008 a las 18:34

Está clarísimo o discurso dos anti BNG: facelo ben é o de menos, o caso e non facelo peor ca eles.
O bng, tamén, o bng, peor, o bng máis.
E o salvador, Sabariz, mira e aplaude.
hai unha diferencia, e é o apoio da xente, do pobo que é sabio, este está co bng, e cada vez máis.Bueno para algúns non, o pobo e analfabeto para algúns, así sacan a morea de votos que sacan. jojojo.

O Rei · 7-02-2008 a las 19:10

«Terabyte»; fora de partidos ou idioloxías o que máis critico é o non valorar o que se fai, polo que se fai, senon ter que ensalzalo pola comparanza coa desfachatez, neglixencia ou prepotencia do anteiror.
Non me parece unha maneira axeitada de dirixir «unha nave».
Gustaríame escoitarte algún día («Monstrobyte» 😉 ), igual que a Sabariz, facer algo de autocrítica. Non creo que pensedes que agora TODO é mellor. Hai cousas que non están ben, tamén hai que recoñecelo, ennoblece. Con isto non me refiro ó Entroido, en xeral…

manolo · 7-02-2008 a las 19:34

Máis que desgustarlle o que facían os anteriores, non lles gustaba non poder facelo eles. De ahí que utilicen como referencia o goberno anterior, todo o comparan cos anteriores, nada co ben ou mal feito. Esto recorda aos escandalos do PP a nivel nacional, que en vez de asumilos, xustificabanse en que (cara o psoe) » tu más». E era verdade, porque o psoe roubou de carallo, pero non queriamos menos, queriamos «nada».

Todo o que denuncian agora, ou parte, e prevaricación, pero suposta, pois non levaron nada ao xuzzgado, e o que levaron non foi admitido a trámite. Que pobre.

manolo · 7-02-2008 a las 20:47

Protestan por todo o que facia o goberno anterior pero sin eles non serian ninguen.Porque ata nos plenos presentan as mocións iguais e copiadas despoiis de que eles as presentan.
Outra cousa sobre os 3000 das sindicais o que tendes e que denuunciar para demostrarnos os veciños que tendes razón.
Porque o voso problema e que todo se vos queda en cortinas de fume.

Luis Angel Sabariz Rolán · 7-02-2008 a las 22:49

Pero «manolo», home. Hai unha sentenza do Xulgado do Social que impón unha multa de 3.000 ? ó ex alcalde por atentar contra a liberdade sidical. Esa multa pagouna o concello así como os honorarios de representación e defensa do Sr. Alvarez Angueira. Iso é certo, e comentouse na prensa e nos plenos. Podes comprobar a sentenza, cando queiras, nas oficinas do concello.
Claro que tódolos políticos cometemos erros na xestión. Pero agora; eu trato de que se convide á oposición ós actos, que participen na entrega de premios, que teñan acceso inmediato á información, que se lle conteste ás preguntas que realicen nos plenos, que participen nos debates sen límites de tempo…. Díxenlle ó Sr. Baliñas na sesión que ogallá nunca lle deran o trato que me deu o Sr. Alvarez Angueira cando pasei á oposición. ? non é cuestión de ideoloxías.
Demora en varios meses para permitir a consulta de documentos, cambio de pechaduras, instruccións para que non se me permitira ó acceso ós despachos ou zona de oficinas da Casa do Concello, retirada da palabra nos plenos, negativa a contestas ás preguntas da oposición, suspensión dos plenos rindo a gargalladas para non contestar, incomparecencia por asistir ó Xabarin e non dar a cara, negativa a identificar ós acompañantes que comían con el e pagaba o concello, contratacións a dedo sen procedemento..eran a tónica habitual dos últimos tempos. Teño anécdotas para escribir un libro.
¿Dicides que a xente do BNG de Pontecesures defende estas prácticas? Quero pensar que non.
E discutides agora os 400 ? dun premio do entroido. Deixade de manipular.

xiana cores · 8-02-2008 a las 00:24

Igual sabes o que pasa Sabariz.Que agora levades a lección aprendida e agora para que non cachen a algun deste goberno as comidas fainas fora do pobo.E levan a familia a comer fora como se todolos dias fosen domingos.E mais levamos de chofer a certo membro da familia de paseo as consellerias e despois comemos fora que todo forma parte das dietas.Aqui tendes para todos ou pensas que sodes santos.
Si ti podes escribir un libro do anterior goberno eu podo escribir un do novo asi que tempo o tempo.
Que como di o refran o tempo pon a cada un no seu sitio.
E mais e bastante vergoñento que a relación entre os compoñentes deste goberno sea nula.Que non soportedes estar sentados a mesma mesa,ou que andedes a discutir pola rúa.

zapatista · 8-02-2008 a las 00:42

E curioso que un/unha a prol ou simpatizante do BNG teña como argumeto a relacion entre un goberno de coalición cando na xunta pasa o que pasa.. en fin. Polo menos intenta facer una c$ritica constructiva ( tan botada de menos nesta paxina ultimamente ). Por outra banda, non apreciei nunca iso que dis, pero, en todo caso, dariame igual, xa que, teñen que velar polos intereses dos cesureños e levar a diante as iniciativas, politicas e proxectos que conveñan para o melloramento do pobo sendo acertados ou non, eso xa se dicidirá co paso de tempo. Un saudo

manolo · 8-02-2008 a las 10:03

Mira Sabariz, dentro do circulo do bng, pode ser que haxa xente que non recoñeza que houbo erros, como vos pasa agora ao equipo de goberno. Pero o que todo o mundo «recoñece», e que prácticas denunciadas hasta aburrirse por ti fai uns meses, son aplaudidas agora. Os erros copiachedelos todos.Non apoiaches un goberno por non reunir «minimos democráticos» e ofrecesnos esto de postre. Prepotencia e máis prepotencia.
Non che valía Angueira, e valiache Maribel, que formaba parte do seu goberno(cómplice dos seus erros)
Criticabas a Angueira por non atender o concello, cobrando por elo, e agora ¿que pasa con Randulfe?
O culpable de todo eres ti. Por permitilo. Parece mentira que que renunciaras a tanto (expulsión do psoe, por exemplo)para conseguir esto. Que parviño me eres, e non quero insultarte.
Demostralle ao pobo que era verdade que defendes o que antes pregonabas na oposición.
Denunciabas que a xente do bng te tildaba de «tolo» ¿recordas? Pois agora os teus colegas poñente a parir , acusante de ser o culpable das malas relacións… e lerias e lerias e lerias que no fondo a quen defenden e a Angueira, que lle veñen a dar a razón.
E ti vas e defendelos nesta páxina. A eles e aos seus erros.Case lle dou a razón a «cdc», individuo pouco agradable para min, ¡¡¡da un golpe na mesa!!!
Ou simplemente fai un exercicio de humildade.

error07 · 8-02-2008 a las 12:13

Sabariz tratas de zanjar las quejas con comparaciones con el anterior gobierno. No puedes decir que vosotros sois unos «angeles» por que Angueira hizo «x» cosas y vosotros solo «manipulasteis» un primer premio de 400 euros en un concurso de disfraces. Lo que a la gente le jode (con perdon de la expresion) es que tu, que tantas veces te quejaste de los actos de Angueira y vayas de «legal», ahora que estas en el gobierno siga sucediendo estas cosas. Puedes pensar que solo es un premio de un concurso y decir «lo importante no es ganar si no participar», pero por algo se empieza para llegar al punto de Angueira.

Por cierto las comparaciones (dicen) son odiosas.

Luis Angel Sabariz Rolán · 8-02-2008 a las 17:59

Segue a manipulación. As facturas de comidas baixaron moitísimo, e as facturas de comidas con «acompañante», sen identificar, desapareceron. O que teña dúbidas que veña polo concello e alí terá a súa disposición tódolos datos de desprazamentos e comidas. ? moi inxusto, «xiana cores» que lances ese tipo de mentiras. Ven e repasamos xuntos os datos da contabilidade.
Cando hai un goberno tripartito, os simpatizantes da oposición sempre están coa mesma canción: «Se levan mal», «non se falan», «andan a golpes», «todos queren demostrar que fan cousas». E o de sempre. ¿Qué hai opinións diferentes e discusións? Pois naturalmente. ¿E qué?. Hai que chegar a acordos no grupo e punto.
Mira, ,»manolo», ¿Qué me poñen a parir?. ? que lle vou a facer. Eu xa son maiorciño, teño a conciencia moi tranquila, e non teño porque arrepentirme en política por moita «rosca» que me fagas. ¿Qué estades desexando que volva o BNG ó poder co Sr. Álvarez Angueira ó fronte?. ? lexítimo, pero os resultados foron os que foron, e toca aguantarse. Uns gobernan e outros están na oposición.
O que non haxa apoiado ó BNG, non xustifica que agora se diga que percibín cartos pola obras da praza onde está a miña casa, que tolero irregularidades, que miro para outro lado.. A xente que me coñece sabe que iso non é así.
Mirade, a politíca trouxome moitos disgustos para mín e para a miña familia. Pero a principal satisfacción que teño e que, a pesar de que se me criticou por todo, os me coñecen saben que non me levei nada. E os que me coñecen menos, penso que tamén.

Cara de cona · 8-02-2008 a las 21:38

Como vos desmonta os ataques o Saba, bravo campeón..Ben explicado o dos 3.000 euros que nos costou aquel lío que tuvo Angueira ca Ciga, paráchelos en seco…andan desbocados os do bloque e tíranle a da Escola e ¡a mareque!…pudo coller o disfraz de garda civil que ten na casa e igual ganaba o premio indivudual..deseperación no bloque, creo que andan detras do doutor alfonso haber se o convencen, pero nada, quedan anos machiño, hai que quentar banquiño….que lle pregunten o entrenador de baloncesto de porto que de banquiño entende de carallo…..

xiana cores · 9-02-2008 a las 03:47

Que nos explica ben o bonitos que estaban seus fillos no festival de Vilagarcia cando tiñan 1 ano.E outra cousa o mellor os do BNG prefieren estar na oposición que estar no goberno da forma que estas ti.Nadie che fala tes que recoñecelo.Levaste a matar cos teus compañeiros do tripartito.Non encontro a diferencia de cando gobernabas con Angueira.Randulfe non che pode ver diante e a alcaldesa rieese de ti canto quere.Sinteste mais arroupado agora.Porque si e asi eu penso que o teu e un problema de masoquismo.Pero bueno ala ti esta claro que aguantas carros e carretas.Ainda que a tua postura pareceme un pouco denigrante.

Luis Angel Sabariz Rolán · 9-02-2008 a las 09:38

Escribes, «xiana cores» como se foses un/ha representante do BNG, cando reflictes que os nacionalistas prefiren non estar no goberno que estar como estou eu. Logo de falar de que deron cartos, de que cometín irregularidades, etc., agora me chamas masoquista e que teño unha postura denigrante. Xa podo esperar calquera cousa. ¿Qué estas doido/a?. Sinto non poder axudarche.
¿Dis que se rin de min os compañeiros de goberno? Xa dixen que é o típico que comentan os que non queren que haxa pactos de goberno. Ademais a risa é boa e moi sana, aínda que non convén pasarse. Mira, unha mañá estaba eu na Casa do Concello cando formaba parte da oposición facendo unha petición por escrito. Un empregado municipal, membro do BNG, expresou diante do ex-alcalde: «Que fai ese pallaso». Levaba cara de sorriso, sin embargo agora ten outro semblante moi distinto.

Cara de cona · 10-02-2008 a las 21:30

Pero que consecuencias tivo o festival de entroido..parece que acusan a un Cadilla de Porto que eu non coñezo, non sei quen é este figura do PP pero si é escribe ben..e podía darlle unha patada no cú a Randulfe..
¡¡¡Cadilla!!! non lle fagas caso ós cabreados da páxina…cambia de nome, coño e volve ó ruedo. Pero non cambies de sexo colega…que ainda non paga a operación a seguridade social..jo…jo…jo, bueno si gana zapatero…

Terabyte · 12-02-2008 a las 22:25

Para «O Rei»:
Di a súa Maxestade que: «Gustaríame escoitarte algún día ,…, facer algo de autocrítica.»
¡Maxestade!a súa enteira disposición, góstame a idea de poder intercambiar ideas,coñecementos e opinións con vostede, non só do humano e do divino, senón tamén dalgún que outro avance dos seus estudos sobre o animal que o elevou a vostede ao «trono», neste senso sería oportuno dar a coñecer ao «internautado», os hipotéticos beneficios, para os humanos, que o «acido biliar» secretado polo macho da «Petromyzon marinus» proporciona ao actuar como feromona sexual; a falta da cal, coido que podería ser a orixe de tanto «delirium tremens». (Temos un abatimento no pobo por fallar na subscripción dunha subvención, «hemorragia general»).
Por certo,¿ que dí a súa maxestade sobre a posibilidade criar a aquel animal en cautividade simulándolle os seus distintos «habitats»?, ¿tería as mismas propiedades culinarias? De consideralo procedente non sería mala idea verlle a viabilidade económica, xa vexo ós valeiros facendo unha cooperativa non da Augardente, senón da Lamprea.
Saúdos de «Monstrobyte».

O Rei · 13-02-2008 a las 18:13

Creo que debo respostar a «Terabyte» aínda que non se axeite moito a esta entrada… en realidade para axustalo quizais podo preguntar se había algún disfraz de lamprea no Entroido pasado, podía triunfar ante a concorrencia.

Estaría encantado de platicar con vostede (e con algún máis dos comentaristas desta páxina), pero a lonxitude e sobre todo a latitude impídenmo neste ano. Cando cristo volva cumprir anos podíamos ter ocasión.

Sobre a lamprea… teño que clarificar que realmente non traballo en lamprea, traballo co seu sistema nervioso central (cerebro, médula espinal e retina). Cando estaba en Santiago eu era o que pescaba parte dos adultos (con permiso da Xunta claro!!) e conseguía larvas e embrións de diferente maneira, pero aquí a min simplemente me dan o animal e eu lle fago o que «debo». Coincidiu que este animal é un moi bo modelo para o tipo de estudos que desenvolvo, pero sobre a súa ecoloxía sei bastante menos que calquera dos Valeiros. De todos modos, sí que teño pescado/interrumpido parellas de lampreas en pleno «acto», e non sempre de sexos opostos! Nese caso algunha das lampreas debía estar conxestionada.

Lamprei-factoría: Debería ter zona de auga doce con zonas de area e fango-detritus separadas. Corrente de auga constante. Fotoperíodo axeitado. Temperatura variable. Iso para desenvolve-los embrións a larvas. Neste punto PACIENCIA!!!! De 4 a 7 anos de etapa larvaria, e non se sabe ben que é o que desencadea o inicio da metamorfose.
Logo diso unha fase adulta en auga salgada e peixes, moitos peixes ós que poder parasitar. Como colofón, tampouco se sabe concretamente que fai que volten á auga doce para desovar e morrer. A empresa parece complicada, con máis luces que sombras. Farían falla moitos cartos, que digo moitos, MÁIS!! sen garantía de éxito.

A lampreifactoría parece unha idea «difícil». A lamprea é un «manxar» escaso e só para certa época do ano. Penso que o mellor que se pode facer é «take advantage» disto e darlle fama. Quizais mantendo o estado actual e promocionándoa máis se lle conseguiría dar á vez máis PRESTIXIO. Por outro lado, si se conseguira facer unha lampreifactiría estariamos deixando de tratar á lamprea como animal para pasar a ser un ??producto de mercado?, coma tantos outros. Agoa ben, ese ??producto? podería chegar a moitos outros lugares… cartos…

Perdón pola extensión (parezo Maynard), e pola rima (Béquer II)

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.